O próximo venres, 5 de abril, ás 20:00h na libraría LIBRAÍDA de Gondomar
estarei acompañado ao amigo Narciso de
Gabriel na presentación dunha nova edición do seu Elisa e Marcela (Xerais,
2019), “a mais extraordinaria historia de amor”, segundo Manolo Rivas.
Elisa e Marcela, dúas
mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas
do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia
Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez
descuberto o “matrimonio sen home”, foron obxecto dunha persecución que as
obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro
relátase a súa historia.
A historia de Elisa e
Marcela, púxoa en imaxes Isabel Coixet e está a piques de estrearse. https://www.youtube.com/watch?v=dY4Z6ereNSg
Ningún comentario:
Publicar un comentario