Dende a gran enxurrada migratoria de finais do XIX ata o inicio da
Segunda Guerra Mundial bandea esta odisea de cinco irmáns, catro homes e
unha muller, nados en Narón entre 1870 e 1878.
Unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento e éxito comercial,
recoñecido no mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino,
nado en 1870. Empresario innovador, con sentido da xustiza social, adiantado no
mundo publicitario e de escintilante éxito comercial. Faleceu en 1916. Os
irmáns seguiron a súa senda ata 1936. Do que foi o seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas:
unha, “El Paraíso” na Córdoba arxentina, a outra, “Libunca”, no Narón de
Ferrolterra.
A aventura dos irmáns Cabezas, reconstrúea os seu descendente, o músico
e psiquiatra Antón Seoane. Unha
historia de esforzo empresarial, pero tamén de amores e desamores, mortes
precipitadas, luxo e declive. Editada por Galaxia (2023)
Sobre este relato de Narón falará o autor e máis o escritor, poeta e profesor da UVigo, Manuel
Forcadela na primeira sesión de “Libros
con tapa” da taperia-restaurante “O CUCO”, (Praza da Paradela, Gondomar), o próximo mércores 25 de setembro
entre as 19.30 e as 20.30.
Ningún comentario:
Publicar un comentario