venres, decembro 01, 2017

O Capitán Castaña


Foto: Jaume Torrelló
Eduardo Pérez Míguez tiña 12 anos cando o Mosteiro de Oia se converteu nun campo de concentración. Era o sancristán e tocoulle vivir de preto aquelas tristes xornadas e asistir aos 24 enterros que tiveron lugar entre o 25 de febreiro de 1939 e o 20 de maio do mesmo ano.

    Os 24 mortos fórono segundo o “certificado facultativo” por consecuencias naturais: colapso, gastroenterite, pneumonía, enterocolite, febres tifoides, colite intestinal, astenia, embolia cerebral, nefrite, broncopneumonía, etc. ... son as causas das defuncións segundo as actas do Rexistro Civil de Oia.

    A  realidade é que a maioría morreron de fame e diarrea. Relata Eduardo Pérez Míguez, o noso informante: “... comían a “botella” (un tipo de alga), comían a herba crúa do campo...”

    Das 24 defuncións producidas entre finais de febreiro e finais de maio, 20 producíronse cando era  comandante do campo o capitán Maximino Méndez Varela, coñecido entre os presos como “Capitán Castaña”. O noso informante relátanos que na porta do mosteiro colocaban unhas grandes potas cheas de auga, cortaban uns piñeiros verdes para quentala un pouco e botábanlle unhas castañas. “Non moitas, non moitas, ao que lle tocaba unha castaña era feliz”, dinos o noso informante.

    Tamén nos relata que as cousas melloraron algo cando o “Capitán Castaña” foi substituído na xefatura do campo polo Tenente Coronel Carlos Cabeza.

    O campo de concentración de Santa María de Oia funcionou en dúas ocasións. Nos últimos meses de 1937, coincidindo coa toma de Xixón polo sublevados, e nos primeiros meses de 1939, tras a caída da fronte de Cataluña. Nesta segunda xeira distintas informacións falan de entre 3.000 e 4.000 presos. Os mortos rexistrados son todos naturais de Cataluña agás dous nacidos na provincia de Murcia, pero entendemos que residentes en Cataluña.

O de Oia funcionou como un campo de clasificación inicial onde se peneiraban os presos segundo as súas responsabilidades e ordenábanse en catro categorías que ían dende os simple afectos á República, pasando polos que non tiñan responsabilidades penais, polos mandos do exército republicano, responsables políticos ou sindicais ata os que eran cualificados como criminais. Así que os presos estaban alí á espera de documentos que os identificasen ou de familiares que os reclamasen.

    Os presos ilustraron as paredes das salas onde se amontoaban para durmir de graffitis que reflicten as súas preocupacións, os nomes, algunha que outra consigna política pero sobre todo abundan calendarios e anotacións sobre os días que van pasando e fabulosas mesas cheas de viandas como a que ilustra estas liñas.

Luns, 27 de novembro de 2017


3 comentarios:

  1. Mi abuelo el Capitan Castaña fue encarcelado por su propia régimen por defender los presos, lo primero que hizo fue romper los bancos de la iglesia para hacerles camas, les recogio el dinero republicano y se fue con un camión a Portugal donde se lo aceptaron y les compró comida, les permitió salir del monasterio con la promesa que regresaron por la noche y nunca le falto ningún preso, desde camposancos le pidieron presos para fusilarlos y el se negó a entregarlos.
    Los presos en agradecimiento pusieron dinero y le hicieron un busto ya que uno de ellos era escultor y ese busto aun lo conservamos en la familia.
    Cuando el régimen se enteró de todo esto lo encarcelaron en Vigo
    La historia partidista se cuenta como se quiere

    ResponderEliminar
  2. El que reclamaba presos para fusilar en camposancos era un guardia civil apellidado Alonso, en varias ocasiones solicitó a mi abuelo presos pero mi abuelo se negó y este personaje enfurecido lo denuncio al régimen. Mi abuelo espero juicio en cárcel de vigo, en el juicio alegó que no los entregó por conciencia religiosa, y fue absuelto, pero ya nunca fue el mismo el capitán de infantería.
    Pregunten por el pueblo por mi abuelo, mi tio cuando va lo reconocen y hablan bien del, dicen que el dejar salir a los presos fue un acierto, el pueblo mejoró, los familiares venían y se alojaban en las casas, se abrieron tascas y se movió la economía del lugar. Nunca le faltó ni un preso y de eso alardeaba mi abuelo. la palabra valía mucho antes.

    ResponderEliminar
  3. Decir que entre todos los presos pusieron dinero y le hicieron un busto tamaño natural a mi abuelo Maximino Méndez, lo esculpio uno de los presos que era escultor, un republicano de cataluña. Mi madre cuando vivió en Oia tenía cuatro años. La guerra fue mala para todos.

    ResponderEliminar