martes, febreiro 11, 2020

Atila no Grove en Santiago de Compostela

Por se este xoves andades por Compostela por alí estarei na compaña do amigo e profesor Lourenzo Fernández Prieto, para presentar unha vez máis o magnifico libro de Antón Mascato Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) (Edicións Positivas).

O acto organizado pola Agrupación Cultural “ O Galo” e presentado por Suso Domínguez será este xoves 13 de febreiro ás 20 h no espazo “Vide, Vide” de Compostela.

Un relato  do período máis convulso da vila do Grove, que transcende, con moito, a memoria local para converterse nunha crónica comprensíbel e valida para tantas vilas, lugares ou cidades do noso país.

Agardámosvos

luns, febreiro 03, 2020

En Rianxo



Onte acudimos, xunto con innúmeras representacións de vontades de nación, a Rianxo; ao chamado do Partido Galeguista para conmemorar o 134 aniversario do nacemento de Daniel Castelao. O amigo, camarada e irmán, de vello, Suso Piñeiro, tiroume esta foto que é ben do meu agrado.

Obrigado Suso