Mañá sábado contra o mediodía, ás 12, estaremos
acompañando a Fernando Casás nese espazo tan ben recuperado polo concello da
man da arquitecta Rosa Mouriño que é o vello matadoiro.
Mais non
imos deixar só a Casás falando cos térmites neste primeiro acto argallado polo
Fundación Fernando Casás-Mina Marx para presentar, na súa vila de nacenza, o
seu libro de artista. Poderemos escoitar o dialogo con Xosé María
"Pepe" Álvarez Cáccamo e como fin de festa as palabras do artista na
voz da actriz Xela Marx e na música de Carlos Enrique Pérez (piano) e Daniel Pérez
Torres (frauta).
Todo "feito
en Gondomar".
Por se vos p
resta achegarvos...

Ningún comentario:
Publicar un comentario