Son
dos que penso que o problema de España é de elites. Levan tantos anos mandando
os mesmos. Revoen sen moito pormenor polo pasado século; non é preciso profundar no XIX. Agás no breve
interím da II República houbo algo
semellante a intento de remuda que como sabemos acabou en traxedia.
As
elites en España son mormente da casta casposa. Explícome. Non son, aínda que
tamén houbo, José Antonio Primo de Rivera e Aznar, elites que se sintan ameazadas
e poidan reaccionar agresivas. Senón,
como Primo (pai) ou Rajoy, elites porque
si, porque é o normal, o natural, porque
é o que quere a xente, porque están lexitimados polo sacrificio de 1936 e
outros, por iso non se senten ameazadas
(son consecuencia da vitoria) senón que gobernan agardando o momento, sen présas.
Empregaron
o aparato xudicial para ir resolvendo o “caso” ou “desafío” catalán. Tíñanlle
posto o ollo aos dous que lle puxeran de
entrante, durante anos, “pa amb tomaca”.
Inutilizaron a Mas e Homs disparando dende as máis diversas e plurais frontes.
Cumprido o obxectivo veñen as ofertas: 4.200 millóns en infraestruturas anuncia
Rajoy, hai quen dea máis? Démoslle a Axencia Europea de Medicamentos que Feijoo
non vai dicir nin mú... e algo máis haberá, iremos vendo como se poñen estes
“fenicios”.
Non
sei se os tempos xa están para estas canseiras. Á xente ao mellor gústalle
decidir.
Fálase
do “brexit” como un erro, nos medios continentais, pero non do seu elevado
valor democrático. Algúns seguen pensado que estas cousas é mellor non
preguntalas. Que a xente non sabe.
Equivocáronse os británicos, non, tiveron a posibilidade de tomar unha
decisión.
A
Sra. May ten serias resolucións que tomar e, sobre todo, permitir que outros
tomen outras. A principios de semana o parlamento de Edimburgo solicitoulle a
Londres un novo referendo sobre a independencia. O problema para o equipo da
primeira ministra é cando se vai celebrar, porque ninguén desbota a realización
da consulta. Se se fai pronto, como quere a Sra. Sturgeon, líder do SNP, o
apoio á independencia podería gañar; se
se retrasa, como prefire a premier británica, os beneficios do “brexit”
poderían ser xa visíbeis, se os houber,
e xa que logo a oposición á independencia en Escocia sería maior.
Non
menos complexa é a papeleta no Norte de Irlanda. Londres terá que resolver a
lea entre unionistas e republicanos, por empregar os termos clásicos, que non
dan chegado, con forzas parellas, a formar goberno por mor dos complexos equilibrios que esixe o modelo de
Stormont. Ora todos saben o fondo. Nalgún momento terá que abrirse a
posibilidade de consultar se a cidadanía do Norte de Irlanda quere seguir
vinculada ao Reino Unido ou desexa incorporarse á República de Irlanda.
Estas
cuestións resólvense votando. Para iso hai que poñer urnas e antes acordar as
regras. Cando menos nesta limitada democracia.
Sábado
1 de abril de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario