Círculo límite IV de M.C. Escher. Reproducido en Zimbardo, El efecto Lucifer |
Pregúntase Zimbardo (El efecto Lucifer. El porqué de la maldad, Taurus, 2011) que cando nos enfrontamos a un suceso inesperado, a una anomalía, a un comportamento raro, contrario de basto, a un acontecemento sorprendente, que facemos para comprendelo?
O
xeito tradicional consiste en identificar as calidades persoais (trazos de
personalidade, de carácter, conxénitos e outras predisposicións) de quen
realiza a acción (por exemplo os incendiarios, Puigdemont ou Rajoy).
É
esta a actitude propia das culturas individualistas, como a nosa. Nela procúrase
explicar o heroísmo ou a covardía, a lealdade ou a traizón, a sinceridade ou a
mentira, o egoísmo ou a xenerosidade, o trastorno asasino ou o instante heroico,
en trazos localizados no interior das persoas, na disposición das mesmas. Así
que, ante unha conduta violenta procuramos os riscos da personalidade sádica;
ante un comportamento xeneroso indagamos na predisposición ao altruísmo.
Nestas
culturas as institucións xurídicas, médicas, relixiosas, políticas presupoñen
que o delincuencia, a enfermidade, o pecador ou a actitude opositora atópanse
no interior de persoas concretas. O que procede pois é preguntar: quen é o
responsábel, quén causou o mal, de quen é a culpa, de quen o mérito, quen
prende lume, quen divide os cataláns, quen defende España
Zimbardo
aposta, dende a psicoloxía social, por evitar esta concepción “disposicional” e
opta por interrogarse doutro xeito; por exemplo: que condicións poden contribuír
a que no monte prendan lume, que circunstancias poden xerar que unha parte,
cando menos significativa da cidadanía catalá, como mínimo máis de dous
millóns, desafíen, din algúns, o estado, como se ve unha situación por parte dos
que están metidos nela, que empurra a unha maioría de españois a considerar que
Cataluña lles pertence, que condiciona a Rajoy a tomar, durante anos, decisións
que levan á confrontación cunha parte da cidadanía catalá Era unha
“disposición” persoal ao heroísmo a dos 300 espartanos que se sacrificaron nas
Termópilas ou as súas heroicas mortes foron o resultado dunha “situación” na
que se enguedellaban circunstancias, decisións, aspectos... É o conxénito e
irracional nacionalismo o que empurra a maioría parlamentaria catalá a resistir
numantinamente (lembren o mito do heroísmo español) ante as ameazas do estado,
único e lexítimo executor da violencia, segundo nos recorda M. Weber, ante as
presións internacionais e as perversións dos mercadores? Ten Rajoy un natural
demócrata que o converte nun paladín da legalidade fronte a delincuentes ou a
súas decisión son o resultado de complexos cálculos políticos, electorais e
grupais?
Dende
ese enfoque “situacional” pregúntase o psicólogo social norteamericano por, en
que medida, os actos dunha persoa se deben a factores externos, a variábeis da
situación, a procesos propios dun ambiente , dun momento dado...
Deste xeito
chegamos ás “mazás podres”. Ben se sabe, son as mazás podres as que estragan as
outras que están no cesto. O que cómpre pois é retirar as podres, afastalas das
sas para que a podremia non se estenda. Desarrimando a Puigdemont, e unhas
cantas persoas máis, evitarase o podrecemento
de Cataluña; salvaranse as outras mazás do cesto.
Mais
Zimbardo inquírese polo cesto. Que pasa co cesto? Non é posíbel que a podremia
proceda do cesto? Que sexa que a podremia estea no cesto e non nas mazás?. E,
quen fixo o cesto? Chegamos ao sistema, á análise sistémica, aos que teñen o
poder de crear o cesto.
Di
Zimbardo: “Los creadores del cesto son la “élite del poder” que con frecuencia
actúa entre bastidores: son los que organizan en gran medida las condiciones de
nuestra vida y nos obligan a dedicar nuestro tiempo a los marcos
institucionales que construyen”.
Martes, 24 de outubro de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario