O
próximo venres ,14 de decembro, ás 20:00 h na libraría LIBRAIDA de Gondomar
estarei acompañando a dous vellos amigos: Bieito Iglesias e Xulio Gaioso na
presentación dos seus Guías caninos (Editorial Aira).
Como
imaxinades Bieito escribiu e Xulio debuxou esta historia do inspector Benito
Marañao que terá que desenguedellar o misterio da desaparición dunha muller que
ten na brasa a cidade de Ourense. Está a actuar unha seita perigosa á beira do
Miño? Está a actuar un asasino en serie?
Bieito
Iglesias retorna ao universo da súa popular obra Miss Ourense. Con moita
retranca e un dominio absoluto das técnicas narrativas do xénero, o autor
constrúe unha novela negra, que non policial, áxil e chea de humor.
Agardámosvos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario