martes, xuño 23, 2026

Na conmemoración da vontade de nación

     O 24 de xuño de 1891 comezaron os Xogos Florais de Tui que se desenvolveron en galego con Murguia, Lago, futuro arcebispo, e Antonino Cerviño como protagonistas. Coincidindo con esta data presentamos unha achega á historia tudense limitada ao primeiro terzo do século XX.


    "A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicio do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou “peineta” que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron parte do mesmo tecido social, económico e político en que se enxertou a vida desta cidade miñota.

    Unha das pretensións explícitas de Tui, 1900-1936, da man de Carlos Méixome, Bieito Alonso e Xosé Ramón Paz, é recuperar a historia de moitos deses seres de abaixo, que apenas circulan polos vieiros do relato máis común". (Da contracapa).



Ningún comentario:

Publicar un comentario