De
Compostela ao exilio interior. Unha biografía de Paco del Riego
Mañá venres 28 de abril, será todo un pracer acompañar ao amigo
de vello e longo percorrido, Antón Mascato, na presentación da súa biografía De Compostela ao exilio interior que con
tanto esmero acaba de publicar a Editorial Alvarellos.
Paco del Riego para Antón Mascato foi sempre o faro que marcaba
a dirección no traballo editorial e no compromiso de nación. Tratouno durante
décadas e foi un dos seus primeiro biógrafos, xa na altura de 2002. Daquela
ambos coincidían polo Miñor, Paco cos seus paseos de verán por Lourido; Antón
indo e vindo do Grove ou de Vigo a Gondomar.
Bo coñecedor pois, Antón Mascato, da persoa a quen este ano se
lle dedica o Día das Letras Galegas. Eu que tamén o tratei nas súas estancias
miñorás sempre admirei o sentido da disciplina do militante político que foi
Paco del Riego.
A. Mascato. Foto: C. López |
Ningún comentario:
Publicar un comentario