A memoria
familiar, a partir do feito traumático do asasinato, en 1936, do seu avó Darío
Álvarez Limeses, é un dos eixes da creación literaria de Pepe, tanto na súa
intensa e extensa obra poética como narrativa como en Memoria de poeta (Galaxia, 2006), Tempo do pai (Galaxia, 2008) e dun xeito indirecto na novela As últimas galerías (Galaxia, 2015).
Talvez con
esta última achega, gabeando pola arbore
da súa estirpe ata as
pólas dos seus oito bisavós e bisavoas, culmine este proxecto literario
tan persoal. Pepe, de xeración en xeración, vai tecendo o relato das singulares
peripecias vitais dos devanceiros apelidados Cáccamo, Ambrosino, Frieben,
Zimmmermann, Blázquez, Ballester, Álvarez e Limeses, a carón das fotografías que os identifican.
Por se tedes vagar para acompañarnos neste percorrido por unha das familias, os Álvarez, de permanente vocación literaria, cando menos dende mediados do século XIX.

Ningún comentario:
Publicar un comentario