▼
mércores, agosto 12, 2015
martes, agosto 11, 2015
A arte do disimulo
![]() |
Disimulando. Paola Franco Sebal, Xilografía |
Lin con atención, só inicial, un artigo1 da gran figura emerxente da
política española, ameazado, con seriedade, na súa fortaleza explosiva. Os
excesos non acaen ben á saúde, sexa esta política ou persoal.
O asunto máis principal, como diría o Conde de Gondomar,
absorbeu a miña atención aínda que xa fose coñecido: unha nova transición que,
segundo Pablo Iglesias,é posible despois de celebradas as próximas eleccións a
Cortes,se os cidadáns se converten en protagonistas no canto das elites políticas
e económicas.
domingo, agosto 09, 2015
Retallo 5
Tanto
pola súa extracción popular como pola súa
tortuosa
historia; pola non correlación entre
sentimento
nacional e expresión política da nación;
pola
particular estrutura social encabezada por unhas
elites
burguesas que ou son foráneas ou optaron por
renunciar
ao seu liderado a cambio das “trinta moedas”
da
influencia política en Madrid; o nacionalismo galego
precisa
dunha estratexia de ampla alianza social. O
liderado
desa gran alianza (coas febles elites
económicas
interesadamente incapaces para asumir a
expresión
da vontade nacional) só pode ser exercido
polos
sectores sociais subordinados e sectores das
clases
medias cultivadas.
Ante
esta realidade que limita en gran medida a
expresión
política da vontade nacional, o nacionalismo
galego
precisará tecer alianzas con aqueles sectores
que,
aínda non asumindo o proxecto de vontade nacional,
non
sexan refractarios a el. Este proceso de
acumulación
non pasa por un proxecto de nación brando,
dondo,
livián, lixeiro, senón pola pretensión dun
proxecto
político compartido baixo a hexemonía da
“posición
orixinal” da lingua e da cultura galegas e do
recoñecemento
do dereito dos pobos, que se reclaman de
seu,
a decidir.
sábado, agosto 08, 2015
Retallo 4
Liberté,
egalité, fraternité. Os socialistas mornos,
coma
os liberais, colleron a primeira palabra, como se
puidese
existir a liberdade entre os que son desiguais;
os
comunistas gaban a segunda, como se fose posible
convivir
co despotismo; só os anarquistas teñen en conta
o
triángulo, pero a súa proposta de abolir o Estado
devólvenos
ás sociedades primitivas.
venres, agosto 07, 2015
Retallos 3
A pesar do seu fracaso histórico,
na súa forma
socialdemócrata ou comunista, a
alternativa ao
capitalismo salvaxe ou domesticado
non é outra que o
socialismo. Sobre as cinsas da
experiencia fracasada do
socialismo real e da
socialdemocracia xestionadora temos
que elaborar as bases do proxecto
socialista. O
nacionalismo galego non pode, nin
debe, eludir este
debate. Pola contra ten que facer
achegas, formular
propostas e fomentar o diálogo coas
correntes europeas e
mundiais que andan na procura dun
novo proxecto. A
política do disimulo, de que nós o
que temos que facer é
defender o país, de que isto non
vai comigo, de evitar a
cuestión... en realidade non é máis
cá pretendida
evasión de quen non asume o fracaso
histórico do
socialismo soviético ou non son
quen de asumir que a
socialdemocracia derivou
simplemente en
social-liberalismo.
Retallos 2
Galicia,
pola súa formación social, pola súa estrutura económica, pola historia do seu
territorio,pola psicoloxía das súas xentes, pola impúdica e onanista traizón
das súas elites económicas, fixo que fosen as clases populares, subalternas, as
que asumisen o proxecto nacional e popular. Dende Antolín Faraldo ata hoxe, o
nacionalismo galego foi, agás casos individuais moi concretos, sempre
progresista ou de esquerda.
Escindir
nacionalismo e esquerda coa idea de configurar un nacionalismo galego
“centrado” non responde aos trazos sinalados. Pretendelo facer a partir da base
socialhistórica do nacionalismo é o xeito máis doado de convertelo en ineficaz.
xoves, agosto 06, 2015
Retallo 1
Semella unha pulsión esquizoide
pretender escindir o
nacionalismo galego da esquerda.
Non resulta doada a
defensa das clases subalternas
esquecendo a condición
subalterna da lingua e da cultura
que estas clases
criaron. Non me parece posíbel
defender as clases
subalternas esquecendo que residen
nun territorio
subalterno a respecto dos centros
de decisión estatais e
do euro. Non se pode escindir a
subalteridade.
Precísase dunha esquerda que asuma
todas as loitas
contra calquera caste de
discriminación ou marxinación
sexa de xénero ou cultural, lingüística
ou sexual,económica ou relixiosa, de territorio ou de idade...