De
seguro que as persoas avisadas recordan.Lenine, hai máis dun século. Foi o que
se me veu á cabeza esoutro día coa enleada sobre Podemos, Villares e a santa
misa. Para as non iniciadas, o líder ruso escribiu un opúsculo chamado O esquerdismo, doenza infantil do comunismo;
pola súa banda, e simplificando para as non avisadas, o grupo de Podemos pediu
que a TVE deixase de emitir a misa dos domingos. Villares matizou que , ben...
pero que tamén cumpría considerar que axudaba á normalización da lingua. Nos detalles é mellor
non entrar.
Ora,
a cuestión é: Tendo tantas cousas que demandar a respecto da Igrexa Católica neste
estado ibérico, como por exemplo, e sen
rebuscar moito: que pague o IBI, a impunidade dos curas pederastas, os curas-profes
de relixión a cargo do erario público, as vantaxes concedidas ás ordes
relixiosas nos seus negocios educativos, o mantemento dun concordato herdeiro
do franco-catolicismo, a privatización que nuns días se vai producir en moitas
cidades hispano-turísticas... e poderiamos seguir, por que aos de Podemos só se
lles ocorre montar o “pollo” con iso da misa dos domingos? Díxolle a miña nai a
veciña do primeiro: e que mal lles fará? Porque a min faime moito ben que así
“cumpro” e non teño que molestar os
fillos para que me leven á igrexa nin
aguantar este cura que temos tan repugnante.
Sería
para “chinchar” á veciña de miña nai?
Imaxino
que non, supoño!! Sería logo para “cavar trincheiras”, digo eu. Isto é, na miña
opinión, recuncar no erro estratéxico de Iglesias e os seus que só serve para
aglutinar o voto do seu principal inimigo, espantar o votante progresista, encabronar os aliados e
desviar o debate do realmente importante, sexa isto rematar cos privilexios da
igrexa ou reformar a constitución para realizar a transición inacabada, a das
nacións, e garantir os dereitos sociais das clases populares, traballadoras,
desposuídas, precarias ou como o filosofo de garda desexe chamarlle.
Xoves, 23 de marzo de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario