Amigos e amigas
Dende o pasado mes de novembro dende “A Mini” (Fonte de Zeta 9, Baiona),
puxemos en marcha o intento de arrexuntar poesía e gastronomía, argallado en
torno a mesa e mantel ou a unha simple copa de viño. Son as “Lecturas
poéticas”, coordinadas poeta Xosé María
Álvarez Cáccamo..
As intervención poética está pensada para celebrarse
no exterior, o pé mesmo da Fonte de Zeta, pero como non sempre os deuses do
tempo acompañan, no caso de ser preciso poderemos resgardarnos no interior da
taparía.
Temos este mes unha nova “Lectura poética”. Comezará
ás 12.30 cunha duración aproximada
de 45 minutos Nesta ocasión o filólogo, especialista en toponimia, profesor universitario,escritor,
poeta e reputado palindromista, ademais de numerario da Real Academia Galega, Gonzalo Navaza, dezao de nacenza e
miñorán de residencia, ofreceranos algunha lectura das súas últimas obras
poéticas ou narrativas, ou, coñecéndoo, daquelo que nese momento se lle ocorra,
que será sempre pracenteiro para quen guste de escoitar a palabra sabia e
atinada
Agardámosvos o
sábado 19 de febreiro, un chisco despois do medio día.
Ben sabedes que para que o motor arrinque, cumpre
empuxar
Graciñas