tag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post3874337426142689264..comments2023-12-08T19:01:17.335+01:00Comments on Pé do Galiñeiro: Non foi posíbelPe do Galiñeirohttp://www.blogger.com/profile/05725139759195538414noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-79695786773456291472015-12-05T18:32:51.704+01:002015-12-05T18:32:51.704+01:00Prezado Manolo
Ben que me alegrou saudarte, non ha...Prezado Manolo<br />Ben que me alegrou saudarte, non hai moito na oficina viguesa da Muface. Deixando aparte as valoracións de tempos pasados. A cuestión central, na miña opinión, é que estamos no inicio dun novo ciclo político, que non sei, é evidente, canto vai durar; mesmo pode ser tan longo como o presente, e paréceme que acabamos de cometer un grave erro, moi grave, e cando digo “acabamos” é que falo de nós, das persoas que coidamos que formamos parte dunha nación que temos que construír con forzas sociais e políticas propias pero sobre todo con ideas propias: pero infortunadamente non fomos quen de atinar nestes anos, nin os que abandonamos o BNG en Amio e puxemos en marcha unha Anova que rematou en mans dos que coidan que chegou o momento da súa vinganza histórica sobre o BNG aínda que para iso teñan que entregarse ao españolismo de esquerdas que nunca, agora tampouco, foi quen de entender a cuestión nacional no estado; nin os que coidaron que o “aparato” é capaz de resistir o embate do tempo e que a cuestión é resistir, sen decatarse que ían, e levaban o nacionalismo cara o precipicio. A cuestión estaba en que unha candidatura galega, con todos os nacionalistas e co españolismo que admite falar da cuestión nacional galega tiñamos oito ou nove deputados, minimizabamos ao Psoe e tiñamos a presidencia da xunta a tiro. E certo que dese xeito teriamos deputados/as que se ían pasar ao grupos estatais, certo, pero tamén aseguraríamos unha presenza de deputados/as nacionalistas importante, mesmo maioritaria nunha primarias que terían que ser pactadas. Non foi posíbel. Estiven no ollo do furacán nestes meses e sei que o BNG mudou cousas pero non o suficiente para facerse crer. Sabes que formei parte da coordinadora de IxU elixida no Banquete de Conxo así como na elixida o 27 de setembro, digamos que en representación de Cerna, ata que tiven que dimitir cando unha parte do BNG? Impuxo que a candidatura só poda ser de nacionalistas, que era máis importante chegar a acordos con Terra Galega ou o Partido galeguista que coas Mareas da Coruña, Santiago etc... Non sei de que foi a culpa, ou entre todos a mataron, coido que houbo dos diversos lados, non houbo dous, a cousa é máis complexa, xentes que apostaron con sinceridade pola candidatura unitaria; máis tamén sei que nos diversos lados houbo xentes que fixeron imposible o acordo. Con esta idea remata o meu artigo. Eu non sei como vou votar o 20. Si sei que polas oportunidades que se estragan hai que pagar un prezo, e vai ser moi elevado sexa cala sexa o resultado para a idea da nación e da esquerda democrática. Dame tamén que as dúas persoas das que me falas van ter que pagar o prezo por non ser capaces de impoñerse<br />Prezado Manolo, unha forte aperta sen renunciar a esperanza que o 21 teremos que manter viva.Pe do Galiñeirohttps://www.blogger.com/profile/05725139759195538414noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-75033104807391941412015-12-05T14:11:52.107+01:002015-12-05T14:11:52.107+01:00Querido Meixo,, Son Manolo G-Valverde vello coñeci...Querido Meixo,, Son Manolo G-Valverde vello coñecido teu, teño 72 anos e militei no PCE, PSG e do 1991 ao 93 no BNG (actualmente en nada)e quero facerte chegar algunhas reflexions sobre o teu artigo.Na Galiza sempre estamos no mesmo ponto de desunión levamos toda a vida no mesmo punto, cando a constitución era vital a unión ,, pois non ,,despois fun dos que dentro do noso autoxestionario PSG quixo facer unha fronte co BNPG e fomos traizoados polo xa daquela mediatico Beiras e a sua egolatria e polo oportunismo noxento da UPG (entre eles pactaron a Fronte) ,praticantes dun comunismo ramplon que nos anulou,, o BNG de Riazor foi unha frustración,, os coroneis seguian mandando co mediatico Beiras, e mentras Beiras estivera na cupula non habia problemas ,, tanto e asi que probeia miña militancia 3 anos no BNG no que vin sempre o mesmo sectarismo, exclusion, que funcionaba mentras Beiras o seu ego e o comunismo oportunista se levaran ben,, despois viñeron os bandazos politicos de todo tipo e a ruptura do que nunca funcionou ben, e chegou a desbandada, a venganza de Beiras farto e frustrado no seu ego e a UPG coma si nada,o beirismo pasou a abrazar a IU e logo a Podemos nunha alianza mediatica a mais non poder, facendo politica de postureo ,, simplemente , estan de moda e van triunfar,, pero son unha moda e postureo o fondo valeiro.O teu artigo parezme ben.. eu seguin o proceso intensamente e estou bastante dacordo contigo,, pero che vou facer algunha consideración.....,,,,vexo por primeira vez na historia un BNG cambiado dirixido por un Vence que é sensatez e coherencia abandonando o sectarismo por primeira vez na historia do BNG quizais sexa por que ven que van ser laminados e quedar sen representacion pero teño que ser obxectivo e vexo que por primeira vez gustame o seu comportamento e vexo que ainda que sigan a ter culpa na desunión, pra miña maneira de ver son mais culpables os do outro lado os das mareas os que incumplen todo o que decian de horizontalidade,primarias, non as cupulas e colocar figuras antidemocraticamente,,, e o teño claro ainda que vou perder o meu voto vou votar NOS,, xa sei que voto perdedor pero creo que Vence e o novo BNG abren un camiño a esperanza.Meixome ,,, unha forte aperta.Anonymousnoreply@blogger.com