Foi todo un pracer achegarse ata Vilalba convidado polo
Instituto de Estudos Chairegos (IEsCha), canta faltiña nos fan asociacións
cidadás como esta, oxalá que incen; para falar de memoria, de historia e das
leis de memoria. Fomos acollidos por amigos de longo percorrido e presentados
pola súa presidenta, e tamén amiga, Marisa Barreiro.
Déixovos o enlace co faladoiro que eles presentan na súa páxina,
por si a alguén lle pode interesar.
Por certo tampouco deixamos de mercar un queixiño de San Simón.
Mil grazas polo convite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario