Foto:Vigoé/Selika |
Máis
ou menos isto foi o que pasou. Unha En Marea, comandada por dereito divino polo
tripartito de Mazarelos, despois de boicotear a desexable “unidade popular”, a
de verdade, en comandita coa outra parte, a que prefire a pureza incontaminada,
coidou que o trebello era unha sociedade limitada a tres.
Mais
veu ser que a tripulación creu que as promesas de adscrición individual ao
partido instrumental eran certas, pensouno con tanta forza que rematou por
impoñela. E resulta que o exercito dos sen partido remataron por dobrarlle o
pulso ao tripartito que entendía En Marea, diría Voltaire, como un “conto
asiático” para espíritos crédulos.
Pois
aconteceu. Van e, os sen partidos, sácanlle 20 puntos de diferenza ao
tripartito triurbanita. Manda truco! E manteñen o maxistrado á fronte. A
supervivencia política de Villares está en relación directa á súa non actuación
como maxistrado e a asunción de que a política non ten nada que ver con estilos
togados nin cálculos numéricos. Así que Bligh-Howard volverá de novo e
Christian-Brando corre o perigo de ficar engaiolado polas fermosas grilandas florais e os praceres tahitianos.
Así
que entre o esforzo dos “sen partido”, a valentía de Villares, a dilución de
Anova e o silencio de Beiras, a posibilidade dunha Marea galega, soberana,
propia, non sometida ao ditado de partido ni a chíos madrileños é factible.
Agora queda fica facela realidade.
*Publicado
en Novas do Eixo Atlántico, xaneiro, 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario