xoves, xullo 01, 2021

A viaxe de Roi

 


Despois dunha fin de semana de probas parte a nave de Roi; o próximo venres 2 de xullo. Chámase “La Mini”, conserva o nome da súa dona, Herminia.

É unha ilusión de pai ver a un fillo iniciar un proxecto persoal coa intensidade,  formación e a experiencia dun “chef” madurado durante anos  e a paixón dun namorado da súa profesión, do seu oficio. Xunto a Óscar inician esta viaxe sabendo que o camiño é longo pero que estará cheo de venturas.

Déixovos unhas imaxes, por se queredes botárlle un ollo a algúns dos pratos nos que se equilibra tradición e innovación e coñezades o fermoso local que acolle a posibilidade de degustar sensacións diferentes na hostalaría miñorá.

Está na rúa Fonte de Zeta 9 en Baiona; tfno. 646 749 328.

Parabéns fillo e que o camiño sexa longo, fermoso e cheo de ledicia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario