A
un xesto, un acto, unha frase ou un obxecto eficaz na orde real ou de xeito especial na
simbólica é o que denominamos rito. Nas sociedades complexas xunto aos ritos de comportamento, máxicos ou
relixiosos, teñen especial relevo o que os antropólogos denominan ritos de
paso, presentes cando cambiamos de residencia, de estado civil, de situación
social ou de tramos de idade.
O
bautismo relixioso ou civil, o primeiro cigarro (agora supoño que herbáceo), o
primeiro bico (ou o que sexa), o primeiro exceso coas cervexas (ou co outro que
sexa), colocar o ramo na casa, o convite de inauguración do novo negocio ou da
nova vivenda, as flores despois do parto, o agasallo (ou os parabéns no
facebook) polo aniversario, o cabodano da defunción, as flores por defuntos, a
viaxe de cuarto de ESO a Salou, a festa de licenciatura (agora de
graduación)... todos teñen un significado de carácter social que serve para
reforzar lazos familiares, de amizade ou, simplemente, para dar grazas por
seguir vivos ou para seguir véndonos cada ano.
Esta
última función, como rito de paso que é, colle, segundo avanzamos en idade máis
relevo. Esta última tempada andei ben ledo cumprindo con estas cerimonias. Hai
días na compaña de moitos amigos e amigas de compromiso e ideas degustando un
patagruelico e excesivo cocido, nada máis e nada menos que no “Caballero” da
chantadina Viana. Onte, comandados polo xeneroso amigo Miguel Mouriño, para dar
conta dunhas lampreas na de Calviño das Neves.
Debo
estar entrando na terceira fase ritual.
Sábado,
18 de abril de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario