Onte, na véspera
de San Xoán, estivemos na pontevedresa Casa das Campás presentando Catas na memoria. A persecución franquista no
Val de Miñor (Laiovento) convidados polo Ateneo da cidade que dirixe o
fraternal amigo Xaime Toxo que conduciu o acto con exquisita sensibilidade en
recordo co común amigo Manuel Xordán.
Non puiden
estar mellor acompañado. Afonso Ribas que dende o primeiro momento recibiu con
entusiasmo a posibilidade de editar o libro e o mestre de investigadores e
compañeiro de angueiras sobre o período Pepe Álvarez. Foi un pracer.
Fixou testemuño
do acto o tamén amigo Pablo Ribas
Ningún comentario:
Publicar un comentario