O
fiscal le as conclusión e comeza a esbagullar. Aquelas catro paredes escoitaron,
durante moitos e moitos anos, relatos de crimes terríbeis pero ningún tan
brutal como para escachar a coiraza incorporada baixo a toga dos xuristas. A
defensa expresa a conformidade coas penas solicitadas. Uns poucos minutos antes
das dúas da tarde a presidenta da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra le de
viva voz a sentenza unánime das nove persoas que integraban o xurado, tras unha
breve deliberación. Prisión permanente.
Recoñezo
os feitos relatados pola acusación fiscal, dixo, lacónico.
Con
xesto beatifico, barba recortada, gafa-pasta de novidade, arracada na orella,
estrafalario corte de cabelo de monxe medieval, vestido de elegante “casual”,
cores combinadas, como se fose un disfrace, como se quixese que ninguén o
recoñecese, como se procurase aparentar un estado de chaladura, como se procurase
representar un pesar baleiro, frío, impasíbel, carente de emoción, mesmo con
mirada arrogante cando o fiscal se derruba.
Sentenza
firme. Acatada por defensa e acusación.
Preparou
con tino a mestura de somníferos e diluíno no cola-cao das nenas. Para Anaya, de catro anos, foi suficiente,
incapaz de mirarlle aos ollos cando se achegou coa radial prendida e o coitelo
da cociña. Pero a Candela non, miroulle aos ollos entre o aletargado pestanexo,
poderá esquecer a mirada da cativa?; inmobilizouna con cinta americana,
enchufou a rebarbadora e rematou a faena.
Non
era para elas o castigo. Era interposto para que ela, e todos, sufrise o lume
do martirio do que el está a salvo.
Sábado,8 de xullo de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario