O próximo venres 14 de novembro as 19.30
h. terá lugar a segunda das sesións
dedicadas a conmemorar os 75 anos da
Editorial Galaxia, organizadas polo Concello de Nigrán baixo a denominación de "Nigrán
e Galaxia" por mor da especial relación que houbo entre Francisco
Fernández del Riego e a praia Lourido e de Carlos Casares con Vilariño.Será nos
Cines Municipais de Nigrán, no Centro Comercial da Ramallosa.
Nesta ocasión abordarase a figura de Otero
Pedrayo, que é como dicir Galaxia, editorial que presidiu dende a súa
constitución ata o seu falecemento en 1976. Mais tamén entre don Ramón e o Val
de Miñor hai unha relación como nos contará a amiga Patricia Arias Chachero que
tanto estudou a súa vida e obra.
PATRICIA ARIAS CHACHERO
Naceu en Ponferrada, mais criouse en Ourense. Estudou Filoloxía Galego Portuguesa; é profesora de secundaria. Comezou o seu activismo cultural na Fundación Otero Pedrayo, da que na actualidade é secretaria. Colaboradora habitual de varios medio entre os que destacan Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista, Grial, A Nosa Terra, Madrygal, Barbantia, Sermos de Nós Diario, ou a revista dixital Cómaros Verdes. Estivo no Consello de Redacción de Longalingua, revista da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2019 forma parte do consello de administración da Editorial Galaxia. É autora,co autora e editora de varias obras entre as que salientan: Vida e obra de María Mariño; As colareiras do Grove; Trasalba, terra literaria. Unha viaxe a través da obra de Otero Pedrayo; ou Aquilino Iglesia Alvariño. Na actualidade é a editora de textos fundamentais da nosa literatura, como os dedicados ás autorías da Xeración Nós, editadas en Galaxia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario