mércores, xullo 10, 2024

Ola Gondomar


 

Mañá día de San Bieito do verán partimos cunha nova iniciativa dos meus fillos (Roi, Carlos e Patri) na que viñeron traballando con moita ilusión, non só eles, senón ducias de amigos e amigas, familiares diversos e traballadores entusiastas que fixeron posíbel que con escasos medios poidamos ofrecer unha alternativa gastronómica e de lecer que coidamos precisa Gondomar.

Así que alí estremos, no Cuco, na praza da Paradela, a partir de maña 11 de xullo, facendo un esforzo para non faltarlle a San Bieito aínda que sexa cunha Carta Express para, na semana seguinte, poñer proa definitiva. Agardamos que vos acheguedes para coñecer o CUCO- RESTAURATE-TAPERÍA, onde se fai COCIÑA CON PAIXÓN.

2 comentarios: