domingo, novembro 20, 2016
Sobre a presecución franquista de cidadáns portugueses
Partillo o
enlace do programa da Rádio e Televisão de Portugal (RTP) Linha da Frente: A
guerra tambén foi nossa. Episodio 33, emitido o 19 de novembro de 2016 e do que
son responsábeis Ana Luísa Rodrigues (Jornalista) e Carla Quirino (repórter de
imagen) sobre a persecución franquista sobre cidadáns portugueses no que
colaborei xunto a outros colegas e
amigos
mércores, novembro 16, 2016
P.S. a Eu fun a Trasalba
No anterior “post” intitulado “Eu
fun a Trasalba” anunciaba que agardaba acudir a Compostela, ao Auditorio, á
homenaxe a Camilo Nogueira. Así foi. Alí estiven, nun emotivo acto que quen
desexe pode ollar, e escoitar, nas alcumadas redes sociais. Do mesmo chamáronme
a atención tres aspectos. En primeiro lugar non só a presenza das catro
portavocías parlamentarias senón a mesurada, comedida e respectuosa intervención
de cada unha delas e, sobre todo, a non menos ponderada e temperada actitude do
público. Tampouco cabía agardar outra cousa. Mais, ao ter que sinalalo, non
semella que fose tan obvio. Estou seguro de que a única persoa que, na Galicia
de hoxe, o podería conseguir é Camilo Nogueira. É público que non quería esta
homenaxe; xa que logo, nesa lóxica, o deseño da mesma foi cousa da comisión
organizadora que se atreveu, ousou, escenificar a atrevida proposta. Seguro
tamén, moi seguro estou, que á feliz resolución axudou o carácter e estilo das
catro persoas que exercen tal rol parlamentario. Se no canto de Puy, Villares,
Leiceaga e Pontón, fosen outras as persoas, a representación non sería tan
sosegada ou mesmo non sería.
luns, novembro 14, 2016
Proporción áurea de Auria
![]() |
| Con Bieito e Perfe na Libraida e o Ouro nas máns (Foto Libraida) |
Os que viñamos dos arrabaldos vilegos de Ribadavia ou do
Carballiño ao entrar na cidade, ollabamos, á esquerda, a estación, nunha “praza
fronteira onde desde hai anos fica varada una vella locomotiva evocadora daquela
primeira Fulton que fumegou en marzo de 1881”[1]
(p.13).
martes, novembro 08, 2016
O cubano
Ata que punto a decisión,
indecisión, acción ou omisión dunha
persoa pode condicionar as actitudes dunha colectividade máis ou menos complexa
ou determinar a súa realidade inmediata? Cal sería o futuro da República se
![]() |
| José Calvo Sotelo |
César non pasase o Rubicón ou non acudise ao Senado aquel quince de marzo? Que
pasaría se o chofer do Arquiduque Fernando non manobrase para volver á ruta
indicada e o motor do vehículo non se detivese? Ou, xa para esaxerar un chisco,
que acontecería se Príamo non acollese dentro das murallas o basto cabalo de
madeira? Que pasaría se o dirixente máximo de Podemos non emitise unha orde-chío un cuarto de hora
antes do remate do prazo legal para presentar candidaturas nas eleccións
galegas?
domingo, novembro 06, 2016
E fun a Trasalba
O meu tío-avó Nilo só
lembraba as cousas pasadas, das actuais, dicía, nada lle gorentaba. Na casa
tomábanlle a chacota as súas saídas.
Sentenciaban: bó ! o que vai é vello”. Ás veces, a verdade, pode ser
compartida.
xoves, novembro 03, 2016
Branco granito azul
![]() |
| Casa doi Raio. Braga |
Baixo polo bulevar inzado de
cor. Viro á esquerda, de súpeto un raio azul clausura a ancha e curta rúa.
Granito reviricocado, rocaille, enmarcando o azul cerúleo dos azulexos que
recobren a cachotería, en contraste co purpúreo da balconada e portas de
acceso, e o branco das dez fiestras que abren o edificio á luz. Construída en
1754 pola imaxinación barroco-miñota de André Soares para un comerciante enriquecido en México. Brillante a recente
restauración.
Apampado polo azul
lostregazo, camiño pola ampla e curta rúa. Á esquerda unha caixa de aceiro
corten agocha a Fonte do Ídolo, seguramente dedicada á deusa Navia, a das augas
que corren. Á dereita unha moderna librería co cuño da Bertrand. A rúa do Raio
sintetiza Braga.
luns, outubro 03, 2016
O éxito do fracaso e o fracaso do éxito *
O empacho
foi moito. Mesmo algunhas convidadas contiveron, con dificultade, as arcadas; outras
non foron quen e arroxaron o viño acedo e excesivo. A saturación foi tanta que
ata os pragmáticos renegaron do “que
haxa eleccións para ver se invitan a algo”.
Entre maio
de 2015 e setembro de 2016, houbo catro enchentes de papeletas, sobres e urnas.
A fartura, e as présas, deixaron a uns con arrebatadores momentos de triunfo,
virados, de súpeto, en depresoras frustracións; outros pasaron de que lle rexeitasen
o convite a sentirse únicos pretendentes; os de máis alá, no seu intento de
saír do pozo no que caeran, fóronse agarrado aos ramallos que puideron pero
todos lle foron partindo e afundíronse a si mesmos; os de máis acó remataron
ledos por pasar do estado de coma ao de
respiración asistida. O que ficou evidente, para desgusto de moitos, é que as
cousas xa non son como eran.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





