Mañá venres, 28 de febreiro, ás 20:00h estaremos na Biblioteca de Nigrán acompañado a Juan González, alcalde, e máis a Antón Seoane, autor, na presentación de Avelino Cabezas e os seus irmáns.
É esta "unha odisea", unha aventura que recolle a evolución dunha
saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do
século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmáns,
catro cativos de unha rapaza, nados en Narón, entre 1870 e 1878.
É esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento
e éxito comercial, honesto e solidario, recoñecido polo mundo empresarial
porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13
anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires.
Seguiríano os outros catro.
Foi Avelino Cabezas un empresario innovador,
imaxinativa, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no
mundo da publicidade, con escintilante éxito comercial entre o remate do século
XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seus irmáns, que seguiron a súa
senda ata 1936. Do seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, El
Paraíso, na Córdoba arxentina, a outra, Libunca, en Narón.