Amigos e amigas:
Nesta ocasión quixemos dar un chimpo nas nosas lecturas
poéticas, aínda que preferimos facelo con rede, protexidos pola contrastada
experiencia do proxecto Neuston que formulou o noso conveciño da Ramallosa e científico
titular do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Xosé(Pepe) Pintado Valverde.
Tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de
organismos que viven asociados á superficie, na interface auga aire, este
proxecto explora a interface ciencia-arte, suscitando un diálogo na contorna do
mar e das ciencias mariñas en Galicia.
O Proxecto Neuston, proposto como un experimento
transdisciplinario, estableceu a colaboración entre quince científicos do
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e quince artistas plásticos ou
literatos. Tomando como punto de partida unha publicación científica, o
investigador expuxo ao artista un aspecto concreto do seu traballo, que serviu
de inicio a un diálogo a partir do cal o artista realizou a súa proposta.
Para que vos fagades unha idea máis concreta do que se vai
amosar e escoitar o sábado 20 de maio na “Mini” deixámosvos un enlace no que podedes botarlle un ollo ao proxecto (https://doi.org/10.4000/
Acompañando a Pepe Pintado estarán tres dos 15 artistas que
interviñeron no proxecto os poetas Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Gonzalo Navaza e o escultor Fernando Casás. Ademais
poderase contemplar imaxes do Proxecto Neuston.
Se vos presta escoitar o
relato deste innovadora mestura entre ciencia e arte argallada por Pepe Pintado,
alí estaremos.
Será o sábado 20 de maio
e comezará ás 12.15h, cunha duración aproximada de 45 minutos. Para limitar
posíbeis interrupcións durante a lectura
A Mini abrirá as súas portas ás 12h.
As intervencións
poéticas están pensadas para celebrarse no exterior, o pé mesmo da Fonte de
Zeta, pero como non sempre o demo do tempo nos deixa, no caso de ser preciso
poderemos resgardarnos no interior da taparía.
Graciñas
Nota: De ter interese
en compartir mesa e mantel con Pepe Pintado podedes facer a reserva no 646 74
93 28 ou en resposta este post.
Ningún comentario:
Publicar un comentario