Prezados amigos, prezadas amigas
Unha
das parellas artístico-literarias máis consolidadas do panorama cultural, de
gran parte do mundo, e, por descender ao concreto, de Galicia, e, con maior
precisión, a un dos seus ámbitos de actuación, o miñorá, é sen dúbida a formada
por Xosé María Álvarez Cáccamo (Pepe Cáccamo) e máis Baldo
Ramos, celanovés de nacenza pero enxerido no Miñor e longas etapas anuais e
ata, nalgunha altura, profesionais. Nin é a primeira vez, nin ao mellor a
última, e nón digamos a derradeira, que xuntos armaron exposicións ou
compartiron proxectos literarios. Dende 2014 os seus mundos literarios
comezaron a orbitar arredor da poesía visual, sobre o libro como soporte
plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.
Criptografías son poemas visuais “de liña
letrista” que conversan con textos poéticos escritos coa intención de esvaecer
a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta que foi
coidada co esmero profesional, ao que xa nos ten acostumado, polo seu editor
Henrique Alvarellos.
Os tres, Pepe Cáccamo, Baldo Ramos e Henrique Alvarellos estarán o
venres 24 de febreiro ás 20h na libraría Libraida de
Gondomar (Rosalía de Castro,13). A nós cábenos o
honor de ofrecerlle a cerimonia do saúdo.
Achegádevos pois seguro que é do voso interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario