José Ortega y Gasset. Óleo de Zuloaga |
Ségueme
a sorprender a “conllevancia”: Ben saben, aquel termo que acuñou Ortega y
Gasset nun celebre discurso pronunciado nas Cortes da República, o 13 de maio
de 1932. O motivo, o debate sobre o estatuto de Cataluña. Don José viña, en
síntese, a dicir que o problema catalán non tiña solución, “es un problema que
no se puede resolver, que sólo se puede conllevar”, porque: “Llevamos muchos siglos juntos los unos con
los otros, dolidamente, no lo discuto; pero eso, el conllevarnos dolidamente,
es común destino”.
O
que me sorprende non é tanto o fatalismo irracional, o determinismo biolóxico, a
incomprensión dialéctica dos procesos sociais, en fin o idealismo do filósofo español,
senón que, virado case un século de historia, o nacionalismo español, máis ou
menos liberal, máis ou menos progresista, siga coincidindo plenamente co seu
pensamento. Aínda peor, pois renunciou á radical expresión republicana pero non á
concepción unitarista do Estado.
O
nacionalismo español liberal-progresista foi sempre subalterno a respecto do
nacionalismo conservador, católico e autoritario, e nunca comprendeu a
necesidade de esgazarse da matriz monárquica para competir co
nacional-catolicismo. As dúas veces que o intentou (1873, 1931) fracasou. Por
iso o federalismo de inspiración liberal-progresista ou de esquerdas non foi
nunca moito máis alá de ser unha pose, un conto de fadas, unha fantástica lenda
para engaiolar as periferias.
Pódense
ollar con nitidez as mudanzas producidas no nacionalismo vasco dende o carlismo
ultracatólico e racista de Arana ata a acción social-cristiá do actual PNV, por
non referírmonos á esquerda abertzale e
a súa capacidade para purgar a tráxica traxectoria. Vense claramente as diferenzas
entre Cambó e Companys, a quen responde Ortega no seu discurso, ou mesmo entre
o Pujol que non quixo repetir os erros de Cambó e a actual concepción de
radicalidade democrática europeísta da que fai gala ERC. Ata se poden ollar
eses cambios nas mudanzas impresas no nacionalismo galego por Castelao a
respecto de Risco ou na vocación popular do galeguismo contemporáneo. Mais no
nacionalismo español, ata no progresista, reitéranse os lugares comúns
derivados da concepción orteguiana de “conllevarse dolidamente”.
A
xeito de exercicio escolar, no discurso de Ortega atopamos:
1.-A cuestión
catalá, entendida dende a irracionalidade dun fatalismo irresoluble, dunha
pauliña bíblica, dunha alteración de cromosomas, non ten solución posíbel, xa
que esta sería inadmisíbel, pois ou ben suporía a desaparición do estado
español ou ben unha mutación estrutural que o achegase ás formas confederais.
Ningunha das dúas solucións serian asumíbeis nin polas forzas republicanas de
antano nin polas progresistas de hogano.
2.-
Ignorancia absoluta, cando non desprezo, de Portugal. España identíficase coa
unidade peninsular. Di Ortega: “Por eso, de la pluralidad de pueblos dispersos
que había en la Península, se ha formado esta España compacta”.
3. O
catalán é un nacionalismo particularista. Di Ortega: “un sentimiento de ditono
vago, de intensidad variable (...) que se apodera de un pueblo o colectividad y
le hace desear ardientemente vivir aparte de los demas pueblos o colectividades”.
4.- Pola
contra o nacionalismo das grandes nacións é ben diferente: “Sería completamente
falso afirmar que los españoles hemos vivido animados por el afán positivo de
no querer ser franceses, de no querer ser ingleses. No; no existía en nosotros
ese sentimiento negativo, precisamente porque estábamos poseídos por el
formidable afán de ser españoles, de formar una gran nación y disolvernos en
ella”. Cataluña é un sentimento, “un quejido incesante”, unha illa de
“humanidade arisca”, “obseso por el problema de su soberanía”. Pola contra “España
(é)unha unidade histórica, “radical
comunidade de destino”.
5. O
particularismo nacionalista é un problema xeral, que: “como lo han conllevado y
lo conllevan las naciones en que han existido nacionalismos particularistas,
las cuales (...) naciones aquejadas por este mal son en Europa hoy
aproximadamente todas, todas menos Francia”. A Europa para a que ollaba don
José era moi pequena e mesmo hoxe nin Francia se libra da maldición.
6. Moitos
cataláns séntense españois; outros, mesmo sentíndose cataláns, non se senten
nacionalistas. Moitos cataláns queren vivir en España poro séntense ameazados:
“lo que pasa es que no se atreven a decirlo, que no osan manifestar su discrepancia,
porque no hay nada más fácil, faltando, claro está a la veracidad, que esos
exacerbados les tachen entonces de anticatalanes”.
7. A
independencia catalá é un risco excesivo tanto para o Estado como por: “...que
probablemente acabaría (¡quién sabe!) llevándose por delante el régimen”. A
república do 31 e o réxime do 78.
8. O que
non se pode poñer en cuestión é a soberanía de España. Di o orador: Decía yo
que soberanía es la facultad de las últimas decisiones, el poder que crea y
anula todos los otros poderes, cualesquiera sean ellos, soberanía, pues
significa la voluntad última de una colectividad. E engadía: “No nos presentéis
vuestro afán en términos de soberanía, porque entonces no nos entenderemos.
Presentadlo, planteadlo en términos de autonomía”. No seu descargo, poderíamos
dicir que a ninguén se lle ocorría naqueles tempos falar de conceptos como
“soberanías compartidas”, ou cousas semellantes.
9. Como a
soberanía ou facultade última de decisión non se pode dividir, e ao haber máis
españois que cataláns, estes teñen que aceptar o que diga a maioría e ademais
todos teñen dereito á autonomía, o que cincuenta anos despois se chamou “café
para todos”. “Porque, no lo dudéis, si a estas horas todas las regiones
estuvieran implantando su autonomía, habrían aprendido lo que ésta es y no
sentirían esa inquietud, ese recelo, al ver que le era concedida en términos
estrictos a Cataluña. Habríamos, pues, reducido el enojo apasionado que hoy hay
contra ella en el resto del país y lo habríamos puesto en su justa medida. Por
otra parte, Cataluña habría recibido parcial satisfacción, porque quedaría
solo, claro está, el resto irreductible de su nacionalismo. Pero ¿cómo
quedaría? Aislado; por decirlo así, químicamente puro, sin, sin poder
alimentarse de motivos en los cuales la queja tiene razón”.
10. Por
suposto di don José “lo que no podemos permitir es que esto se haga con
detrimento de la economía española”.
As
persoas interesadas poden ler aquí
o discurso completo.
Martes,
6 de febreiro de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario