![]() |
| Cartel da mostra deseñado por Fino Lorenzo |
Cando un era mozo, hai disto moitos
anos, participabamos nunha asociación cultural das que inzaron polo país nos
primeiros anos setenta do pasado século; unha das actividades primordiais era o
teatro, afeccionado, daquela todo o teatro en galego era afeccionado. A
compañía de rapazolos e rapazolas armaban con absoluta vontade e escasos medios
algunha que outra peza para representar na vila, en mundial estrea, e despois,
en exitosa xira, percorrer as parroquias do arredor e ata algúns dos concellos
veciños. Eran obras de escenificación simple e sobre todo blancoamorianas.
