venres, xuño 22, 2018

O colapso territorial de Galiza


O próximo venres 29 de xuño estarei acompañando a XOSÉ CONSTENLA  na presentación do seu ensaio O colapso territorial en Galiza (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017). Será as 20:30h. na libraría LIBRAIDA de Gondomar. Agardamos por vós.

Un libro de xeografía máis non agarde o lector unha esmerada descrición de vales, cantís ou cumios. Tampouco listados de nomes de lugares, nin sequera unha fabulosa colección cartográfica.
 O obxectivo do autor é poñer o espazo en primeiro lugar: as agresións ao medio natural e patrimonial, a cuestión demográfica a carón do desequilibrio da distribución da poboación e, ao cabo, a cidade xunto cos procesos de urbanzación.

Xosé Constenla Vega
(Santiago de Compostela, 1980) Doutorouse en Xeografía. Profesor universitario. Publicou numerosos artigos en revistas científicas no eido da Xeografía e das Ciencias Sociais.  Como cantautor con catro discos publicados

Ningún comentario:

Publicar un comentario