Amigos e amigas:
Todo vai chegando ao
seu remate. En xuño poñemos punto final ás “Lecturas poéticas na Mini” que
coordinou Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Ao longo deste “curso
pasaron pola Fonte de Zeta, coas súas propias lecturas poéticas ou doutras
persoas, Anxel Huete, Fernando Casás, Marta Dacosta, Maurizio Polsinelli,
Xabier Boubeta, Camiño Noia, Xabier Xil Xardón e Pepe Pintado.
Remataremos o curso
aproveitando o regreso de Luz Pichel a Alén, á súa lugar natal, no concello de
Lalín, a onde regresa polos veráns ou cando pode.
Filóloga, catedrática
de Lingua e Literatura española, reside en Madrid onde exerceu como profesora en
diversos institutos ata a súa prexubilación.
A súa primeira obra El pájaro mudo é de 1990. Entre 2002 y
2009 combinou o labor docente coa dirección, na compaña de Guadalupe Grande, do “Centro
de Estudios de la Poesía, de la Universidad Popular José Hierro” de San
Sebastián de los Reyes.
En 2004 gañou o Premio
Juan Ramón Jiménez e dous anos despois o Premio Esquío con Casa pechada, a súa primeira obra en galego. En 2013 publicou unha
persoal reescritura desta obra en castrapo, lingua de fronteira, co título de Cativa en su lughar. A súa última obra
publicada é Alén Alén (2021).
A súa poesía traspasa
os lindes do código lingüístico a través dun discurso heterodoxo que non
renuncia á emoción comunicativa e que está conseguindo un grande éxito de
crítica e de lectura.Deixámosvos o enlace dun breve vídeo para que vos poidades
achegar á obra de Luz Pichel
Se vos presta escoitar
a súa voz poética, será este sábado 10 de xuño e comezará ás 12.15h, cunha
duración aproximada de 45 minutos. Para limitar posíbeis interrupcións durante a lectura, A Mini
abrirá as súas portas ás 12h.
As intervencións
poéticas están pensadas para celebrarse no exterior, ao pé mesmo da Fonte de
Zeta, pero como non sempre o demo do tempo nos deixa, no caso de ser preciso realizarase
no interior da taparía.
Graciñas
Nota: De ter interese
en compartir mesa e mantel con Luz Pichel podedes facer a reserva no 646 74 93
28 ou en resposta este post.
Un magnïfico peche de tempada. Quero ir escoitar a Luz e apuntarme ao xantar con ela...
ResponderEliminarEsquecín dar o nome: Antón Mascato.
ResponderEliminarAnotado Antón. Vemonos
ResponderEliminar