O
día das letras, na fermosa homenaxe a Casares que argallou, no auditorio Lois Tobío de Gondomar, o meu amigo Miguel Anxo Mouriño, Xulián Maure
leu unha das tiriñas de Á Marxe.
Era
un dos textos “agostinos” que o veciño de Vilariño escribía inspirado pola
folganza do verán entre pillar os xornais no quiosco da Ramallosa, as
“tertulias” diúrnas no Monterrey de Baiona e as noctámbulas no Eladio de
Panxón.
Conta
Casares que falaron aquel día da morte de Artur Lundkvist, da Academia Sueca e
con vara alta na concesión do Nóbel, e dun longo e gabancioso artigo sobre a
obra de Torrente Ballester. Daquela pensaran que ían recoñecer o ferrolán co máis importante premio literario.
A enfermidade do académico e o posterior falecemento foron esvaendo a
posibilidade. Nestes ires e vires andaban cando don Gonzalo afirmou : “Pois eu
prefiro que non me dean o premio porque teño medo de que despois, con tantos
cartos, me puidesen secuestrar un neto.”
Xulian
Maure engadiu ao rematar a lectura que el non tiña medo que lle secuestrasen un
neto, pero que como era avó tiña medo que aos seus netos lles secuestrasen a
lingua.
Eu
tamén.
Luns,
22 de maio de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario