luns, febreiro 14, 2022

Gonzalo Navaza nas “Lecturas poéticas de “A Mini”



    Amigos e amigas

    Dende o pasado mes de novembro dende “A Mini” (Fonte de Zeta 9, Baiona), puxemos en marcha o intento de arrexuntar poesía e gastronomía, argallado en torno a mesa e mantel ou a unha simple copa de viño. Son as “Lecturas poéticas”, coordinadas poeta Xosé María Álvarez Cáccamo..

As intervención poética está pensada para celebrarse no exterior, o pé mesmo da Fonte de Zeta, pero como non sempre os deuses do tempo acompañan, no caso de ser preciso poderemos resgardarnos no interior da taparía.

Temos este mes unha nova “Lectura poética”. Comezará ás 12.30 cunha duración aproximada de 45 minutos Nesta ocasión o filólogo, especialista en toponimia, profesor universitario,escritor, poeta e reputado palindromista, ademais de numerario da Real Academia Galega, Gonzalo Navaza, dezao de nacenza e miñorán de residencia, ofreceranos algunha lectura das súas últimas obras poéticas ou narrativas, ou, coñecéndoo, daquelo que nese momento se lle ocorra, que será sempre pracenteiro para quen guste de escoitar a palabra sabia e atinada

Agardámosvos o sábado 19 de febreiro, un chisco despois do medio día.

Ben sabedes que para que o motor arrinque, cumpre empuxar

Graciñas

Ningún comentario:

Publicar un comentario