luns, decembro 10, 2018

Guías caninos


O próximo venres ,14 de decembro, ás 20:00 h na libraría LIBRAIDA de Gondomar estarei acompañando a dous vellos amigos: Bieito Iglesias e Xulio Gaioso na presentación dos seus Guías caninos (Editorial Aira).

Como imaxinades Bieito escribiu e Xulio debuxou esta historia do inspector Benito Marañao que terá que desenguedellar o misterio da desaparición dunha muller que ten na brasa a cidade de Ourense. Está a actuar unha seita perigosa á beira do Miño? Está a actuar un asasino en serie?

Bieito Iglesias retorna ao universo da súa popular obra Miss Ourense. Con moita retranca e un dominio absoluto das técnicas narrativas do xénero, o autor constrúe unha novela negra, que non policial, áxil e chea de humor.

Agardámosvos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario