¡Pena Corneira, vixiante e
calada!
¡Coto Novelle, Castro do
Pedroso!
¡Serra de Avión, escura e
desolada!
¡Que silencio tan fondo e
rumoroso!
Erguinme,
mañanciña cedo, entre mestas néboas, a curar mal de amores, ao pé
do corno da pena. Implorei ao druída de ollos verdes, verdes como a
auga do mar, que por min agardaba cuberto por azul túnica,
empoleirado na cima do coto, sempre erguido coma se xunco fose,
enxergando o Ribeiro todo, o mar feito de Castrelos e o alto do
Carballiño.
Ouviu
os meus pesares e ordenoume seguir os seus andares ata a beira da
fonte, da fonte belida, onde xa
“Non hai, fontiña, quen
conte
historias ó teu redor”
mentres
cunha fouce de ouro, forxada en Taramundi, ía cortando as herbas
máis curadoras da Terras de Orcellón, sinalándoas co queixo
embarbado e acariñándoas coas mans, tan fortes que eran quen de
deter o trebón polas noites. Que bebese da auga clara dixo, que logo
xa viría o viñiño, mentres nunha laxe a rente do chan emplastaba,
con tino, aquelas herbas que fora apañando polo camiño. Unha vez
feito o labor, deitada a verde mestura nun cáliz de Niñodaguia,
implorou con tanta forza que
"Os meus pes triparon o seu
chao
que baixo de mín, tremeu
estremecido:
¡Beariz, Boborás, Cea, O Irixo,
¡Beariz, Boborás, Cea, O Irixo,
Maside, Punxín, o San Amaro
Madarnás, Cameixa, Oseira,
Moldes,
Longoseiro, Mesego, Banga,
Cabanelas...!"
A
voz de baixo nobre, profundo, potente, variado en graves e de firmes
agudos, reclamou a memoria de Ernesto do Corcheiro e as vontades de
Alfonso do Xan, de Felipe do Reque e de César do Varela para
axuntalas polo ben das xentes da nación no ano do Manuel, o poeta
druída.
* Este
texto escribiuse a petición de Xosé Estévez para un libro
colectivo en homenaxe a Manuel María que será publicado no próximo
mes.
Os
versos estan tirados do libro Cantigueiro de Orcellón.
Edicións Avantar, O Carballiño, 1984 asinado por E. A. Reque
Varela, pero da autoría de Manuel María.
Ningún comentario:
Publicar un comentario