Hai
outra visión economicista da cuestión nacional, ou mellor da reivindicación dos
dereitos das nacións que carecen de estado, entre persoas autoidentificadas
como “de esquerdas”.
É
ben claro que non me estou a referir ás esquerdas que nestes días de inquietude
se ocultan vergoñosas baixo as saias das
chamadas institucións do Estado, do poder gobernativo e das autoridades
xudiciais, sen importarlle de que se trate, cando menos, de institucións
caducas dun estado-nación “fallido”.
Unha destas esquerdas está tan fracturada
que unha parte deixa facer arteiramente para non meter a pata; a outra está
incapacitada, por xenética e historia, para a acción. Os primeiros teñen medo
de escachar o vello vaso de porcelana herdado dos bisavós, obnubilados coa súa
alongada historia néganse a ollar ao seu redor e ser de utilidade. Os segundos
porque pola súa medula espinal sobe unha enxurrada de nacionalismo banal que
diría Michael Billing (Capitán Swing, 2014; 1ª edición de 1995) que os
converteu en protagonistas activos na voadura de pontes con Cataluña e tamén
por seguir interesados en manter o trucado sistema electoral da transición, agardando
que pase o trebón para recuperar
posicións. O malo é que a tronada ameaza con converterse nunha Irma, non doce,
senón a afuracanada que asolou Florida hai uns días.
Na
verdade quería referirme ás outras esquerdas, ás emerxidas polas ondas de
indignación provocadas polo crise de 2008 e a paulatina e parcial descuberta da
cova de ladróns que ocupan as institucións políticas, económicas e xudiciais do
estado corrupto. Esa esquerda na que gran parte da cidadanía, tamén da catalá,
depositou as súas esperanzas rexeneradoras coidando que a vía electoral era a
máis axeitada para contrarrestar o latrocinio, protexer os dereitos sociais e
profundar na democracia.
Mais
esas esquerdas tiveron dous graves erros de percepción. Primeiro non decatarse
da urxencia social dos cambios prometidos e concentrar os seus esforzos na substitución da caduca esquerda española e
ocupar o espazo abandonado por esta coas súas políticas socioliberais.
Pero
sobre todo ao entender o que denominan “plurinacionalidade do estado” como un
simple xogo de modernización lingüística nun proceso constituínte unitario. Déronlle
primacía á cuestión social non porque a tivese naquel momento, que a tiña,
senón para minimizar a cuestión nacional e non postular, con risco evidente, un
cuádruplo proceso constituínte en
Galiza, Cataluña, Euskadi e España “en stricto senso”, dicía alguén. Na
súa particular obnubilación non se decataron de que a crise botou fóra as
elites catalás comprometidas co pacto constitucional do 78 e substituíunas por
sectores golpeados das clase medias e populares.
O
furacán aumenta.
Sábado
30 de setembro de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario