![]() |
| Memorial en Monçao |
xoves, xuño 04, 2015
Dunha a outra beira*
xoves, maio 28, 2015
Saom Sarmento e criado a veira de Portugal*
Os estudosos da lingua e da literatura galega teñen
![]() |
Diego Sarmiento de Acuña, 1º Conde de Gondomar
|
denominado
aos séculos XVI e XVII como “os séculos escuros”. Esta denominación
podería estenderse ao século das luces, aínda que neste se observen certas
mudanzas na mentalidade de sectores influídos polas ideas ilustradas.
Nestas centurias, a lingua galega escrita practicamente
desapareceu. O galego quedou reducido a unha lingua familiar e coloquial, xusto
no momento en que outras linguas romances comezan a substituír ao latín na vida
cultural, política e administrativa.
venres, maio 22, 2015
Incrédulos
![]() |
Caravaggio
(1571-1610)
A
incredulidade de Santo Tomás ( Incredulità di San Tommaso)
1602.
Óleo sobre lenzo, 107X146cm
Palacio
de Sanssouci, Postdam, Alemaña
|
Pintou corpos e non espíritos. O seu realismo non era
apreciado naqueles tempos tridentinos. O negror das tebras caracterizárono.
Creou longa e farturenta ringleira de seguidores, máis duradeira que a súa
curta vida e máis escura que a súa mente atormentada polo crime. Mais non puido
fuxir do seu tempo; somos máis fillos do noso tempo que dos nosos pais,
escribiu Marx. Os seus modelos apañados, entre borrachos e prostitutas, nas
rúas inmundas de Roma e nas tabernas que frecuentaba convertíaos, sobre o
lenzo, en apóstolos, santos, cristos ou virxes... como este incrédulo Santo
Tomás. Ben sabe a persoa lectora, un apóstolo de Cristo que non cría na
resurrección do seu líder e mesmo tivo que meter os dedos na ferida aberta pola
lanza do soldado imperialista; como sabe tamén que a imaxe que se incorpora
nestas miñas colaboración serven só para “iluminar” o texto sen outra
pretensión.
martes, marzo 31, 2015
O grito
![]() |
|
“El grito”
Hermenegildo Sosa
Óleo sobre tela
130x90
|
Chamoume a atención o óleo que
ilustra estas liñas. O autor, Hemenegildo Sosa, un pintor nacido (1946) no
estado de Tlaxcala, no corazón do México insurxente que nos narrara John Reed1 antes de relatarnos os dez días que
abalaron o mundo. Sosa é un paisaxista recoñecido, en principio afastado do
expresionismo de Munch de quen tomou o icónico título.
luns, marzo 23, 2015
A creba dos Álvarez
![]() |
| Xosé María Álvarez Cáccamo e Carlos Méixome Quinteiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Gondomar) |
A violencia
fascista levou á morte por fusilamento ao meu avó Dario Álvarez Limeses e ao
seu sobriño Alexandre Bóveda, ao exilio ao curmán de meu pai Xerardo Álvarez
Gallego, ao desterro ao meu pai e a outro curmán seu, Emilio Álvarez Gallego, á
cadea ao meu tío Darío Álvarez Blázquez no 47.
Con este tráxico reconto familiar, tirado da súa Memoria de poeta (2006),
enceta Xosé María Álvarez Cáccamo o seu libro A Voz quebrada. Da memoria
histórica e o terror fascista (2014). Catorce textos, breves na súa
maioría, escritos, ou ditos, entre 2003 e 2014, pero publicados sen orde
temporal, que nos falan da “verdade na conciencia que ás veces confundo a miña
memoria coa dos meus maiores”. Preguntábase Benjamin, nunha das súas teses
sobre a historia: “Acaso nas voces ás que lle prestamos ouvido non resoa o eco
doutras voces que deixaron de soar”. Velaí o carácter matricial da memoria que
fica ancorada nos feitos singulares sempre en transformación, aberta, que nunca
remata por fixarse, sempre influída por acontecementos posteriores, por
experiencias que se superpoñen e van modificando o recordo ata que: “Creo que
eu estaba alí, en Tui, o dia 30 de outubro de 1936, ás seis horas e corenta e
cinco minutos da mañá, e que puiden escoitar os tiros que lle arrincaron a
vida” (refírese ao seu avó Darío Álvarez Limeses). A memoria e a historia teñen
unha mesma preocupación: o pasado; pero entre ambas existe unha xerarquía. A
memoria é fonte, a historia relato. A historia nace da memoria e despois ten
que se liberar dela. O que nos ofrece Pepe Cáccamo é memoria “fondeada en
sombra fría de dor” que nos acompaña na “alba insomne” e se revolve contra o
“negacionismo erixido polos responsables do xenocidio e da ditadura” para
lembrarnos “aquel programa de exterminio exhaustivo” que se impuxo en 1936 “por
maioría absoluta de terror” e soñar coa vinganza, coa lexítima vinganza que non
pode ser realidade.
xoves, marzo 12, 2015
Árbore que acolle
![]() |
|
O carballo do quinteiro / A. Castelao /
Período 1922/1929 / 38x55,50 cm. / Sala permanente. Museo de Pontevedra |
Tamén entre nós hai variedades de quercus, o común, o cerquiño, o albar, o caxigo, nos últimos tempos o americano... en fin, a sobreira dos nosos vales oceánico-mediterráneos, ¡un día ollei o sobreiral do Arnego dende un curuto de corvo!, é do mesmo xénero ao igual que a aciñeira, a cuxa sombra, dunha “que já não sabia a idade”, xurou, o Zeca, ter por compañeira a vontade de Grândola, terra da fraternidade, a verba ou verbo do que tanto gustaba o carballo dobre que era Francisco Carballo Carballo.
Nin
Paco, nin Francisco, para nós era “O Carballo”, só “ O Carballo”, que acollía a
todos, como o carballo do quinteiro de Castelao. Con quen sempre podías contar:
para presidir a Cultural ou Promocións Culturais, para un ciclo de conferencias
de historia ou botar un mitin, para a conversa privada, para a reflexión
ideolóxica ou para que nos representase como colectivo...
Vén de deixar un oco na memoria das persoas e da
nación. Finou en Salamanca o pasado 29 de novembro. Foi soterrado en Asadur,
onde nacera en 1925. Mente analítica, sintética, conceptual, brillante,
contundente, provocadora... Xesto acolledor, de sorriso permanente e espontánea
gargallada. Así era o crente, cristián e paúl que quixo que o incinerasen, a
súa última provocación.
Regresei
a algúns dos seus libros e por riba de todos ás súas conversas con Santiago
Prol e Xan Carballa, publicadas a comezos do 2002.
Entresaco:
“Hoxe o socialismo histórico e o comunismo fracasaron
pero a inspiración non. Hai que crear unha alternativa a ese capitalismo
salvaxe e pódese chamar socialismo. Non temos ningunha experiencia mundial,
temos o fracaso histórico das formas que adoptou, tanto a comunista como a
socialdemócrata, na que queda unha levísima esperanza. Pero non nas formas que
adopta a terceira vía, a terceira esquerda, o liberalismo libertario... puro
artificio lingüístico. Hai que crear unha alternativa seria de igualdade, de
paz, que estaba nos pensamentos filosóficos con Marx e despois de Marx(...) Ás
veces escribo que o nacionalismo galego debe reelaborar esas cuestións, porque
a socialdemocracia non é satisfactoria. (p. 77)”
“Para min é determinante a decisión de Bóveda e
Castelao para darlle a Galiza unha capacidade de autodeterminarse. Outros non
aceptan a autodeterminación. Pensaban en mellorar Galiza, facela parte do
suxeito España e mandar dentro dese suxeito político cunha parte alícuota. Para
Castelao e Bóveda Galiza é suxeito per se, ten que andar por si. Esa era a
diferenza, e esa segue sendo en certo sentido. Os que din “somos unha nación, temos que dende Nós poñernos ao día, estamos conectados
xeográfica e historicamente cun mundo nos que nos interesa apoiar e estar
apoiados”, e outros din: “somos parte dun conxunto no que nos movemos,
el é o sol e nós os satélites”. ( p. 145)”
“Penso que unha nación pode exercer a súa soberanía
nun estado que abrangue varias nacións e en formas supraestatais (...) O
nacionalismo como praxe política pode convivir con formas diferentes da
independentista. O nacionalismo non leva sempre á reivindicación dun estado
propio (p. 156)”
“(...) o
proceso de avance dos grupos subalternos ten que aproveitar todas as
oportunidades de facerse con espazos fronte á hexemonía do poder. ( p. 159)”
No
acto de recoñecemento que organizou o concello de Maceda o pasado 27 de
decembro Xavier Vence lembrou unha frase, moi do Carballo, directa, concluínte:
“Sobra ortodoxia e falta ortopraxe”.
Como cando o coñecín, hai trinta é cinco anos, a expresión política da nación cidadá sofre unha profunda crise, por erradas decisións políticas e pola fragmentación, ás veces cainita. Cómpre o tino e sabedoría de varios Carballos para recompoñer a expresión política da nación. Non temos moito tempo.
Como cando o coñecín, hai trinta é cinco anos, a expresión política da nación cidadá sofre unha profunda crise, por erradas decisións políticas e pola fragmentación, ás veces cainita. Cómpre o tino e sabedoría de varios Carballos para recompoñer a expresión política da nación. Non temos moito tempo.
mércores, marzo 04, 2015
A República en Crecente
Crecente é un concello ben revirado, como o Miño, ao
que se pega para acompañalo. Estarrícase dende Arbo ata Melón, deixándolle o
monte para os da Cañiza, mentres mira con sosego para Melgaço e os concellos
ourensáns da Arnoia, Cortegada, Padrenda e coido que algún máis. Non sei se
lembran o debuxo de Castelao, no álbum Nós, o cativo requírelle ao avó:
“E os da banda d'alá son máis estranxeiros que os de Madrí?”, engade o
rianxeiro entre paréntese “Non se supo o que lle respondeu o vello”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.jpg)