Moitas grazas a Henrique Mariño por axudar
a divulgar a memoria dos "Nove"
▼
mércores, febreiro 19, 2020
martes, febreiro 11, 2020
Atila no Grove en Santiago de Compostela
Por se este xoves andades por Compostela por alí estarei na compaña do amigo e profesor Lourenzo Fernández Prieto, para presentar unha vez máis o magnifico libro de Antón Mascato Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) (Edicións Positivas).
O acto organizado pola Agrupación Cultural “ O Galo” e presentado por Suso Domínguez será este xoves 13 de febreiro ás 20 h no espazo “Vide, Vide” de Compostela.
Un relato do período máis convulso da vila do Grove, que transcende, con moito, a memoria local para converterse nunha crónica comprensíbel e valida para tantas vilas, lugares ou cidades do noso país.
Agardámosvos
luns, febreiro 03, 2020
En Rianxo
Onte
acudimos, xunto con innúmeras representacións de vontades de nación, a Rianxo;
ao chamado do Partido Galeguista para conmemorar o 134 aniversario do nacemento
de Daniel Castelao. O amigo, camarada e irmán, de vello, Suso Piñeiro, tiroume
esta foto que é ben do meu agrado.
Obrigado
Suso