venres, xaneiro 19, 2018

O nome das cidades

Hai tempo que deixei de me poñer diante dos encerados; agora miro para eles. É  unha agradábel sensación. Mais non quería eu falarlle da ausencia de nostalxia  senón de que, hai uns días, cando conducía cara á  escola onde miro para o encerado e escoito, coa concentración da que son capaz, os meus profesores, sorprendeume, dende  o trebello falador do auto e dende o fondo da memoria, un suave coro masculino  entretecido de mainas cordas de guitarra e  doces trazos de violín entre os que se intercalaban, de cando en vez, breves momentos de harmónica.

Ese  apracíbel introito precedía  á, grave, rouca, augardentosa ao tempo que melosa, borboriñante e romántica  voz de Lee Marvin  en Wand'rin Star, o tema central dun sorprendente western que, ao pouco de comezar, afástase das regras do xénero para converterse nunha extraordinaria comedia musical romántica sen, como o bo cine do oeste (Ford, Peckinpah, Zinnemann, Penn, Mann), fuxir da reflexión sobre o comportamento e a condición humana. O filme dirixido por Joshua Logan; con Clint Eastwood e Jean Seberg, unha das musas da “nouvelle vague”, falecida moi nova, acompañando a Marvin, titulábase Paint Your Wagon e entre nós intitulouse A lenda da cidade sen nome.

Tamén é desleixo nin poñerlle nome á cidade. Pola vella Europa, andamos sempre á procura de documentos medievais, chartae populationis, na que figure algo así como “Et imposimus ei nomen... “; o que veña despois sinala a grandeza de orixe, a historia, que no aberto norte do continente americano, aínda no século XIX, nin se tiña en consideración. Nos territorios con exceso de historia, como os nosos, estas cousas adquiren un relevo extraordinario ata o punto da invención sabida, consentida e reiterada. Esa Noia tan recuada como para ser fundada pola filla de Noé; Tui e Pontevedra obra de refuxiados troianos; Lugo bautizada en rememoración do deus céltico... Non coiden que é cousa exclusiva do noso  excesivo “realismo fantástico”. A atlántica Lisboa, Olissipo, foi fundada polo mesmísimo Ulises; mentres que a mediterránea Barca Nona catalá é obra do Hércules; o que non sabemos é se foi antes ou despois de andar a trompadas na Coruña, aínda que alí non deixase nome, segundo nos aclara a racionalidade científica de Gonzalo Navaza.

O exceso de historia pode mesmo producir alteracións nominais como o de San Petersburgo, aquel delirante proxecto de Pedro O Grande, o tsar modernizador empregando a brutalidade dos “ukase” e antecesor de Stalin e a súa non menos gloriosa modernización forzada. O tsar Pedro que ollaba babexante para occidente quería ter a súa Viena, o seu Londres ou o seu París, e non parou en cativezas; chantou a súa capital nas xunqueiras do Neva aínda que fose secándoas con corpos de servos. Durante douscentos anos foi capital do imperio. Cando o oso ruso tornaba os ollos de occidente e ollaba para as esencias eslavas mudáballe o nome, daquela era o Petrogrado das revolucións de 1917. Os bolxeviques deixárona sen a capitalidade, pero tras a morte de Lenin compensárona trocándolle o nome do tsar polo do líder falecido ao que Putin considera santo. Ficou como Leningrado durante setenta anos, mais a reviravolta da historia devolveulle o vello nome petrista e occidental. Mais como a cousa segue aí, aí, entre oriente e occidente, a actual San Petersburgo segue a ser a capital da rexión autónoma denominada Leningrado, non vai ser! A historia escrita no nome da cidade.

Ao igual que a outra gran capital europea; aínda que como esta, só en aparencia periférica. Se unha é recente, a outra afonda nos tempos recuados de séculos antes do actual xeito de contar. Aló, hai case tres mil anos, en honor dun rei de Megara, chamáronlle Bizancio á nova colonia fundado por xente orixinaria desta cidade grega. Persas, atenienses, espartanos, macedonios,  tracios... andaron tras dela ata que chegaron os romanos. Un deles encaprichouse da fermosa cidade do Bósforo, engrandeceuna como se fose unha nova Roma e chamoulle Constantinopla. Acabaríase convertendo en capital do Imperio Romano de Oriente. Perviviu, en mudanza lampedusiana e nominal, recollendo a vella denominación grega, aínda que a cidade se seguise a denominar Constantinopla, como aínda se fai hoxe entre os gregos e outros veciños europeos. En 1453 abaneou Europa e o último emperador Constantino XI seguía preocupado pola eterna discusión sobre o sexo dos anxos sen se decatar de que tiña os otománs na porta da cidade que eles chamaban Istambul. Un exceso de historia.

Luns, 15 de xaneiro de 2018



xoves, xaneiro 18, 2018

O xene curioso


O outro día fun  pillar o pan á tenda e ao pasar polo caixeiro dúas empregadas estaban a contarse  segredos. Decateime porque falaban baixiño, de non ser cousas de agachar falarían normal. Eu tamén arrimei, disimulando, a orella. Falaban de amores rotos. Unha contaba; a outra exclamaba: Non me digas!

Segue chamándome a atención o éxito de determinados programas de televisión, dos que xenericamente agrupamos baixo a denominación de tele-lixo. Deses que ninguén ve pero dos que todo o mundo fala. Basicamente tratan de descubrir as interioridades dos que se atreven a acudir a eles. Algún rematou por crear os seus propios personaxes engrandecidos polos rumores do moito que cobran. Estes xéneros de ver, de espiar, non son exclusivos dos programas de “dimes y diretes”, senón que é o esquema no que se sustentan algúns programas de debate político, que mesmo foron decisivos na modificación do mapa político español, nos barulleiros de fútbol ou na última das novidades: a cociña.

En aparencia estes programas funcionan porque descobren “secretos” (ao falar de persoas), primicias (dinlle así ao falar das fichaxes futboleiras) ou exclusivas (cando se poñen serios para falar de política). Vamos, que son un díxome, díxome. O asunto está na polisémica verba de “secreto”, aquilo do que poucos saben; na miña época a xente chamábanlle  “secreta” ao que nós lle chamabamos “social”,  agora chámanlle “secreto” a un corte de vai saber ti que parte do porco.

Mais o do segredo non é tan certo. O que en realidade determina o éxito dos programas de que falamos é que ao xénero humano gústanos mirar, ver, curiosear. O outro día falabamos, a propósito dun libro de Yuval Noah Hariri, do “xene lambón . El non fala do xene curioso, pero porque non se lle ocorreu, porque en moitos anacos do seu libro fala de cousas que ben poderiamos agrupar baixo esta denominación.

Tampouco é unha novidade. Se somos humanos é polo “xene curioso”. Esa foi a causa da nosa expulsión do Paraíso e o cúmulo de desgrazas que nos veu enriba só pola manía de saber. Por exemplo, teño un amigo que se dedica a estudar os cabaliños de mar; é un científico que pasa horas e horas, viaxa dun lado a outro do mundo para saber cousas destes curiosos bichiños. Para  que? Ou ese proxecto enorme que anda por debaixo da terra, en Suíza, ben pegadiños a Francia, querendo acelerar partículas para descubrir o esquivo bosón de Higgs que mira ti que para que servirá.

Os científicos sempre xustifican os seus dispendios cun non sabemos para que pero algo se sacará de estudar os cabaliños de mar ou de darlle velocidade aos protóns. Mais todos sabemos que estas cousas non se fan pola rendibilidade nin inmediata, nin futura, senón porque somos unha especie curiosa, cun xene que nos empurra a saber e outro que nos fai devorar unha libra de chocolate polo medio da tarde.

Co ben que se estaba na paradisíaca ignorancia, tiveron que andar Adan e Eva remexendo as cousas e encerellándonos co desexo de saber;  porque o malo dos segredos é que cando se saben, deixan de selo.


                      Domingo,14 de xaneiro de 2017                      

mércores, xaneiro 17, 2018

O declive de Orcellón

Cando era un cativo, subía por una estrada, daquela afastada do centro da vila, hoxe un enxameo de edificios “altinísimos” de vivendas baleiras; pasaba pola beira dunha tenda de pinturas rotulada “Comercial Orcellón”. Dende o primeiro día metéuseme o eufónico nome entre os miolos.

Logo fun coñecendo algo do pouco que se sabe. Que era o termo impreciso para referirse a un territorio escasamente definido ao redor do actual concello do Carballiño. Aqueles meus iniciáticos saberes viñan da man do Corcheiro, que un día nos levou a Castro Cavadoso e defendeu a súa tese de que aquel debía ser o castelo de Orcellón, na  Terra medieval de Castela. Hai algún tempo que José Luís Sobrado considera que a fortaleza de Castro Caldelas de Orcellón estaba na Teixeira, en Brués, no concello de Boborás. Non moi lonxe pois.

Coas denominacións medievais sempre hai unha incerteza natural. Pasa  coa Terra de Turonio, tamén de lindes incertos, mais ben indefinidos, entre a Paradanta , o Miño e o  sur da ría de Vigo. E tamén coa Terra de Castela que abranguería un espazo difuso, pechado polos contrafortes do Faro,  pola serra da Martiñá, delimitado polo río Viñao e o Avia, por unha banda, e máis polo Barbantiño e o Miño, pola outra, co Arenteiro correndo polo medio. Entre Oseira e Ribadavia, no medio cadraría O Carballiño. Ao redor do Arenteiro andaría ese máis pequecho territorio de Orcellón.

Agora seica fica sen xente, leo nunha nova de prensa. A comarca actual, como é sabido sen funcionalidade máis que formal porque as deputacións son cruciais para o control político dos impostos cidadáns, do Carballiño fórmana oito concellos: Cea, Piñor, O Irixo, Boborás, Maside Punxín, San Amaro e Beariz, de moi diversa extensión cada un, dende os moi grandes como o Irixo con 121 km² ata Punxín con só 17.

Na década dos setenta do pasado século, cando eu era mozote, viviamos nesta area preto de 45 mil persoas. Na actualidade fano 26.765. Se lle quitamos a estas as case  14.000 censadas no Carballiño, resulta que para atopar a alguén vivo hai que dar ben voltas por centos de quilómetros cadrados. Deste evolucionar hai xa ben tempo que se decataran os meus fillos, aínda cativos; non sei moi ben cal deles  preguntoume: pero aquí só hai persoas maiores?

Non sempre foi así. Por exemplo, eu, dezao de nacenza e infancia (nacido ao pé do Monte do Carrio, botei a andar en Rodeiro e deixei de luxar os cueiros en Prado), son a causa de que os meus pais fosen vivir ao Carballiño, para que puidese estudar e ter futuro. Cousa que non vían en Lalín. E non foi así, o aire cosmopolita dun Carballiño turístico, próximo á capital provincial, inzado de mozos mexicanos e panameños  a bordo dos seus flamantes coches americanos e erguendo torres de vivendas para que as mercasen os emigrantes europeos, foi en declive. Mentres  Lalín desenvolvía unha actividade agraria e industrial facilitadas tanto polas condicións naturais como,  sobre todo, polo exercicio, ao seu favor, dun forte poder político local.

Asústanse en Orcellón, pero non vén de agora . Falan de declive rural, pero non é tal.  É declive de país; mesmo se fala de catástrofe, de inverno demográfico, de suicidio demográfico... mais trátase de falta de esperanza, de ilusión, de vitalidade, de política e dun chisco menos de indolencia, de indiferenza,  e de que “o que veña detrás que arree”.

Historicamente Galicia foi, case sempre, un territorio superpoboado. Leva un retroceso poboacional de case século e  medio e chegou xa a un punto preocupante. Mais, como diría Castelao das sardiñas, a xente viría se o goberno  quixese.

O fatalismo é a peor das indolencias.


Sábado, 13 de xaneiro de 2018

luns, xaneiro 15, 2018

O cabreo do Conde II

Imaxe do Iº Conde Gondomar. Anónimo. Madeira/Estofado/policromado. 19cm. altura.
Museo Lazaro Galdíano, Madird
A carta de don Diego retornoume ao maxín lendo un dos capítulos do libro de Miguel Anxo Murado que o outro día gabei nestes retallos. Con moito enxeño o autor acuña o concepto de “nación por exclusión” como resultado da “galegofobia” estendida durante o reinado dos Austrias.

Murado vai recollendo  frases de aquí e  de alá e deixándoas ao longo deste capitulo: “Antes puto que gallego”; “viles camas, peores casas; xente receosa”; “da xeración do ladrón”; “Reino infeliz, desventurado/ de España esterqueira”; “todo é cortellos e sucidade”; “Que demos loubades da terra de Galicia que, xuro a Deus, toda ela é terra de merda”; “Galicia é tan pobre e de tan escasa beleza que non permite gabanzas”. Sabemos que o Estebanillo é galego porque tira couces. Logo tócalle ás mulleres.... e segue Murado recollendo máis e máis referencias.

Podiamos engadir que o escuro Góngora era ben claro: “Oh montañas de Galicia,/ cuya (por decir verdad)/ espesura es suciedad,/ cuya maleza es malicia!,/tal, que ninguno cudicia/besar estrellas, pudiendo/antes os quedáis haciendo/ desiguales horizontes;/al fin, gallegos y montes, nadie dirá que os ofendo”; e o seu contrincante Quevedo replicalle: “Contra Galicia escribiste,/tierra de tocino y nabos,/que, como toda es limpieza,/toda junta te dio enfado./Muy dificultoso eres, /no te entendiera un letrado,/pues, aborreciendo puercos/lo puerco celebras tanto”.

Ese ambiente despectivo, excluínte, ofensivo, que só está nos seus inicios, é percibido por Gondomar. Por iso lle escribe a carta a Andrés de Losada, por iso nunha misiva posterior (17/03/1614) pregúntalle se acabou de ler a carta e se “le ha parezido que estaua borracho quando la escriuí, porque diré que no es gallego vuestra merçed si no me lo agradeze.”

A carta na que demanda a intervención do secretario real para que coute o libro de Brito vaise convertendo nunha intensa e rápida enumeración de persoeiros da nobreza, feitos heroicos mesmo recentes (“Béasse en nuestros tiempos el poco efecto que hiçieron las armadas inglesas el año de 85 en Vayona y el de 89 en La Coruña”, santos, xurisconsultos, etc.,  porque: “No se hallará ni por tradissão ni por escritura que gallego ninguno aya sido traidor a Dios ni a su señor, ni se ha visto gallego herege ni judaizante, ni matador alevoso, ni pueblo rebelado. Pues ¿de qué naçión en el mundo se puede deçir esto? ni ¿qué naçión conquistada sufre sin ofender a su lealtad ni aún con los pensamientos y lo que sufre Galiçia? (…)

E conclúe, quentándose e recorrendo de novo ao mito: “Veamos si ay otro reyno que pueda deçir de si estas calidades. Fue Galiçia reyno y sus reyes tubieron este título primero que ninguno otro de España, pues en tiempo de Santiago sabemos que reinava en Galiçia la reina Loba”.

Deixo para as persoas interesadas o texto completo da carta.


Xoves, 11 de xaneiro de 2018

O cabreo do Conde I

Dentro duns días, o 27 de xaneiro, cumpriranse catrocentos tres anos dende que don Diego Sarmento Dacuña, quen na altura aínda non era Conde de Gondomar, excribíralle ao seu amigo o secretario de Estado, Andrés de Losada e Prada.

Cómpre aquí facer una aclaración, porque en moitas ocasións denomínase o receptor da misiva como Andrés de Prada, xerándose unha confusión con Andrés de Prada e Gómez de Santalla nacido arredor de 1545 en Outarelo, na actualidade no concello do Barco de Valdeorras, e falecido en Madrid en 1611. Xa que logo, Andrés de Prada, secretario de Guerra sobre España e norte de África; secretario persoal de Filipe II ata a morte deste, secretario do Consello de Estado para Francia con Filipe III. A carta escribiuse tres anos despois da súa morte.

A quen ía dirixida, como dixemos, era a Andrés de Losada e Prada,probablemente nacido, a xulgar polo lugar onde crea morgado, en Quiroga. Tamén secretario de Estado de Filipe III e durante uns meses de Filipe IV, ata o seu falecemento en 1625, uns meses antes que o noso Conde. Andrés Losada de Prada, receptor das cartas londinienses do de Gondomar, era sobriño do Andrés de Prada e Gómez de Santalla.

A carta é citada en múltiples ocasións desde que Murguía a dera a coñecer en La Oliva. Sigo a transcrición da finada Carmen Manso Porto en Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar (1567-1626): erudito, mecenas y bibliófilo, ( de Galicia, 1997).

A causa da irritación de don Diego, que o impulsa a escribir a longa carta a Andrés de Losada, é a publicación da obra do cronista-mor de Portugal, frei Bernardo de Brito (1569 - 1617) Monarchia Lusytana. O frade comezou o proxecto de escribir unha historia de Portugal dende os tempos máis recuados, a pretensión de Brito ficou nos dous primeiros volumes, aínda que continuouna tras a súa morte Frei António Brandão. O primeiro dos volumes publicouse en 1597, o segundo en 1609. O frade de Alcobaça foi acusado posteriormente por historiadores de falsificar documentos.

O que provocou as iras do don Diego foron algunhas insinuacións do frade do Cister neste segundo volume, quen acusa os galegos de ladróns: “o corpo de Sáta Eufemea... fazendo Deos muitos milagres por sua intercesáo, de modo que ueo a fazer romagem celebre, a que concorria a géte dentre Douro &Minho& grande parte de Galiza: & por uezes intentaráo os galegos roubar o Santo Corpo”; herexes: “dandolhe conta do estado en q se uiáo as Igrejas de Galiza com o muito creciménto da heresia” e aínda: “mandou seus breves ao sinodo de Galiza, cótra a impia seita da heresia Priscilliana” e mesmo que “a gente de Galiza muy sogeyta á contagiosa enfermidade de lepra”.

A misiva de don Diego comeza cun saúdo en galego: “Duas cartas tenho de vosa merçé de dez de novenbro y de onse de decembre, porque veijo as suas maos moitas e infinitas veçes”. Logo de responder ás cuestións dos escritos recibidos, don Diego entra en materia tras lamentar a morte de Diego de Castro: “... porque era un ángel y por hermano del señor don Rodrigo de Castro, que ni en Galiçia ni en Castilla ni en el mundo ay mejor cavallero, y sólo él basta a honrrar nuestra naçión si en mi conçiençia; y para que sea disparate y borrachera lo que diçe fray Bernardo de Brito -y mentira- y como tal, es bien que el livro se recoja y se queme; y si no huviere quien lo pida, yo sólo lo pidiré...”

Pregúntase: “Pues ¿qué naçión en el mundo ha dado en su profeçión cavallero como el comendador Andrés de Prada, secretario del Consejo de Estado de Su Majestad?”. Coido que don Diego non confunde a Andrés de Losada con Andrés de Castro, pois sería excesiva a gabanza tendo en conta que o texto continúa cun relatorio de grandes nobres galegos servidores da monarquía.

Don Diego vaise quentando cos disparates e  a borracheira do frade portugués, apunta directo, aínda que sexa recorrendo ao mito: “Gallegos y asturianos bençieron la batalla de Cobadonga, en que murieron tantos millones de moros, sin aiuda de otra naçión, ni más camellos ni elefantes, de los muchos que los moros trayan en oposición, que sólo la noble sangre de los braços de nuestros passados” e  remata golpeando: “Gallegos son toda la nobleza y conquistadores de Portugal y los que no deçienden de gallegos, deçienden de moros, porque en aquellas comarcas no avía otras gentes”.

Quizais cumpra relembrar brevemente que en 1580 o baleiro de poder na monarquía lusitana aprovéitao Filipe II para reclamar pola forza os seus dereitos dinásticos e o reino de Portugal fica incorporado á Monarquía hispánica portuguesa. Este é o estado de cousas político cando se publica o libro de Bernardo de Brito. Catro anos despois da morte de Gondomar, o Duque de Braganza, durante o reinado de Filipe IV, e aproveitando a revolta dos segadors cataláns conseguirá facerse co trono. A situación estabilizarase no Tratado de Lisboa de 1668.


Mércores, 10 de xaneiro de 2018

domingo, xaneiro 14, 2018

Carta de Don Diego de Gondomar

1614, enero, 27. Londres.

Meu señor verdadeiro:
Duas cartas tenho de vosa merçé de dez de novenbro y de onse de decembre, porque veijo as suas maos moitas e infinitas veçes.
Mucho me consuela vuestra merçed con deçirme que andan casi acontecidos los çensurinos, assy como es dicha tener por amigos a los buenos, lo es no sello de los malos. La vejez y el desengaño <ánme puesto> ia en estado que sólo el morir como cristiano y como fidalgo gallego deseo, y juro a vuestra merçed, señor mío, que pienso que no ay monasterio de cartujos donde se aprenda lo que ay, porque se vee lo bueno y lo malo, aunque tan disiguales en número como en todo lo demás; y assí digo muchas veces a mi gente que avían de venir aquí los hombres para sólo aborreçer la heregía, viendo sus torpeças y desatinos, y tan descontentos a los que la siguen, llenos y abundantes de todo lo de la tierra; y por otra parte, ver a los verdaderos católicos llenos de persucoçión y de trabajos tan alegres y consolados, que çierto edifica y enseña lo que puede la verdad. Y de aquí verá vuestra merçed, particularmente por los despachos que embío, que son arto largos; pero las materias son tales, que pareçe forçoso deçirlas con sus calidades y circunstançias para que se entiendan mejor, y assy lo largo es todo lo que sobra y se puede escurar. El conde de Fuentes diçen que deçía muy de ordinario: “Por vida de Dios que no sabe el hombre quál es lo mejor y menos el juramento". Yo digo lo mismo, y que trabajamos aquí y que deseamos açertar y caminar azia adelante con las tripas en las manos. Salir de aquí presto confiesso a vuestra merçed que lo deseo por muchas raçones, pero no me atrevo a hablar en ello más que yendo assy cortésmente disponiendo la materia, porque como he comenzado tarde esta carrera, he menester darme prissa para volver al puerto antes que aia anocheçido.
   Alégrome con vuestra merçed de que my señora la condessa de Lemos está ia buena; guárde­nosla Dios que, por quien es, y por lo mismo que su exçelençia dixo a vuestra merçed que le deseaban todos la salud, se la devemos desear. Y doña Costança y yo la hizimos encomendar aquí a Dios, muy en particular, quando supimos que estava tan mala en Lerma.
   Pésame en el alma de los dolores y persecuçión del conde de Salinas, porque es buen cavallero y porque le quiero bien y se lo devo; assí suplico a vuestra merçed que por lo que le deve asimismo le haga merçed en lo que se le ofresca.
   Terníssimamente me ha lastimado la muerte del señor don Diego de Castro, porque era un ángel y por hermano del señor don Rodrigo de Castro, que ni en Galiçia ni en Castilla ni en el mundo ay mejor cavallero, y sólo él basta a honrrar nuestra naçión si en mi conçiençia; y para que sea disparate y borrachera lo que diçe fray Bernardo de Brito -y mentira- y como tal, es bien que el livro se recoja y se queme; y si no huviere quien lo pida, yo sólo lo pidiré, que menos dixo el fiscal Juan Graçia de los viscaínos y se lo hiçieron borrar. Pues ¿qué naçión en el mundo ha dado en su profeçión cavallero como el comendador Andrés de Prada, secretario del Consejo de Estado de Su Majestad? ¿Qué virréis ha tenido Nápoles como los condes de Lemos, ni las Indias como el conde de Monte­rrey? Oy servimos a Su Majestad tres embaxadores gallegos. Gallego prendió al rey Françisco de Françia en Pavía: Alonso Pita da Veiga. Gallego ganó a Córdova: Hernán Núñes de Temez, cuio nieto fue el Gran Capitán Gonssalo Fernandes de Córdova. Y assí gallego ganó a Nápoles. Gallego con­quistó a Jaén: Men Rodrigues de Biesma, cuyo descendiente es el conde de Santistevan. Gallegos con­quistaron y ganaron el Andaluçía; y assí tienen oy en ella la mayor parte sus desçendientes los Cór­dovas, Aguilares, Figueroas, Riberas, Saabedras, Godoi, Sotomayor y otros muchos. Gallego ganó el reino de Murçia: Pedro Gallego Faxardo, cuio nieto es hoy el marqués de los Beles. Gallego era el adelantado don Diego Sarmiento, mi otavo abuelo, que sólo él osó deçir en el Conssejo al rey don Pedro que hiçiesse vida con la reyna doña Blanca y dexasse a doña María de Padilla, y quitasse de la governaçión del reyno a sus parientes que le tiranizavan. Gallego era don Fernando de Castro, cuyos valerosos hechos son bien notorios, y por ellos y su lealtad, aviendo muerto aquí, en Inglaterra el año de 1366, se puso sobre su sepultura: "La lealtad de España y la honrra de Galiçia". Gallego, señor de la casa de Figueroa, livertó a Castilla y a León del infame tributo de las donçellas. Gallego fue Payo Gutierres, que ganó la cidad de Lisboa a los moros; fue hijo de don Gutierre Páez, conde de la Limia, en Galiçia, y fue a servir al rey don Alonço el Primero de Portugal, que le dio en aquel reyno grandes estados y el apellido de Acuña, de que deçienden tantos grandes señores y cavalleros en España. Gallegos son toda la nobleza y conquistadores de Portugal y los que no deçienden de galle­gos, deçienden de moros, porque en aquellas comarcas no avía otras gentes; ni el conde don Henrri­que ni el rey don Alonço el Primer, su hijo, las llevaron de otras partes más que de la parte de Entre Duero y Miño, que era Galiçia, y la apartó el rey don Alonço el Sexto de Castilla para dársela, y todo la restante hazia el mediodía era de moros. Y assí fray Bernardo de Brito o ha de provar que él diçiende del conde don Heurrique el Primero de Portugal, que fue sólo, o <o escoger entre los demás>. Gallegos y asturianos bençieron la batalla de Cobadonga, en que murieron tantos millones de moros, sin aiuda de otra naçión, ni más camellos ni elefantes, de los muchos que los moros trayan en oposición, que sólo la noble sangre de los braços de nuestros passados. Gallego vençió la batalla de Clavijo, siendo alférez mayor y capitán general del rey don Ramiro, Luis Osorio, señor de Chantada, Cabrera y Ribera, a quien por esto se dio a Astorga y el canonicato de León, y prometió Dios que viniesse a ser su soldado y a pelear por él el apóstol Santiago visible y personalmente, mostrando con este exemplo el agradeçimiento de la buena acogida, grandes dones y veneración con que avía sido ressebido su sanctíssimo cuerpo en Galiçia. Y assí gallego es también Santiago, soldado defenssor y patrón de las Españas. Gallegos fueron elegidos, por sólo el valor de sus perssonas, para maestres y caudillos de las órdenes militares de Sanctiago, Calatrava y Alcántara y para defender las fronteras de los moros. Gallega es tanbién la orden y cavallería de Santiago y assí gallegos son todos sus descendientes, pues su solar, su prinçipio y su fundación fue en Galiçia, junto a Puertomarín, en el convento que se llama de San Elogio, y por cavalleros gallegos, en defença y para acompañar a los peregrinos ctristianos que venían a visitar el santo sepulcro del Apóstol, haçiéndoles escolta con su personas y armas, edificándoles en los caminos, hospitales y cassas para su ospedaje y regalo.
   Este assunto, este penssamiento, esta obra ¿qué naçión la ha echo? Pues oy se conserva naturalmente en toda la nobleça de Galiçia este instituto de religión, porque salen los cavalleros a recivir y buscar a los forasteros por los caminos y los llevan a ospedar a sus cassas. Y después de averlos ospedado y regalado, les piden perdón y quedan muy obligados y agradeçidos al forastero por la comodidad y regalo que quiso reçivir en su casa. Noble sangre y noble ánimo es fuerça quien agradeçe lo que da.
   En todos tiempos y en todas edades y siglos hallaremos gallegos governando y peleando en serviçio de Dios y de sus reyes. Los últimos que se dieron al Imperio romano fueron los gallegos, no por ser las últimas tierras, sino por ser las que con más valor se defendieron. Y vese muy bien esto en que después fueron los últimos que los desampararon, que es buena prueva de su constancia y fidilidad. La Coruña perseveró en defenderse por la Corona Real contra el conde de Benavente, aunque 1e mostró privilegio y donación en que el Rey se la dava y la tuvo cercada con millares de gentes. Béasse en nuestros tiempos el poco efecto que hiçieron las armadas inglesas el año de 85 en Vayona y el de 89 en La Coruña, con tan poderosos exércitos, vatidas y aviertas sus murallas, defendiendo estas fuerças tan poca gente, pero con tanto valor en la resistencia, como lo mostraron los efectos asta las mugeres y monjas, porque dio el Rey sueldo de soldado a María Pita; y un noble regidor de La Coruña, Basco de Gaioso, demás de su mucho valor, se opuso animosamente a los que governavan aquella fuerça y reyno, queriendo ellos salirse y rendirse, lo qual bastó para que no se hiçiesse. Y también se sabe el daño que estas mismas armadas retiradas, y viendo de Galiçia, hiçieron en otras partes de más numerossas gentes y presidios. Léasse en tiempos paseados el çerco de Lugo y verásse qué pocos gallegos defendieron la ciudad contra ynnumerables moros que la tenían sitiada, sin aver quedado ia dentro qué comer, más que sólo un cordero. Y para que viessen que les sobraba ganado y mantenimiento, hizo el governador arrojar al cordero y volando por ensima de la muralla que aiudó a que los moros lebantassen el çerco. Y porque en Galiçia se llamada el cordero “año”, los descendientes deste cavallero se llaman de Bolaño y Ribadeneira, que era su antigo apellido.
   Y del antigo poder y noblesa de Galiçia es bastante muestra el ser poseído todo aquel reyno de señores naturales, con sólo el verdadero derecho de las gentes y en memorial y antiquíssima posseçión y suçessión de sus passados, sin otras cartas executorias ni títulos ganados por derechos çiviles. Y assí en el blasón -como quien primero escogió- tomó el mejor de todos, que es el Santíssimo Sacramento. El convento de Montederrama puso pleito a Juan de Noboa, señor de Maçeda, por ciertas tierras, diçiendo que eran comprhendidas en la conçesión de un previlegio que tenía el monasterio; y viéndosse el pleito en la Chancellaría de Valladolid, en tiempo del Emperador, halláronse a la vista en los estrados el abad y Juan de Noboa, y dixo el abad al presidente que mandasse a Juan de Noboa que mostrasse el título que tenía para aquellas tierras que poseía. El Juan de Noboa le respondió con gran cólera: “Y eu qué título ey de mostrar mais que averlas erdado de meu pay, e meu pay de meu avó, e meu avó de nossos antepassados, que as posseeron desde que o mundo foi mundo; e vos em san Ber­nardo, que era de França, e a puta que os paren ¿qué tendes que ver co a minha fazenda per uns pou­cos de papés derroçadeiros que prezentáes?”
   No se hallará ni por tradissão ni por escritura que gallego ninguno aya sido traidor a Dios ni a su señor, ni se ha visto gallego herege ni judaizante, ni matador alevoso, ni pueblo rebelado. Pues ¿de qué naçión en el mundo se puede deçir esto? ni ¿qué naçión conquistada sufre sin ofender a su leal­tad ni aún con los pensamientos y lo que sufre Galiçia?, que ha sido la conquistadora de lo que oy possee la Monarquía de España, pues sobre aquel çimiento y de Asturias se extendieron los reynos y se fueron ganando a los moros por Portugal y por León; además de que esta cabeça conquistadora y matriz es governada en lo espiritual y temporal por forasteros que lleban sus theso­ros, sus trabajos y su sudor y henrriquesen las otras tierras donde son naturales. Hasta las abadías de los monasterios, que la devoçión, religión y grandeça de los cavalleros gallegos fundaron y dotaron tan espléndidamente como se vee en las órdenes de san Benito y san Bernardo y otros. Todo esto y los obispados, dignidades, audiencias, corregimientos, commissiones y las adminestraçiones de las rentas reales lo posseen y gozan forasteros, y los naturales están llenos de valor, de noblesa y de san­gre tan pura y limpia, siendo feudatarios de las naçiones y reinos que an conquistado por su modes­tia y encogimiento en el pretender tan anejo y proprio al valor y bondad.
   Y sobre todo lo que no sabemos que haga otra naçión del mundo es la noblesa de Galiçia, pues todos los señores naturales sacan la sustançia de sus vassallos y su patria para irlo a gastar en las estra­ñas en serviçio de Dios y de su Rey; de que tomó origen el proverbio de “gallego trahedor”, y noso­tros mismos por donaire quitamos la “e” y ponemos la “i” algunas veçes, diciendo: "traidor". Y assí otro portugués mejor informado que fray Bernardo de Brito deçía que los gallegos tenían tanta hon­rra y tan sobrada, que ellos mismos la arrastravan en las cosas de poca importancia, haçiendo donaire de algunos cuentos de si mismos.
   Y el marqués de Sarria, visabuelo del conde de Lemos, que oi es, pediéndole limosna un pobre de Galiçia delante de muchos le respondió con mucho donaire: “Pues eres gallego, ¿por qué no fur­tas?”. El pobre debía de tener también buen gusto, y assí diçen que respondió: “Ja eu quixera, mais no acho geito”. Buena prueva de la seguridad y confiança, hablar desta manera. Y haçiéndosse en su presençia una comedia en que se fingía un traidor y deçía que era gallego, llamó el marqués después al autor de la farça y le preguntó qué le avía movido a dar aquel aijado a Galiçia. Respondióle que para la buena trassa de la comedia avía convenido fingir aquellas traiçiones y que andando buscando naçión que por su verdadera e inmaculada fidelidad menos se pudiesse sentir de aquello, avía puesto a Galiçia.
   Sanctos ha dado Galiçia infinitos, y sólo san Rossendo bastava para honrrar muchos reynos.
   Personas eminentes y señaladas en letras, aier vimos al cardenal Tavera, arçobispo de Toledo, hijo de Arias Pardo, descendiente de la casa de Çela en Galiçia. Con el mismo título y dignidad, poco después, al cardenal Quiroga, y en su mismo tiempo, la prezidençia de Castilla a don Antonio de Pazos, sin más aiudas ni favor que las de sus virtudes y merecimientos. El illustrísimo cardenal Sevilla don Rodrigo de Castro, del ilustrísimo cardenal arçobispo de Sanctiago don Pedro Sarmiento y lo que hiço en el conçilio de Trento don Diego Sammiento de Sotomayor, obispo de Astorga, mi tío, hemmano de mi padre, y otros innumerables varones que han sido maestros, que de cada uno se pudi haçer una larga historia.
   Ayer vimos las obras de grandes jurisconsultos: don Françisco Sarmiento. En poessía, las obras de don Garçía Sarmiento de Sotomayor, señor del estado de Salbatierra, y las de Juan Rodrigues del Padrón, que exçeden en sutiles conceptos y altos pensamientos a los Garçilaço, Buscanes, Camoes y Saas de Miranda.
   Y pues los serviçios son tantos y tan notorios, bien será decir los aprovechamientos de tantos conquistadores de las Indias, de tantas batallas vençidas por gallegos en mar y tierra, y de tantos muertos en ella, de tantos grandes prelados, de tantos maestros y comendadores; ¿qué acrecentamiento han dexado a sus suçesores y herederos? No se hallará de treçientos años a esta parte quinientos ducados de renta en ninguna casa de Galiçia, y si yo los acreçentare a la mía, desde luego hago donaçión de al Rey nuestro señor.
   Hagamos de todas estas partes e serviçios un hombre y hallarémosla antiquíssimamente noble, de clara y limpia sangre, sin ninguna mezcla de judío, moro ni penitençiado, leal sin mancha, firme y religioso, católico y valeroso, savio y prudente con eminençia, aprobado y experimentado en los maiores cargos y ofiçios y más árduos negossios, y que en ellos ha puesto tantas veces y en tantas ocasiones la vida, la salud y la hacienda por servicios de Dios, de su Ley y de su Rey goveenando con modestia y templanza, y sobre todo tan sin ynterés, que a cabo de tantos años de todos estos seruiçios se halló y con menos haçienda que heredó. Y si no díganlo don Femando de Castro que murió virrey de Nápoles, el mayor y más útil cargo que da el Rey en Europa, y el conde de Monterey, don Gaspar, que murió virrey del Perú, el maior y más útil cargo de las Indias.
   Éstas son las partes del gallego y el convatiente que nos dan sus naturales para honrra y gloria de la Monarchía española. Veamos si ay otro reyno que pueda deçir de si estas calidades. Fue Galiçia reyno y sus reyes tubieron este título primero que ninguno otro de España, pues en tiempo de Santiago sabemos que reinava en Galiçia la reina Loba.
   He ido diciendo a vuestra merçed aquí aprissa lo que se ha ido ofreçiendo. Tengo en Valladolid todos mis libros y papeles, de que me atrebiera a sacar mayores volúmines de heroicos y valerosos hechos, virtudes de solo los gallegos que de todas las demás naçiones juntas. Y esta carta se ha ido haciendo más larga de lo que yo penssé, con el gusto y hablar con vuestra merçed y con Galiçia, que no es mucho con esto pasear la raya y en materia que se defiende obligaçión con razón. Quien no passa la raya, no cumple con su obligaçión.
   Guárdeme Dios a vuestra merçed como deseo.
   Londres, 27 de henero de 1614.

MANSO PORTO, C.: Don Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626). Erudito, mecenas y bibliófilo. Xunta de Galicia, 1996, pp.184-188.

Dous libros para agasallar

Nalgunha ocasión teño reflexionado con persoas amigas, mesmo escrito con extrema brevidade, acerca da “literaturización” da nosa cultura. Ben sei que é un problema complexo. Mais deberiámolo mirar.

Refírome non tanto a que considere que a produción poética impresa sexa excesiva, nin sequera a de narrativa; senón a escaseza doutros xéneros capaces de tirar a produción editorial galega do limitado, ao mellor autolimitado, campo da lírica e da novelística. Realmente, coido, que o que se bota de menos é o cultivo e edición de ensaio, en especial daquel de carácter divulgativo, pois o de tipo “universitario”, isto é, a publicación de recensións de teses de doutoramento, volve reproducir o esquema da literaturización xa que a inmensa maioría delas inciden nos estudos filolóxicos ou literarios ou , en moita menor medida, nos traballos históricos de marcado carácter académico e en achegas abertamente político-ideolóxicas.

Probablemente esta debilidade teña moito que ver coa escasísima presenza e potencia da cultura galega nos medios de comunicación da que ou ben se atopa expulsada a mantenta ou ben porque, a causa de complexidades diversas, falta de habilidade ou desleixo, fomos incapaces de dotarnos deles coa suficiente forza social. Non, como é evidente, por falta de cualificación senón por falta de intensidade na demanda, tanto pola razón sinalada como porque o mundo editorial non o reclama. Deste xeito o novelo non se da desenleado.

Estes días gocei, e moito, coa lectura de dous libros cos que me agasallaron. Os dous teñen certas semellanzas: ambos foron demandas editoriais de fóra para explicarlle Galicia aos de alá e que son ben útiles para que a entendan os de acá, os dous publicados en español, poderiámolos etiquetar como ensaios divulgativos de carácter histórico. Un está construído dende o rigor historiográfico mesturado coa arte da redacción desenvolta, brillante, axeitada ao fin de divulgar. O outro emerxe dende o xornalismo de altura para non abandonar a severidade documental. Un vai da academia á divulgación; o outro percorre o camiño inverso.

Estoume a referir  tanto a esa apertada síntese da frustración dunha nación que é a Historia Mínima de Galicia (Turner, 2016) de Justo Beramendi como a esa particular teoría da nación que desenvolve Miguel Anxo Murado en Outra idea de Galicia (Debate, 2016) da que xa hai, por fortuna, versión galega. Ambos recomendables para quen desexe achegarse con tino ao proceso de construción da nación dos galegos e galegas.

Ambos textos precisos e preciosos no momento no que o debate sobre a(s) cuestión(s) nacional(is) ocupa un lugar de privilexio nos andeis editoriais españois e do que non debemos ficar ausentes.

Martes, 9 de xaneiro de 2018