"Maite ensinoume que hai
outras maneiras de transitar o último camiño; dende a decisión e a dignidade.
Ninguén, hoxe, ten que afrontar os cen metros finais sen axuda e menos con dor
ou agonía. Ela, por riba de todo, quería ser coherente coa percepción de finitude
que habitaba corpo e mente.
Asomada a ese precipicio
insondábel, sirva o seu exemplo, un máis, para todos aqueles que solicitan,
serenos e lúcidos, que se lles axude a cruzar a derradeira ponte. Dignidade,
consciencia e valor en quen o demanda; conciencia humana e moral médica en quen
o aplica". (Da contracapa)
PRESENTACIÓN EN NIGRÁN
Venres 26 de xuño ás 20.00h.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN
INTERVEÑEN:
Carlos Méixome (historiador e escritor)
Xan Carballa
(xornalista e editor)
Irene Esperón
(Psicóloga clínica. Experta en paliativos e bioética)
Antón Seoane
(Autor, psiquiatra e músico)
Juan González
(alcalde e historiador)

Ningún comentario:
Publicar un comentario