luns, xaneiro 25, 2016

O parviño que quixo ver o Conde

Diego Sarmiento de Acuña I conde de Gondomar
Noutros tempos non había vila que se prezase que non tivese o seu “parvo”. Era protagonista de relevo na vida social. As limitacións intelectuais, os defectos físicos, as peculiaridades na fala, os singulares xeitos de andar ou os particulares xestos e expresións servían de chanza para as persoas malvadas, que sempre as houbo. Mais eran tamén as súas “ocorrencias”, as súas “saídas”, ou as “respostas” que daban a moitos burladores que resultaban burlados as que pasaban a ocupar, durante anos, un lugar salientábel nos comentarios das xentes ou se convertían en especiais xeitos de razoar dos que os veciños botaban man en situacións de incerteza e dúbida. Mesmo en moitas ocasións a súa “inocencia” permitíalle dicir ou actuar como outros quixeran mais non se atrevían por medo ás presións sociais e aos “que dirán”. Os “parviños”, coma os tolos, eran socialmente ben aceptados, nin se ocultaban nin se recluían.

luns, xaneiro 18, 2016

Don Diego e Gondomar


Pazo do Conde de Gondomar
Diego Sarmiento de Acuña dedicou moito tempo e aínda máis esforzos económicos a engrandecer a casa que herdara dos seus pais en Gondomar pese ao pouco tempo que pasou nela, coidamos que ao seu pesar, mesmo por impedimentos hoxe difíciles de comprender, como os descritos nas capitulacións da voda, a segunda, con dona Constanza, nas que asinaba:

mércores, xaneiro 13, 2016

A perestroika fracasou


“Rachando a ilusión da irmandade comunista e o espellismo da existencia dalgún tipo de nación soviética supraétnica, os conflitos nacionais xurdiron con forza apenas iniciada a perestroika”, escribiamos, a seis mans, hai ben anos1, para o IGADI que daquela dixixía, esegue a dirixir con acerto Xulio Ríos. Eramos, eu cando menos, moi gorbachovianos.

domingo, xaneiro 10, 2016

Intenso


     Como nos anuncios publicitarios o incipiente 2016 chéirame intenso como o café acabado de moer. Moito máis despois do de onte sábado, 9 de xaneiro, e o que hoxe vai acontecer. Na política a distancia entre o éxito e o fracaso é menor que o “canto dun duro”, dicíase cando había duros. Tamén, a política, é un dos poucos espazos sociais nos que unha vitoria pode virarse en derrota, un triunfo en fracaso e un éxito nunha desfeita; mesmo podemos darlle a volta e as derrotas convertelas en salvacións, as vitorias poden ser pírricas e os fracasos concederche un poder que nunca acadarías tendo éxito.

xoves, xaneiro 07, 2016

2016


O pasado 20 de novembro cumpriuse o corenta cabodano da morte de Franco. O próximo 18 de xullo será o oitenta aniversario do comezo da guerra de España, perversamente denominada “civil” coa pretensión de ocultar a realidade dun golpe de estado (unha sublevación militar-fascista) auspiciado por certas elites económicas, autoridades eclesiásticas e unha maioría do exercito para impedir a consolidación dunha república democrática e dun estado formulado ao marxe do modelo uninacional; ao tempo que pretende ignorar a súa contextualización internacional: crac do 29, Gran Depresión, auxe dos fascismos e Segunda Guerra Mundial.