O venres 11, ás 20h. no Auditorio Municipal de Nigrán, terei a honra de participar nas actividades argalladas polo concello durante o ciclo do mes da memoria que este ano dedicou á represión sobre o maxisterio, con tres magnificas películas programadas polo Cine Club e a miña charla. Como xa noutras ocasións falei, e publiquei, sobre a persecución do maxisterio miñorán, nesta ocasión centrareime no caso de Sebastián Pena, o mestre de Parada, agrarista e republicano, católico e moderado, pero que non por iso deixou de sufrir as ansias punitivas dos sublevados. Ademais a “memoria” foi moi inxusta con el.
Na imaxe Sebastián Pena cos seus rapaces e rapazas na escola da Parada.
Por si vos presta.