Ángeles Agrela: Ablación da metade esquerda
da lingua ao
retrato dun mozo
de Vicenzo Catena, 2011. Óleo sobre táboa, Ø 92 cm
|
Cóntase
que, en 1804, cando o Papa se achegaba a Napoleón para poñerlle a coroa de
emperador este tiroulla e púxoa el mesmo. Entón o Papa replicoulle: “Ben sei
que a vosa intención é destruír a cristiandade, pero a Igrexa leva case dous
mil anos intentándoo e aínda non o conseguiu”.
Cento
dez anos despois poderiamos lembrar a anécdota mudando de escenario e
convertendo os personaxes individuais en colectivos. Así que cando dos sectores
sociais máis barallocas escoitas a cacharulos múltiples, cacholáns
persistentes, caguiñas diversos, camanduleiros, galdrumeiros, chocalleiros,
garatuxeiros, prosmas, lerchos e laretas de plurais castas e condicións que
anuncian desastres para a nosa lingua e sinalan como
culpables de tales as persoas que a empregan como lingua para “ser e estar no
mundo”; por querela tanto que a chegan a afogar, por insultar a quen non a
fala, por non dotarse dunha metodoloxía da persuasión, por usala como signo de
reivindicación e lexitimación excluínte e porque todo o que se fai
en galego soa a falso, imposto, condicionado, ritualizado e artificial tanto
pola presión dos intelectuais que tutelan a esencia da galeguidade como dos
partidos que empregan a lingua coma arma arreboladiza...