Hai un exceso de política.
Unha sobrerrepresentación evidente. Unha teatralización excesiva. Sábeno ben os
medios de comunicación e manipulación de masas (Chomsky) . Mentres o espectáculo
continúe non hai problema. A seguir, unha boa dose de fútbol madrileño; media
hora co “tempo” e logo máis rexouba.
Hai un exceso de
información, na sociedade de centro comercial predomina o inmediato, a realidade como sucesión de
acontecementos fútiles, evanescentes, volátiles, diluídos, vaporizados... un
permanente xa foi (Bauman), un
premeditado subministro de novas que agochen o conxunto.