tag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post9116286929677020814..comments2023-12-08T19:01:17.335+01:00Comments on Pé do Galiñeiro: O mozo da bandeira. Unha historia de vida militantePe do Galiñeirohttp://www.blogger.com/profile/05725139759195538414noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-68799001301572208102020-03-24T20:11:12.764+01:002020-03-24T20:11:12.764+01:00Pois sería moi agradábel. Agardemos a que pase o a...Pois sería moi agradábel. Agardemos a que pase o andacio. Apertas
Pe do Galiñeirohttps://www.blogger.com/profile/05725139759195538414noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-39100057299068532292020-03-24T13:40:01.233+01:002020-03-24T13:40:01.233+01:00Unha aperta. Espero que falemos desta época ao red...Unha aperta. Espero que falemos desta época ao redor dun vaso de viño. Unha aperta.Carlos Fernándezhttps://www.blogger.com/profile/10749524678598399839noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-25127092820979651332020-03-23T12:36:17.811+01:002020-03-23T12:36:17.811+01:00Moitas grazas Carlos polas gabanzas ao artigo. Ben...Moitas grazas Carlos polas gabanzas ao artigo. Ben sabes que o valor destas está tamén da persoa da que proceden. Ben sei que o artigo non se pode, tampouco o pretendía, entender como unha “historia” da folga do 72; só quería pescudar no entorno de “o rubio de Barreras” e no uso (ben entendido) simbólico da súa persoa no proceso de radicalización do movemento obreiro e dos primeiro e atoutiñados pasos do sindicalismo nacionalista. Dende logo non poño en cuestión a profunda influencia de sindicalistas e dirixentes políticos vinculados ao PC como os que citas pero tamén todos os outros que citas (os nacionalistas) estaban e Comisións, así como os mozos, das xuventudes comunistas, que algúns deles darían paso a OO, que coido nunca debeu ter unha estrutura organizativa mínima, senón ser máis ben unha especie de expresión de “estado de frustración” de sectores xuvenís do movemento obreiro. Seica foi o mesmo Javier quen lle puxo o nome, ao non autorizarlle que asinasen un panfleto como CCOO el propuxo poñerlle só OO, pero coido que el mesmo nunca debeu pertencer a OO se é que esta organización existiu de verdade, mais alá dos irmáns Collazo, Araujo, etc. que despois camiñaron cara OMLE e posteriores derivacións.
Outro asunto é a elaboración dunha “memoria transmitida” no relato do sindicalismo nacionalista que gusta de achegar a súa orixe a unha xuvenil e anovadora OO, aínda que case ninguén poida afirmar con exactitude que era, para desvincular as súas orixes do grupo Galicia Socialista (os camilistas) que cando entran na UPG constitúen o FO e o grupo máis significativo dos momentos iniciais.
Este traballo saíu en Murguía. É un recorte dun traballo máis longo sobre a vida do rubio de Barreras que se publicou nun libro homenaxe que se lle argallou hai uns anos. Non sei se neste sistema podo deixarcho, senón achégocho polo facebook.
A verdade é que teño interese en facer algo sobre esta época, pero eu son moi saltimbanqui e ando por aquí e por alí, pero os personaxes, como ti dis, si que merecen unha achega que transmita a súa memoria.
Unha aperta e moi ledo polos teus parabéns
Pe do Galiñeirohttps://www.blogger.com/profile/05725139759195538414noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3750980500338253250.post-4822148624280230262020-03-22T23:24:32.300+01:002020-03-22T23:24:32.300+01:00Gustoume o artigo. É bó que se conserve a memoria ...Gustoume o artigo. É bó que se conserve a memoria da loita contra a dictadura. Ademais, está moi ben escrito. Pero enxergo unha certa tencendiosidade na escolma das testemuñas: profusión de mencións a Lores (o relato de Camilo é tan meritorio literamente -"parou a fábrica coa mirada"-como inexacto: Citroen parou por obra e gracia da súa Coisión Obreira), Lima, "Moncho o dentes", Pousada Covel,Camilo, Ferrín e, en xeral, a persoas ligadas ao nacionalismo, esquecéndose doutras como Manel, Eduardo, Carlos Núñez, Barros, Xaniño, Baqueriza, Isidro, Benavides, Andrade, etc, que só aparecen como telón de fondo, non en forma de declaracións expresas. A ausencia desas fontes directas, sumada á presencia de fontes nacionalistas, pode dar a impresión de que se intenta buscarlle un pedigrí obreiro ao nacionalismo cando a verdade é que o nacionalismo tiña, nese momento, unha influenza marxinal (Camilo era enxeñeiro e Lima técnico) entre os traballadores vigueses. E o e mesmo acontece coas afirmacións de Ferrin de que OO foi a "vangarda" da folga do 72 en Vigo. Eu vivín aqueles anos, colaborando con CCOO na medida das miñas posibilidades de estudante expedientado ese ano na Universidade labora de Córdoba (volverían expedientarme pouco despois), e coñecín persoalmente a moitos dos nomes que citas cando pouco despois militei no PCG. Na miña visión, Organización Obreira, lonxe de ser o núcleo de militantes máis conscientes e formados, era, polo contrario, un grupo de xóvenes bastante inconsciente e sen a capacidade de movilización e persuasión das numerosas Comisiós Obreiras de fábrica e os seus bregados líderes sindicais. Polo demáis, as túas fontes coinciden, en grande medida, coas miñas informacións e vivencias directas. Sería estupendo que seguises historiando ese período amigo Meixo. A época e os persoaxes merécenno. Vaia a miña noraboa polo artigo. Carlos Fernándezhttps://www.blogger.com/profile/10749524678598399839noreply@blogger.com