Amigos e amigas
Esta andaina poética da
Mini caracterizouse, en certa medida, pola presentación pública de novas voces
poéticas. Así podemos considerar as sesións protagonizadas por Ánxel Huete,
Fernando Casás ou Maurizio Polsinelli.
Nesta ocasión, dende a outra beira da ría, achegarase ata nós Xabier Boubeta co
seu primeiro libro: O regreso de Vítor
Sánchez (Morgante, 2022).
Xabier Rial Boubeta
(Cangas, 1967) naceu nun fogar de tres irmáns en terra labrega de nai e pai en
mar aberto. Medrou no soño dunha pelota, no teatro con Vázquez Pintor, nas
aulas de Casares e Bernardino Graña, na Filosofía en Compostela, no cuarto
negro do punk rock, no amor ás cousas pequenas, a familia, a sinxeleza; na
xustiza, na igualdade, a timidez, as melancolías; no sabor da ría, na Galiza,
en Azinhaga!. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Psicoloxía
Social é funcionario da Escala Técnica Superior da Universidade de Vigo.
Na súa particular
homenaxe aos mestres asasinados e a todas as persoas represaliadas en Cangas
tras a sublevación fascista de 1936, rescátanos ao mestre Vítor Sánchez nun relato que progresa, ata o seu desenlace, en
versos de concentrado lirismo e potentes imaxes para reivindicar a memoria e a
dignidade das persoas.
O regreso de Vítor Sánchez é a súa única obra publicada, pero no
seu forno hai varios poemarios agardando
Será o sábado 25 de marzo
e comezará ás 12.15h, cunha duración aproximada de 45 minutos. Para limitar
posíbeis interrupcións durante a lectura
A Mini abrirá as súas portas ás 12h.
As intervencións poéticas están pensadas para celebrarse no
exterior, o pé mesmo da Fonte de Zeta, pero como non sempre o demo do tempo nos
deixa, no caso de ser preciso poderemos resgardarnos no interior da taparía.
Se vos presta.
Graciñas
Nota: De ter interese
en compartir mesa e mantel con Xabier Boubeta podedes facer a reserva no 646 74
93 28 ou en resposta este post.