Pé do Galiñeiro
▼

domingo, xaneiro 31, 2021

Graciñas https://anosdomedo.blogspot.com

 



Prezado Pepe, hónranme moito ocupar un espazo dentro do teu “Pontevedra nos anos do medo” e moito máis facelo á beira do amigo, compañeiro en mil leas, Antón Mascato, eu chámoo pola vella, Toni, como aos vellos “beats”, non sei se esta sería a palabra acaída, pero en todo caso pouco importa. El no Grove, eu no Miñor. El cunha pescuda case profunda, como ben dis, sempre quedan cousas, eu collendo un espazo difuso e en todo caso máis propio dun diletante coma min, e tamén dun dionisíaco francotirador, polo alcume que nos puxo o Pereira, co que me sinto identificado, máis que coa chiscadela festeira. En calquera caso gustaríame que o tempo, as gañas e a disciplina se concertasen para que un día puidese ofrecer, non unhas simples catas, senón unha completa pescuda da persecución franquista no Miñor, que infelizmente foi moita. e que as editoras Positivas e Laiovento, ou Laiovento e Positivas teñan, non as gañas que ben sei que non lle faltan, senón as posibilidades de darlles lume editorial.

 

Agradecendo  de corazóns as túas palabras, permíteme que as comparta no meu blog.

 

https://anosdomedo.blogspot.com/2021/01/libros-de-historia-en-tempos-de-pandemia.html

Apertas Pepe

 

 


Compartir

Ningún comentario:

Publicar un comentario

‹
›
Inicio
Ver versión web

Carlos Méixome Quinteiro

Ver o meu perfil completo
Con tecnoloxía de Blogger.