Apuntaba
Jaime Miquel, maio de 2015, en La
perestroika de Felipe VI (RBA,2015), libro que comentamos neste blog a
posibilidade dunha mudanza impulsada dende o propio sistema. Apostaba por una
gran coalición PP-PSOE que impulsase un proceso constituínte, con participación
cidadá e pacto coas forzas políticas emerxentes que confederase tres
territorios (País Vasco, Cataluña e o resto), ratificado en referendo cidadán ao
que tamén se debería someter a propia monarquía. Sinalaba Miquel que a gran
coalición suporía a destrución do PSOE, pero que xa estaba desfeito, e que Filipe
VI, de aí o título, debería impulsar a súa perestroika tanto para salvar o
réxime do 78 a través da súa reforma como a propia monarquía.
Miquel
sabe moito de análises electorais, semella unha persoa sensata e intelixente,
virtudes escasas entre as engurradas, por avellentadas, e corruptas elites
políticas madrileñas. A monarquía participa dos mesmos vellos vicios. Polo que,
coa vantaxe do tempo transcorrido, podemos reafirmarnos no que diciamos cando
faciamos a recensión do libro de Miquel, no 80 aniversario da sublevación
militar que iniciou a guerra de España co seu corolario, corenta anos con
Franco e outros corenta sen el, pero co seu espírito levitando. Apuntabamos
daquela que a “peculiaridade española” condicionará a moitos deputados e
deputadas á hora de apoiar a “Große Koalition”; dun xeito moi especial aos que
tivesen que facer de muleta. Simplemente por unha cuestión da escasa
lexitimidade democrática tanto das orixes do réxime do 78 como das súas elites
xestoras enlamados no, para dicilo suavemente, “franquismo sociolóxico”,
sustento da Segunda Restauración.
Sabemos
o que pasou nestes dous anos dende a publicación do libro de Miquel. Non houbo
gran coalición, o PSOE estourou igual, o trato da “cuestión catalá” retrotráese
ás formas dos primeiros anos do século XX, a esquerda emerxente enleouse na súa
inexperiencia, nas ansias de gloria e en vellas pulsións vangardistas. E a
monarquía, non sabe nin contesta, agárdase?; dá a sensación máis de estar a
preparar o traslado familiar a Suíza que de facer un esforzo por resolver a
crise do réxime e salvarse ela mesma.
O
acantoamento contra as cordas do catalanismo, o “aquí pasou
o que pasou” e a incapacidade
para soportar a frustración puxeron sobre a mesa tanto a cuestión das
nacións como a da república.
Cataluña
puxo a data de caducidade.
Venres,
15 de setembro de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario