A
dor na familia dos Francés xa viña de antes. Enxertados no Porriño dende a súa
orixinaria Forfoleda salmantina. Un terceiro fillo de José e Orícera, José
Francés Carpintero, avó do meu compañeiro Raúl Francés, foi fusilado en Tui
nunha das moitas matanzas cometidas polos sublevados despois de que a vila fronteiriza
caese nas súas mans. A saga dos Francés era
socialista. O pai dos defuntos, segundo informa Paz Antón: José Francés
González fora o líder da “Federación de Trabajadores”, adherido á UGT, e os
fillos, Eleazar e José, tiñan cargos dirixentes na agrupación socialista
porriñesa.
José
era o maior dos irmáns Francés Carpintero, “factor” de estación no Porriño. Ás
dez da mañá do 20 de Agosto de 1936 en Tui viuse en consello de guerra a causa 574/36
na que estaban encartados José Fernández Miniño, Eduardo Fernández Miniño,
Evaristo Freiría Fernández, Severiano Castillo Alonso, Antonio González Pazos,
Arturo Saloña Muro, Joaquín Alonso Granados, José Groba Domínguez, José Groba
Rodríguez, Eleazar Francés Carpintero e Antonio Francés Carpintero. O día 20 só
estaban presentes ante o tribunal Militar José Francés Carpintero e José López
Losada. Tres dos encartados están declarados en rebeldía, Eduardo Fernández
Miniño, Evaristo Freiría Fernández, Severiano Castillo Alonso.
Cinco
días antes, na noite do 15 ao 16 de agosto, son “sacados” do cárcere de Tui
José Fernández Miniño, Severiano
Castillo Alonso, Antonio González Pazos, Arturo Saloña Muro e Joaquín Alonso
Granados , algúns deles asasinados na
Volta da Moura.
Os
restantes encartados: José Groba Domínguez, José Groba Rodríguez, Eleazar
Francés Carpintero e Antonio Francés Carpintero, ficaron excluídos da causa e como
sabemos serán “paseados” en Tebra un mes despois.
O
28 de agosto, a media mañá do 28 de agosto de 1936, José Francés Carpintero e José
López Losada foron pasados polas armas. Infortunadamente non foron os únicos,
tamén fusilaron aquel día a José Alonso Martínez (a) "Pepe el Negro",
Francisco Ginde Fuentes, Manuel Méndez Niño e Enrique Jaso Paz.
Oitenta
e un anos despois dos feitos, familiares, amigos, persoas de condición
democrática, promoveron un sinxelo recordatorio, gravado en pedra do Porriño,
realizado polo canteiro mosense e promotor de iniciativas varias Marcos
Escudero. Lembráronse os asasinados na Volta da Moura: Víctor Valverde Mayo, José Juan Teijeira Coto,
Saturnino Álvarez Sotelino. Nemesio Álvarez, Ramón Vázquez Martínez, José
Fernández Miniño, Antonio González Pazos, Arturo Saloña Muro e Joaquín Alonso
Granados e as súas compañeiras. Escenificouse o dó e liberouse o pranto. Foi o
domingo seis de agosto. Un mes e medio despois o humilde recordatorio foi
destruído e luxado pola ignominia.
Volvemos
citar o liberal Ignatief: “Una nación incapaz de repudiar un pasado fascista
puede condenarse a un futuro fascista.” E outra cita do mesmo autor: “Los países
no pueden aspirar a permanecer unidos si no llegan a una versión compartida - y
cierta- de su pasado”.
Mércores
1 de novembro de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario