O cabo de asalto Francisco Lores López |
Porque, e cómpre dicilo unha
e outra vez, aquilo comezou cun golpe de estado que uns pouco militares
conxurados, insubordinados contra os seus mandos, insubmisos ante a xerarquía
militar e sublevados contra o poder político lexitimamente constituído,
iniciaron,no norte de África, a tarde anterior e, nalgunhas, poucas, capitais
peninsulares, aquela mesma mañá na que o cabo Lores se dirixía a cumprir co seu
deber.
Aproveitamos as verbas
escritas para relembralo unha vez máis (Fernández Prieto e Míguez Macho [2018]):
Contra a crenza común, é no
golpe e non na guerra onde debe atoparse o sentido das matanzas. En realidade,
todo está dito e escrito nos plans do golpe e no recoñecemento que os
conspiradores fan neles sobre as dificultades obxectivas que esperan atopar
para triunfar. (...) O golpe, non a República, é a orixe da guerra civil, e
inaugura/desata as matanzas (...) moitos dos debates sobre as causas profundas
da guerra e as súas raíces saltan por riba da historicidade do golpe e obvian a
súa materialidade.
1.- A viaxe de Paco Lores.-
O vigués de nacenza e cabo
do corpo de asalto destinado en Oviedo, Francisco Lores López, prestou
declaración, con escasa diferenza de días, en cada unha das causas militares
nas que se viu imputado. O primeiro dos seus testemuños, realizado o 11 de
decembro, forma parte da instrución da causa nº 178 que seguiremos de preto. O
segundo, recollido na causa 887/1937, efectuouno sete días máis tarde. Entre
ambas declaracións non hai diferenzas substanciais, agás unha mellor redacción
por parte do secretario da primeira das causas citadas.
1.1.-A “caravana” en defensa a legalidade republicana.-
O relato de Lores comeza o
día no que se coñece a sublevación militar. Ao ter coñecemento do mesmo, os
mandos do corpo de asalto ordenaron concentrarse no cuartel. Sobre as seis da
tarde a súa compañía, a 18, recibiu a orde de trasladarse ao goberno civil, co
capitán Curiel, o tenente Yush[2] (sic)e os sarxentos Peñarredonda
e Navarro á fronte. Ao cabo ordenáronlle que, coa súa escuadra,vixiase a porta
principal. A este fin empregou catro dos cinco gardas dos que dispoñía.
Ao pouco o tenente Lluch
ordenoulle que lle fixese escolta con tres gardas para ir a Madrid. Ao comunicarlle
que só contabacun libre, respondeulle que non importaba, que co que tiña e
outro máis era suficiente. Acompañou pois ao tenente xunto cos gardas Serafín
González Enriquez e Antonio Alonso Alvariño, e mais, a proposta do cabo, o
tamén garda Antonio Sánchez Rodríguez, por ser este de Madrid. Os cinco figuran
imputados na causa 887/1937 polo delito de rebelión militar.
Rematada a cea,trasladouse
ao cuartel de Santa Clara para recoller o equipo. Alí atopousede novo co
tenente, quen lleordenoulle achegarse ata o goberno civil onde se estaban
arrexuntando autocares, camións da Campsa e outros particulares para formar a
columna motorizada que se ía desprazar a Madrid en defensa do goberno, para
comprobar que tivesen aceite e gasolina. Ao comunicarlle, telefonicamente, que
o ordenado estaba cumprimentado, o tenente dispuxo que baixase ata o cuartel
cun dos autocares. No propio cuartel e dende uns camións escoltados por
soldados, en presenza de mandos do exército, transportaron armas, uns 80 e pico
mosquetóns, e subíronos ao autocar, ao tempo que, comprobaban e vixiaban a
operación. Rematado o labor, incorporáronse á caravana formada diante do
goberno civil en presenza das autoridades civís e militares, incluíndo o
coronel Aranda co seu estado maior, o gobernador civil[3], o coronel da garda civil
e o comandante de asalto Ros.
Causa 887/1937. AMINOR. |
A partir das declaracións
que o cabo verteu na instrución do expediente aberto polos mandos militares de
Oviedo que rematou converténdose na causa 178/1936, así como das recollidas na 887/1937
contra o tenente Lluch, os gardas citados e propio Lores, e tamén dos atestados
da GC de Ponferrada e Vilamartín de Valdeorras; das declaracións do cabo ante o
xulgado militar de Ourense e do informe do xuíz instrutor desta ultima cidade,
podemos reconstruír a viaxe do cabo Lores dende Oviedo ata Benavente, pasando
por Mieres e León, para retroceder ata Ponferrada e, a pé, chegar ata
Vilamartín de Valdeorras, co seu posterior traslado a Ourense e o regreso a
Oviedo.
1.2.-Comeza a viaxe
A caravana integrada por uns
15 vehículos, entrecamións, autocares e coches máis pequenos, saíu sobre as 12
da noite cara a Madrid ao mando do tenente de Asalto Francisco Lluch. Nalgúns
traballos dáse a cifra duns 500 homes.Unha hora máis tarde partiu a columna
ferroviaria con dúas locomotoras e 12 vagóns cargados ata os topes. Fálase dun
total de 4.000 mineiros armados, sobre todo, de dinamita transportada e dous dos
camións da columna motorizada. Debía ser un formigueiro de xente, achegada
dende as vilas e aldeas dos arredores da capital,que se foi concentrando á
beira dos automóbiles, no antigo campo da lá, hoxe no centro da cidade.
Saída da “caravana”segundo a ilustración de de Carlos Saenz de Tejada[4] para o libro de Arrarás[5]. No pé di: “... La columna ha partido entre estruendosos vivas y “U. H.P.” |
En Mieres, sumáronse á
expedición máis paisanos eo tenente ordenou o reparto dos mosquetóns aos
incorporados de novo. Sobre as dez da mañáchegaron a León, onde fixeron un alto
paraagardar pola columna ferroviariae descansar. Puxeron os vehículos diante da
deputación provincial. Mentres, oficiais do exército e gardas de asalto repartíronlles
aos paisanos entre cento cincuenta e douscentos fusíse algunhas metralladoras
que retiraran do cuartel. A partir de entón tomou o mando da expedición un
comandante do estado maior do que di o cabo Lores descoñecer o nome[6].
Chegaron coa noite a
Benavente, onde lle deron orde de retrocederao terse coñecemento de que varias
guarnicións se sublevaran, e non só a de Valladolid que pensaban render de camiño
a Madrid[7].Ante o temor de que a
guarnición de León tamén se sublevara, como así acontecerá na mañá seguinte,dispúxose
o regreso por Ponferrada entre as expresións de ledicia dos mineiros desexosos de
regresar a Oviedo para recuperala para a causa republicana[8].
Na capital do Bierzo tívose
noticia de que se sublevara a guarnición de Oviedo e que o grupo de asalto
fixera causa cos rebeldes, tomando o mando o comandante Caballero[9], polo que, segundo declara
o cabo Lores na instrución da causa, “no queriendo
luchar contra sus compañeros y aún más, siendo su deseo apoyar al movimiento
nacional que el declarante no tiene inconveniente de calificar de movimiento de
redención ya que hasta entonces estaban las Fuerzas de Asalto cubiertas de
ignominia”, díxolle ao garda Antonio Sánchez Rodríguez que
“contra sus compañeros no iba”, polo que acordaron desertar sen poder poñerse
en contacto cos outros dous compañeiros que estaba seguro pensaban igual ca eles.
O acontecido en Ponferrada seguímolo
a través do atestado da GC asinado polo comandante deste posto, Benito del
Valle, con certa posterioridade aos feitos, o 16 de agosto. Segundo o escrito
do garda civil, Lores e o seu compañeiro presentáronse na casa-cuartel, sobre
as dez da mañá do día 20, para que lles desen auga e dicindo que se marcharan
da columna “marxista” xa que preferían morrer antes de ter que abrir lume
contra o exército, a garda civil ou os seus compañeiros de armas. Nese momento,
di o redactor do atestado, xa se lle vían as ganas de ficar no cuartel. Cando a
columna ía emprender a marcha de regreso a Asturias, baixaron do camión e agocháronse
tras unhas matogueiras. Cando partiu, presentáronse de novo no cuartel da GC e explicaron
os motivos de abandonar a caravana así como lle advertiron da posibilidade de
que sufrisen un ataque. A indecisa autoridade da GC, recomendoulles que se
dirixisen a León e se presentasen ante os mandos do seu corpo nesta cidade.
Marcharon do cuartel co temor a ser vistos polos da outra columna que remataba
de chegar á estación do ferrocarril. Pero como as comunicación estaban
interrompidas e a estación “tomada por elementos marxistas”, mandados polo
tenente Alejandro García Menéndez, e temendo que os obrigasen a incorporarse de
novo, despois de agochar as armas, cos monos e sen insignias,fuxiron polo
monte. Esta segunda “forza marxista” foi a que mantivo un tiroteo, sobreas tres
da tarde, co posto da GC. Aquela mesma tarde os gardas de Ponferrada viron ao
cabo e ao seu compañeiro sen armamento. Asegura o autor do atestado que “no
hicieron armas contra las fuerzas deste instituto” e que se pode apreciar neles
un verdadeiro amor polos seus compañeiros de armas.
A
columna ferroviaria e parte da motorizada chegou na mañá do 20 a Ponferrada. Os
gardas civís, por orde do xeneral Bosch e baixo o mando do capitán Román
Losada, concentráronse na casa cuartel dende onde controlaban a estación do
tren. Á capital berciana acudiran tamén centos de obreiros da zona. Parece que
o tenente de asalto, Alejandro García Menéndez, que estaba á fronte da
expedición de retorno, intentou parlamentar e entrou na casa cuartel coa
bandeira branca, pero foi detido polos sublevados que fixeron fogo de
metralladora sobre a masa de mineiros que agardaban na praza. Estes atacaron con
dinamita e a súa escasa fusilería, pero a maioría non tiñan armas e retiráronse
en tren ata Villablino e dende alí como puideron regresaron a Asturias. Os
primeiros disparos producíronse sobre as tres da tarde e prolongáronse ata a
noite. A chegada dunha columna de 200 soldados procedente de Lugo, precedida
por aeroplanos con metralladoras remataron coa resistencia obreira en
Ponferrada. Ao tenente García Menéndez fusilárono aos poucos días xunto ao
alcalde da vila, Juan García Arias, e mais ao dirixente sindical Arturo Pérez
Pita[10].
Ao
estudar as causas militares, cómpre non
esquecer a súa necesaria “lectura profunda”, como dirían os estruturalistas.
Nas causas ninguén conta exactamente a verdade. Os imputados pretenden reducir
as súas penas, polo que procuran alegar que a súa actuación foi obrigada pola
ameaza, a presión, o medo, por obediencia a ordes superiores, por descoñecemento
da declaración do estado de guerra, etc., ou, neste caso, por unhasúbita
identificación coa causa dos sublevados a través da solidariedade cos
compañeiros de armas.
Cal
foi a actuación do cabo Lores nos feitos de Ponferrada non fica claro na
instrución da causa. É evidente que el
trata de zafarse,de salvar a vida. Como tampouco hai ningunha claridade a
respecto do que pasou na casa cuartel de Ponferrada co tenente García Menéndez.
Na instrución nunca se cita a chegada á vila berciana da columna militar
procedente de Lugo, nin dos aeroplanos, presenza que coidamosexplicaría que o
cabo Lores e o seu compañeiro andasen fuxidos durante unha semana polos montes
ata chegar a Vilamartín de Valdeorras.
Como se facía perigoso
permanecer en Ponferrada, continúa o seu relato o cabo, marcharon cara a Toral
de los Vados, cara ao oeste de
Ponferrada, en dirección a Valdeorras. Alí durmiron esa noite e agardaron por se pasaba
algunha forza de asalto, cousa que non aconteceu; en vista do cal se internaron
polo monte e tras sete ou oito días andando chegaron a Vilamartín de
Valdeorras. Aquí hai un certo desaxuste nas datas referidas, mentres o cabo
Lores di que chegaron ao concello valdeorrés o 28, o atestado do sarxento
comandante do posto da GC, Rafael Sánchez Iglesias, di que se presentaron no
cuartel o día 30. Aínda que ambas cousas poidan ser certas. Tampouco en ningún
momento se explica por que tomaron cara a Toral de los Vados e despois, aínda
que fosen medio perdidos, non o fixeron cara ao norte e si cara ao sur. Tiñan algunha ruta ideada ou foi un
simple extravío no monte, cousa pouco crible en militares profesionais? Como tampouco
se explica moi ben que non indagasen nesta cuestión nin o comandante do posto
de Vilamartín nin o xuíz instrutor de Ourense.
Á súa chegada ao cuartel de
Vilamartín de Valdeorras o cabo portaba unha pistola regulamentaria Astra, dous
cargadores e algo menos de medio cento de cartuchos.O comandante do posto
levantou o correspondente atestado e despois de recoller o armamento, tanto o
que portaban como o que deixaran agochado nas aforas de Ponferrada, ordenou
que, acompañados por unha parella da GC, se presentasen ante o comandante
militar de Ourense. Á cidade das Burgas
chegaron o 2 de agosto. A autoridade militar ourensá dispuxo que prestasen
servizo en calidade de agregados, mais dous días despois suspendéronos de armas
e ficaron en estado de prevención en tanto se procuraban informacións
aclaratorias.
Das pescudas encargouse o
comandante mobilizado Ramón Ulloa Sotelo quen somete o cabo Lores a un intenso
interrogatorio no que manifesta que o seu verdadeiro interese en viaxar a
Madrid era arranxar asuntos relacionados co seu traslado a Vigo ou á Coruña así
como que no momento de partir a
“caravana” non se declarara o estado de guerra en Oviedo. Afirma que cando se
presentou voluntario para a viaxe ninguén lle dixo os motivos desta, por non
ser costume no corpo de asalto anunciar onde se vai intervir eao ver os
mineiros concentrados, dixéronlle que ían a Madrid a prestar axuda ao goberno,
ignorando, por suposto, que se declarara o estado de guerra en Valladolid,
asunto do que soubo pouco antes de chegar a Benavente, nun “pueblecito” do que
non lembra o nome. O cabo Lores declara que, como militar, nunca pertenceu a
ningún partido pero olla con simpatía os partidos “simplemente republicanos”
que procuran unha república digna e honrada e non unha república marxista.
O comandante Ramón Ulloa
Sotelo, en calidade de xuíz informador, considera que o cabo e o garda “no
hicieron armas contra la fuerza pública pudiendose apreciar en ellos un
verdadero amor a suscompañeros de armas”, polo que resolve sobreser a
investigación e que ambos presten servizo de armas, como así fixeron a partir
do 28 de agosto.
Aínda que sabía que debía incorporarse
ao seu grupo no prazo de cinco días, ata finais de agosto imposibilitoullo a
investigación aberta e o estado de prevención no que se atopaba e despois
impedíronllo os seus xefes de Ourense, a pesar de ofrecerse voluntario, en dúas
ocasións, para regresar a Oviedo.Todos estes pormenores están certificados no
escrito, incorporado á causa, asinado polo sarxento-xefe accidental da garda de
asalto de Ourense, José Jimenez Prieto, co visto e prace do gobernador civil do
26 de novembro, data na que parte para incorporase á plantilla de Oviedo.
1.3.-O relato do garda Antonio Sánchez Rodríguez
O compañeiro de viaxe do cabo
Lores achega o seu relato na causa contra este, sen afastarse da narraciónmáis debulladapolo
imputado, máis alá dalgunha puntualización anecdótica e presentarse sempre como
subordinado. Expresa que emprenderon a viaxe o día 18 tras a invitación do cabo
a acompañalos na expedición que mandaba Lluch. En Mieres repartiron os fusís
que levaban. Continuaron viaxe a León, onde lles entregaron máis armas.
Seguiron a Benavente onde recibiron orde de retroceder a Ponferrada.Unha vez nesta
vila tratou de entregar as correaxes e o armamento no cuartel da GC e quedarse
no mesmo, pero o cabo Lores considerou que era mellor abandonar a expedición
máis tarde. Decidiron, entón, por así ordenarllo o tenente, montar nos coches
da expedición, dos que baixaron antes de que arrancasen, agochándose ata que partiu o coche
lixeiro no que supoñían viaxaba o tenente Lluch. De inmediato acudiron ao posto
da GC onde lles aconsellaron que se presentasen no acuartelamento de asalto de León, mais, non
puideron facelo por falta de “medio de locomoción”. Tiraron entón polo medio do
monte e despois de varios días chegaron a Vilamartín de Valdeorrras. A GC desta
localidade levantou atestado e trasladáronos a Ourense poñéndoos a disposición
do xulgado militar que, aos poucos días, sobreseu a causa e dispuxo que
prestasen servizo activo ata que recibiron a orde de incorporarse a Oviedo.
1.4 Oviedo: o asedio
Que acontecera na capital
asturiana dende a marcha do cabo Lores coa expedición motorizada cara a Madride
o seu regreso catro meses máis tarde? Por que non regresara antes? E, por que regresou
daquela? Estas cuestións están en parte contestadas no que lle aconteceu a
partir de Vilamartín de Valdeorras.
O máis significativo do que
atopou na cidadefoi, como lle escribirá a Feli, a súa dona,poucas horas antes
de que lle furten a vida: “De nuestra casa, nada queda, todo fue arrasado por
la guerra, nada pudosalvarse…”. Todo estaba devastado.O seu proxecto de futuro,
de vida en común, o seu fogar, como o de tantas e tantas persoas, ficaba
esnaquizado pola vontade dos militares sublevados e dos seus apoios civís. “...
tienes que reconstruír tu hogar”,escribiríalle a súa muller antes de ser
fusilado. Oviedo xa non era o mesmo, pero o cabo Lores regresaba coa ilusión de
algún día restaurar a casa, o fogar, coa súa muller, a nena, e o cativo que xa
debía ser nado, se todo fora ben. Precisaba salvar a vida e, nalgún momento,
cando o furacán amainase,achegarse ata a valgada cántabra de Guardamino para
todos xuntos asentarse nun destino incerto, pero común. A desfeita sería moito
maior da que pensaba.
Ben sabía o que pasara neses
meses, pero seguro que non podía imaxinar a dimensión da destrución. Sabía que
o coronel Aranda se sublevara, que enganara con argucias de ambicioso traidor os
fieis á República, e a vella Vetusta de Clarín ficara asediada polos mineiros,
polas forzas leais enrabiadas pola traizón e a perda da súa cidade, do seu símbolo.
O cerco prolongouse ata o 17 de outubro cando un destacamento de socorro,
procedente de Galicia, substancialmente reforzado con tropas africanas, as
tropas mouras, conseguiu enlazar cos sitiados e abrir un estreito corredor para
subministracións.
Con motivo da insurrección
obreira de outubro de 1934 e a posterior e feroz represión, a presenza militar
en Asturias, en xeral, e en Oviedo en particular, era considerábel. Mesmo organicamente creárase unha
comandancia militar exenta da VIII división dirixida polo coronel Antonio
Aranda. Desa comandanciadependían o rexemento de infantería de Oviedo e o de
Xixón, unha brigada de montaña, oito compañías da garda civil, unha delas en
Oviedo, dúas de carabineiros, unha en Xixón, e outra compañía de Asalto en
Oviedo, á que pertencía, como xa sabemos, o cabo Lores.
O coronel Aranda estaba considerado
como pro-republicano por algúns sectores, mentres, para outros, non pasaba de
ser un ambicioso raposeiro amigo de Franco e Gil Robles. Mesmo algúns dos seus
subordinados desconfiaban das súas ladinas actuacións. Aínda que non estaba
entre os que en Oviedo preparaban a sublevación, ben sabia das súas reunións e ben
que os deixaba facer. Aparentou apoiar a marcha dos mineiros a Madrid, parece
que reclamadospor Indalecio Prieto, porqueasí afastaba da cidade preto de catro
mil obreiros, son as cifras das que se fala, armados con dinamita e os escasos
fusís conservados baixo agocho dende 1934; mesmo autorizou a entrega dos douscentos
vellos mosquetóns como nos relata o cabo Lores.
No mesmo día que marchou a
expedición púxose discretamente en contacto co mando do rexemento Simancas de
Xixón, Antonio Pinilla, para concertar a sublevación e xa ordenara a
concentración das espalladas compañías da garda civil en Oviedo, ordenandolles saír
das casas-cuarteis mesmo co puño en alto se fose preciso. Mentres os de asalto
vixiaban dispersos a cidade. Na madrugada do 19 acordou con Mola o apoio á
sublevación. Ao saberse que esta se
estaba a producir nalgunhas capitais, poucas, de Castela, León, Galicia,
Navarra, Vitoria, parte de Aragón e Sevilla, o gobernador civil solicitou a súa
presenza. Na reunión os líderes dos principais partidos da Fronte Popular e dos
sindicatos solicitáronlle que entregase armas ás milicias de mineiros. Esixiu
unha orde por escrito do ministro. Cando esta chegou alegou ter que trasladarse
á comandancia militar para consultar co seus estado maior. Xa no goberno
militar, desobedeceu a orde e sublevouse cando chegaron á cidade a maior parte das oito compañías de gardas civís;
aínda sabendo que non contaba co apoio do xefe de asalto, comandante Alfonso
Ros[11], nin do dos carabineiros,
tenente coronel Ricardo Ballinas López.
No convento de Santa Clara,
convertido en cuartel das forzas de asalto, arremuiñábase a xente pedindo armas
alertada por unha primeira páxina case en branco do Avance[12],
censurado polo gobernador civil, na que se chamaba á defensa da república.Alí
mandou Aranda o comandante Gerardo Caballero
Olabézar cunhas cantas ducias de gardas civís. Caballero era unbo coñecedor do
Oviedo e desempeñará un papel central na toma da cidade coa experiencia
acumulada, en 1934, na resistencia á insurrección obreira e na posterior represión
posterior. A súa misión era someter os seus antigos compañeiros de armas, aos
poucos alí concentrados e case sen armamento.Ros e os seus homes, coa axuda
dalgúns milicianos, resistirían ata a mañá do día 20.Tanto o comandante Alfonso Ros, como os gardas de
asalto e un abondoso número de milicianos, fusiláronos de seguido contra as
paredes do antigo convento de Santa Clara.
Debuxo de J. Valverde[13], ilustrando o libro de Arrarás (194:114).O pé de imaxe di: “...Desde las dos de la tarde comenzó a ser invadido el Cuartel de Santa Clara por una chusma de milicianos” |
A sublevación conxunta das
guarnicións de Xixón e Oviedo obrigou as forzas republicanasa atender dous
focos de insurrección militar. Aranda controlou o casco urbano, prendeu as autoridades
republicanas e deu manga ancha á Falanxe
para a limpeza interior. A cidade ficou illada rodeada de territorio republicano
e sen conexión co mar. Aranda planeara a defensa dende os altos que rodean Oviedo.
En Xixón os sublevados resistiron ata o 21 de agosto. Entón as forzas
republicanas puideron concentrarse no asedio a Oviedo, pero daquela xa as
forzas de relevo procedentes de Galicia avanzaran o suficiente.
Ilustración de Saénz de Tejada para o libro de Arrarás, co seguinte pé: “La ambicionada presa: Oviedo, la miran estática” |
A principios de setembro
comezaron os combates intensos con bombardeos e ataques artilleiros causando un
gran número de mortes de civís, como tamén as causaron os problemas hixiénicos derivados
da ausencia de augae da contaminación da mesma que desatou un andazo de tifo.
En outubro as milicias populares lanzaron unha grande ofensiva premidaspola
proximidade da columna de socorro procedente de Galicia substancialmente
reforzada (19.000 homes) polas tropas de África (un batallón da lexión e oito tabores
de regulares). Aranda ordenou a retirada ao centro da cidade para unha última
resistencia, poisxa perdera a metade dos seus homes, esgotara as reservas de
munición e as milicias acadaran algúns dos puntos elevados que dominaban a
cidade e deixárana sen luz, mais estas sufriran tamén moitísimas baixas e
esgotaran as municións. A columna de apoio rompeu o cerco o 17 de outubro. As
milicias tiveron que deter a ofensivae retirarse ás súas posicións de inicio.
Oviedo ficaba en mans dos sublevados.
Liña defensiva de Oviedo. Tomado de Arrarás (1941) |
2. O regreso: o expediente contra
Francisco Lores
En aparencia, tras a
investigación ourensá e as certificacións e ordes pertinentes dos mandos de
asalto da cidade galega, o asunto de Paco Lores e de Antonio Sánchez, o seu
compañeiro nunha viaxe de case catro meses, ficaba resolto. Remataban a viaxe
no punto de partida e reincorporados á súa compañía. Oviedo era praza segura para os
sublevados. O cabo e o garda reiniciaban o seu traballo, iso si, nunha
extraordinaria situación bélica. Era o 26 de novembro de 1936. O seu regreso
non sería de boa vinda.
Catro días despois, o garda
de asalto Julio Alonso del Río[14]presenta un parte verbal
ante o tenente José González Díaz-Parreño. O garda asegura que estando no campo
de San Francisco coincidiu con Francisco Lores López que andaba a ler, “como de
costumbre”, o xornal Claridad”[15], entón xurdiu na conversa
a morte do Sr. Calvo Sotelo que ocorrera uns días antes[16]. Segundo o denunciante, o
cabo Lores manifestou “que elveía muy bien el que se
hubiera llevado a cabo este asesinato, porque sino ese hombre nos llevaría a
una guerra civil”. Como o denunciante lle recriminou esas palabras,
o cabo retrucoulledicindo que:
(…) todos los
que teníamos sentimientos fascistas veíamos mal este asesinato, pero en cambio
no nos dábamos cuenta de los muchos que había hecho el Ejército y la Fuerza
Pública durante la represión de octubre de 1934, en toda España y especialmente
en Asturias, que sacaban a los hombresde la cama para asesinarlos sin más
contemplaciones, hechos que el mismo había presenciado(...)
Capa do xornal socialista Claridad |
O denunciador continúa o seu relato. Segundo el, Lores, o 18 de xullo dedicouse a instruír as milicias "rojas", diante do goberno civil, unha horas antes de que saíran, ao seu mando, para combater o exercito en Madrid.
O expediente aberto tras o parte verbal transformarase máis adiante en causa aberta, sinalada co número 178/1936, polo delito de traizón.Como dixemos, o cabo Lores figura imputado nunha segunda e posterior causa, a 887/1937, aberta contra o tenente de asalto Francisco Yust (sic) Urbano e os gardas de asalto Serafín González Enríquez, Antonio Alonso Alvariño e Antonio Sánchez Rodríguez polo delito de rebelión. Esta segunda causa iniciouse o 19 de agosto de 1936 e instruiríana sucesivamente o tenente coronel José Rodríguez Abella, e os capitán xurídicos, Luís Figueiras Crestar e Rogelio Baranda (?) Sánchez.
O expediente aberto tras o parte verbal transformarase máis adiante en causa aberta, sinalada co número 178/1936, polo delito de traizón.Como dixemos, o cabo Lores figura imputado nunha segunda e posterior causa, a 887/1937, aberta contra o tenente de asalto Francisco Yust (sic) Urbano e os gardas de asalto Serafín González Enríquez, Antonio Alonso Alvariño e Antonio Sánchez Rodríguez polo delito de rebelión. Esta segunda causa iniciouse o 19 de agosto de 1936 e instruiríana sucesivamente o tenente coronel José Rodríguez Abella, e os capitán xurídicos, Luís Figueiras Crestar e Rogelio Baranda (?) Sánchez.
O alférez Eugenio Pita
Blanco é nomeado instrutor do
expediente. Como tal chama a comparecer o tenente González Díaz-Parreño que se
ratifica no parte e nada novo ten que engadir, pois limitouse a cursar o parte
xa que nesa altura nin estaba incorporado ao grupo, nin coñece, nin por referencia,
o cabo Lores do que só ten escoitado, na
dirección xeral de seguridade, que tanto el como o tenente que acompañaron a
expedición de mineiros a Madrid fixérono voluntariamente.
Deseguido declara o garda de
asalto e denunciante Julio Alonso del Río que se ratifica na información que verteu
no parte ao tempo que sinala que nunca tivo relación co cabo Lores, pero a
resultas daquela conversa considérao un extremista e esa mesma consideración
lla escoitou a outros, así como tamén oíu que o cabo foi un dos que visitou o señor
Bosque[17],
daquela gobernador civil da provincia para ofrecerlle, en relación coa política,
a colaboración da compañía 18 pero que non podía facer o mesmo coa 42,nin coa10
ou cos locais por ser todos uns fascistas[18].
Inquirido polo instrutor
para que cite nomes dos que viron o cabo
instruír as milicias “rojas”, nomeao sarxento Manuel Costales Martínez, os gardas
Plácido Cuevas Cuevas e Paulino Alonso Martín,así como que o cabo Jesús Paredes,
pois cando estaba a presentar, de palabra, o parte ao tenente Díaz-Parreño
manifestou que tamén el quería poñer en coñecemento do oficial un incidente co
cabo Lores.
O sarxento Costales afirma
que, ademais de instruílas, levaba unha
relación nominal e viu como pasaba lista aos paisanos segundo ían subindo aos
camións así como queantes de partir despediuse delexpresándolle a satisfacción
polo “cometido que se le había encomendado” pois,como coincidiron de cabos na
18,tratáronse con certa confianza, polo que pode afirmar quenon só era un extremista
senón que, por observalo directamente, “leía siempre prensa roja”. O garda
Cuevas manifesta que ollou o cabo
instruír as milicias, colocalas nos camións e arengalas, non podendo escoitar
as súas palabraspola moita xente que había pero que se podían sobreentender pola
“satisfacción que estas producían en las personas a las
que iban dirigidas, satisfacción que se reflejaba en los rostros y se
convertían en vítores de toda clase y en el clásico saludo levantando el puño”.
Paulino Martín Alonso non o
ollou pero oíullo referir a varios compañeiros, entre elesao oficinista
Valentín Rodríguez Reyero que ademais lle dixo que momentos antes de partir a
caravana o cabo Lores despediuse no “Cuarto de Clases” do goberno civil,
manifestando en ton provocativo que: “iba a la defensa de los ideales del
Frente Popular y que se marchaba con los galones de Cabo pero que volvería con
los entorchados de General”. Reitera a súa consideración do carácter extremista
do cabo, temperamento que se exacerbou a partir do 16 de febreiro, data das
eleccións que deron o triunfo á Fronte Popular.
Como sinalaba Arrarás (ver nota
18) a tensión no grupo de asalto traspasaba a estrita orde persoal e
convertíase en disputa entre compañías, nomeadamente entre a 42 e a 18, polo
que nada ten de estraño que dous cabos da 42 se presenten voluntarios para
declarar contra Lores. Os cabos Longinos Rubio Calzada e Segundo Valverde
Prieto relatan a discusión por mor do asasinato de Calvo Sotelo, cando
expresaron a súa indignaciónporque o crime enzoufaba o uniforme do corpo,Lores retrucoulles
dicindo que estivera ben feito, pois, di Rubio Calzada, o cabo da 18 afirmou
que era como debía facerse “con todos los que pensaban como el señor Calvo
Sotelo, añadiendo que el nada debía a las derechas y que en cambio las
izquierdas siempre le habían favorecido”. Segundo o cabo Rubio esa foia única
vez que falou co cabo Lores pero, a pesar disto, constáballe, por ser de voz
pública e por ser o home de confianza do tenente Lluch, que era un extremista.
Lembremos que o asasinato de
Calvo Sotelo aconteceu tras a detención do líder da extrema dereita por unha
escuadra da garda de asalto, e tamén algún civil, dirixida por un capitán da
garda civil, o vigués, mellor dito de Lavadores, Fernando Condés Romero,
enrabiado polo asasinato, o día anterior, do seu amigo o tenente de asalto José
del Castillo. O autor do crime foi un civil, o ferrolán Luís Cuenca Estevas,
alcumado “O Cubano” (Gibson, 1982).
O cabo da 18, Jesús Paredes
Sánchez, ademais de matices ao referido sobre a instrución e arenga de
milicianos, achega que cando censurou os termos nos que se expresara Largo
Caballero con ocasión dun mitin que non había moito pronunciara en Oviedo así
como os excesivos alardes das milicias marxistas, o cabo Lores, que era o seu
superior xerárquico, mandouno calar, ameazándoo con levalo ante o capitán se
continuaba expresándose neses termos críticos, mentres que el facía propaganda
das súas ideas entre os gardas, tanto dentro como fóra do cuartel, lendo en voz
alta artigos da “prensa roja” e comentándoos favorabelmente, incluso aqueles
nos que se atacaban os corpos de seguridade.
En termos similares exprésase
o garda Valentín Rodríguez Reyero, dicindo que el tampouco o viusenón que llo
contou o xa mencionado Martín Alonso, lembremos que este dicía que llo oíra ao
anterior. Pola súa banda, Francisco Sal González, condutor da policía,
manifesta que despois do 16 de febreiro observou como o cabo Lores non se
privaba de facer ostentación das súas ideas extremistas e achegarse aos grupos que
se formaban nos corredores ou nas oficinas do goberno civil tachando os compañeiros
que comentaban a vergonzosa situación que se estaba a vivir de inimigos do
réxime e ameazandocon denuncialos ao gobernador Bosque e ao comandante Ros, así
como que o cabo ademais de instruír arengou os que subían aos camións
dicíndolle “Adelante Camaradas que vamos a Madrid a defender la República”.
Cando o cabo Lores declarou,xa
era coñecedor da restra de acusacións quepuxera en marcha o garda Julio Alonso
del Río. Como é evidente,nega que instruíse, pasase lista e arengase as milicias,
e que, pola contra, cando acudiua despedirse dos seus compañeiros no Cuarto de
Clases do goberno civil, foi para ofrecerse por se precisaban algo de Madrid aínda
que expresándose en ton de satisfacción como todo bo militar cando ten que cumprir
unha orde e porque podería aproveitar a ocasión para resolver asuntos relacionados
co seu traslado a Vigo ou A Coruña. Nada viu de extraordinario na expedición
que o empurrase a ollala con receo pois alí estaban observando todos os
preparativos tanto o coronel Aranda, acompañado do seu estado maior, como o
tenente coronel da garda civil,as autoridades civís así como varios oficiais de
asalto, entre eles o comandante Ros, polo que “jamás pensó que iban combatir al
Ejército”.
Sobre as súas lecturas que tanto
rexeitamento xeraban nas testemuñas acusadoras coida que algunha vez leu os
xornais Claridad e Avance, aínda que coida que o primeiro
unha soa vez, pero que tamén lía o ABC,
Región[19],
Informaciones[20],
etc., así como que sentiu a morte de Calvo Sotelo tanto por ser paisano seu
como pola forma na que ocorreu e porque
fose obra de gardas de asalto.Afirma tamén que sempre censurou que os gardas falasen
de política,e nunha ocasión, no goberno civil, tivo que chamarlle a atención a
varios que o estaban a facer.
Tamén podería citar o diario gráfico Ahora[21]
que está presente na foto de grupo tirada probablemente nunha celebración con
motivo do segundo aniversario da proclamación da república, porque un deles ten
na man un exemplar deste xornal do 14 de abril de 1933.
Portada de Ahora (14/4/1933). A foto de Niceto Alcalá Zamora, presidente da República, dedicada aos lectores, está asinada dous días antes da súa publicación |
Na súa defensa argúe que con ocasión dun rexistrona casa dun oficial do exércitodo que non lembra o nome, realizado xunto con outros gardas e baixo o mando do tenente Lluch, ao atopar unha bandeira bicolor, díxolle ao oficial que a agochase para que non a vise o tenente, quen, ao sabelo máis tarde, berregoulle e ameazouno con sancionalo.
2.1.- O expediente muda en causa
O instrutor, realizadas as
indagación ás que nos temos referido, considera probando o carácter extremista
e propagandista do expedientado e,como a policía gobernativa carece de
regulamento coa penalidade suficiente para sancionar a conduta do cabo, propón
elevar o expediente á Auditoría para a apertura do correspondente sumario.
Inmediatamente o auditor pono detido no cuartel de Santa Clara a disposición doinstrutore
nomea o alférez Pita Blanco, de novo, instrutor,
só que agora da causa militar numerada 178, polo delito de “traizón”.
Causa 178/1936 contra Francisco Lores López. AIMNOR |
O encarceramento, expediente
e apertura de causa contra o cabo Lores estaba a provocar fortes tensións entre
os seus compañeiros do corpo. A orde do auditor de manter o detido a disposición do instrutor no cuartel
de Santa Clara forza unha resposta do mando do grupo de asalto reveladora dese
malestar. O mando en cuestión, sarxento de asalto Felix Casarrubies, solicítalle
ao auditor,en data sinalada, o día de fin de ano de 1936, a través de oficio que:
para evitar el
natural contacto entre sus compañeros cuya tibieza se acentúa cada día, dado el
carácter de los motivos que la originan, ruégole se sirva disponer que el cabo
(...) pase en calidad de detenido a disposición de ese juzgado a la Cárcel
Modelo de esta Plaza.
O suplicatorio do sarxento
Casarrubies foi atendido, mesmo con precipitación, pois o director da prisión tense
que dirixir por escrito, varios días despois de que o detido ingresase na
prisión, ao xulgado militar rogándolle “se digne expedir la oportuna orden de
ingreso que legalice la situación de dicho detenido”.
O instrutor do expediente
agora reconvertido en instrutor da causa tómalle nova declaración ao detido que
como é evidente non achega novidade; só lle serve para redundar na presenza de
mandos militares e autoridades civís cando se organizou e partíu “a caravana”
en que nunca pensou que fose para combater o exército e que tan pronto tivo
coñecemento da iniciación do “movimiento nacional” abandonou “con toda premura
a dichos elementos”. O mesmo día de fin de ano o instrutor emite auto de
procesamento considerando que os feitos constitúen un delito de traizón:
por cuanto el
citado cabo en vez de ponerse incondicionalmente al lado del Movimiento que se
inicia, cumpliendo con ello un deber no solo militar si no también civil,
abandonó su puesto, esto es sus banderas, para entrar a formar parte de una
fuerza enemiga, que por su organización y armamento era un verdadero ejercito.
De pouco serviu a
certificación enviada (2/2/1937) por Manuel Casado Nieto, secretario do xulgado
militar eventual de Ourense, contendo os atestados da GC de Ponferrada e
Vilamartín de Valdeorras, a copia da declaración de Paco Lores no xulgado
militar ourensán e o informe do xuíz instrutor comandante Ramón Ulloa Sotelo.
A decisión estaba tomada. O
fiscal ovetense carga con carraxe contra Lores; nas conclusións provisionais afirma
que o imputado ademais de relacionarse co ex gobernador civil de Oviedo Sr.
Bosque, “harto conocido por su sectarismo y su tenaz persecución contra todo lo
que tuviese relación directa con la causa de la civilización y de la paz”, asegurou
que “estaba bien hecho” o “villano asesinato” de Calvo Sotelo, e calumniase
“vilmente” o exército e a forza pública dicindo
que “mas asesinatos se habían hecho en Asturias por ambas Instituciones que
sacaban a los hombre de la cama para asesinarlos”. O seu temperamento “rebelde”,
afirma o fiscal, levouno a tomar parte na expedición a Madrid, a distribuír o
“periódico socialista” Avance aos
“elementos marxistas” organizados por escuadras e arengalos, dicíndolles que
ían a Madrid a defender a República. Presentándose só tras a derrota das
“fuerzas marxistas” no posto da GC de Ponferrada. Ao ser os feitos
constitutivos dun delito de rebelión co agravante de perversidade, debe imporse
a pena de reclusión perpetua ou morte. Lembremos que a acusación inicial do
instrutor era de traizón. O resultado final non variaría.
Na lectura de cargos, o cabo
Lores alega que “se presentó a la Guardia Civil
antes de la colisión que tuvo con las fuerzas marxistas, a cuyo comandante del
puesto advirtió que iban a ser atacados, apresurándose este a tomar posiciones
y combatir con éxito”. A presenza de Lores ata en dúas ocasión no
posto da GC de Ponferrada, antes de cruzarse disparos entre esta e as milicias
mineiras,aparece confirmada no atestado do comandante de posto da capital o
Bierzo, Benito del Valle.O imputado propuxo varias testemuñas para declarar, o
tenente de cabalería Galo Paulo, un sarxento da 18 chamado Saturnino, o
sarxento Manuel Costales, quen xa declarara na instrución,e os gardas Santos
Blanco Blanco e José Aizpurúa Pérez.
2.2.- Vista e sentenza
O 11 de febreiro na “orden
de la plaza” o comandante militar de Oviedo convoca,para o día seguinte, a
vista e fallo do consello de guerra para resolver a causa 178 instruída polo
alférez de infantería e redactor da acta do consello, Eugenio Pita Blanco, polo
suposto delito de rebelión militar, contra o cabo Francisco Lores López, a
celebrar no salón de actos da deputación provincial, ás 11.30 da mañá. O
tribunal militar está presidido polo tenente coronel Mariano ZorrillaPolanco
(en realidade, por enfermidade do designado, o consello estivo presidio polo
tenente coronel Vito de Miguel Ugarte);como vocais actuarán os capitáns Mariano
Tarragona Pérez, Tomás de Prada Cantalapiedra, Faustino Alejandro de Jesús,
Antolín Rodrigo Mansilla e EnriqueRengifoFlorez. Como suplentes os tamén
capitáns Ricardo Rodríguez Lechuga e Simón Alonso González. Na práctica os dous
suplentes formaron parte do tribunal ante as ausencias de Mariano Tarragona
Pérez e mais de Faustino Alejandro de Jesús por necesidades de campaña.Como
relator intervirá o alférez xurídico militar Antonio Hervella Tobar e como
fiscal o tamén alférez do mesmo corpo José María García Rodríguez. Como
defensor o capitán Gerardo Albornoz García del Busto.
Que a institución militar lle
vai dar unha importante transcendencia á causa preséntese na gran cantidade de
preguntas formuladas polos vocais, en especial Enrique Rengifo, o fiscal e o relator
tanto ao imputado coma ás testemuñas. Os primeiros en prestar testemuño foron o
sarxento Costales e os cabos Segundo Valverde Prieto e Jesús Paredes García que
non se afastan en demasía do declarado no seu día. Quen semella apesarado pola
súa iniciativa é o garda Julio Alonso del Río, lembremos que foi quen presentou
a denuncia inicial contra o cabo Lores, durante a vista case non está seguro de
nada do que testemuñou tanto no parte presentado de palabra como nas dilixencia
sumariais, ata o punto de que o vocal Enrique Rengifo solicita a lectura de
ambos documentos. A testemuña Valentín Rodríguez Reyero non achega nada novo.
As demais testemuñas propostas por Lores non declaran.
Cando se retoma a vista,
tras o xantar, o fiscal lanza un discurso que deixa ben ás claras que non se
ían xulgar feitos, nin un resistente contra a sublevación, nin sequera a persoa
de Francisco Lores López,senón que se trataba decondenar o réxime republicano eaterrorizar as propias filas
dos sublevados poñendo como exemplo, como vítima propiciatoria,o cabo
Lores,sangue reclamada no sagrado altar da patria.Reproducimos parte desa
vingativa parrafeada como exemplo do relato da guerra que estaban a elaborar os
sublevados e que hoxe resoaen hemiciclos de representación popular sintetizando as tres ideas sumarias e comúns a
todas as dereitas hispanas, sexa cal sexa o seu programa político e sexa cal
sexa o momento histórico: o nacionalismo español integrista e historicista,
antiautonomista e antisecesionista,a profesión de fe nun catolicismo identificado
coa idea de cruzada e un anticomunismo virulento e xenéricoestendido, sen
matices, a todos os“ cómplices”:
al formarse el
gobierno lleno de buenas intenciones del Sr. Lerroux, fueron deslizándose y
propagándose cautelosamente las doctrinas marxistas y separatistas tendentes
todas ellas a la desunión de España y que entonces fue cuando los buenos
patriotas pensamos en un resurgir Glorioso de nuestra Nación, confiados en que
nuestro Glorioso Ejército, la Falange y todos los patriotas hartos de sufrir el
deshonor y las burlas a la Patria, aplastaríamos esas doctrinas, volviendo a la
España heroica que conoció todos los caminos del mundo; que después de las
amañadas elecciones del dieciséis de Febrero del año pasadoen que gobernados
por unos hombres que amparaban toda clase de crímenes, persecuciones y
atropellos contra las personas de orden, culminantes con el vil asesinato del
mártir de la Patria el Sr. Calvo Sotelo con cuya sangre brotó la Santa rebeldía
del ejército honroso y del pueblo honrado; que mientras nuestros hermanos
mueren en los campos de batalla haya quienes como el cabo Francisco lores López
se atrevieran a manifestar que el asesinato del Sr. Calvo Sotelo estaba bien
hecho, además de injuriar al Ejército y de marchar con la expedición de
marxistas que iba a Madrid a defender la República, para después huir
cobardemente ante un pequeño grupo de soldados de Ponferrada; pero el escaso
valor militar y táctico de aquella columna, no disminuye en nada la gravedad
del hecho de quien olvidó sus deberes para con la Patria e hizo causa común con
sus enemigos, mientras sus compañeros de Instituto en otras poblaciones fueron
los primeros en salir a la calle en defensa de la Santa Patria; por eso
considerando harto probados los hechos de que al procesado se acusa y harto
clara la rebelión de quien organizó contra nosotros masas y columnas, de quién
les arengó y animó dotando de un espíritu perverso justificado incluso por sus
frecuentes relaciones con el gobernador Bosque, también conocido de sobra por
su sectarismo; y termina (...) pidiendo para el procesado la pena de muerte.
En contraste co desaforo do
fiscal, o defensor argumenta en base á obediencia debida e as incógnitas do
momento que pairaban sobre moitos xefes e oficiais e con máis razón sobre un
simple cabo. Argúe que se presentou ante a GC e que en Galicia “la tierra que
mas sangre ha dado a España en esta guerra” ficou “limpio de toda culpa” así
como que pouco puido instruír as “milicias rojas”, que por outra banda xa estaban
instruídas, en catro horas, e non se pode declarar culpable do delito de
rebelión pois cando partiu a expedición non estaba declarado o estado de guerra;
en consecuencia pide a libre absolución do seu defendido.
O extremado contraste entre
a petición e argumentación fiscal e a do defensor non foi impedimento para que
o procesado fose condenado por “auxilio á rebelión” e,comoo tribunal “habida
cuenta de los antecedentes del procesado aprecia en conciencia que concurre en
el mismo la agravante de perversidad”, á pena de morte. É dicir a condena derívase
da apreciación “en conciencia” do tribunal do agravante de perversidade. A
sentencia, ditada por unanimidade, é aprobada polo auditor en base a que o
consello “expresa su estado de conciencia”.
Que o castigo ao cabo Lores
tiña una función exemplarizantedespréndese da ampla nota descritiva do proceso
recollida na prensa ovetenseque incide na relación do condenado co ex
gobernador Bosque “de tan triste recordatorio para todo buen asturiano” así
como que chegou a considerar “la muerte del ilustre patricio español” Sr. Calvo
Sotelo como “un acto perfectamente legitimo y justificado” e culpou, con gran
violencia, o exército e outros institutos armados de “asesinatos y crimenes”
con motivo da revolución de outubro, consideracións que segundo o xornal
“implicaban una glorificación de la brutal y cobarde revuelta”. O seu
temperamento “rebelde y marxista” levouno a participar na expedición que
mandaba o tenente Yust (sic) “pero la suerte le fue completamente adversa y los
expedicionarios derrotados y maltrechos en Ponferrada fueron disueltos y
diezmados” e conclúe:
Esta es la exposición de los
hechos, terminante y concreta, que hace el ministerio fiscal, amparada en las
declaracionestestificales aportadas en su mayoría por los que en algún
tiempofueronsuscompañeros. Tambien los informes de la Guardia Civil y de la
oficina de información y enlace corrobaron los extremos expuestos que sirven de
base para la acusación[22].
Era evidente que o “gacetillero”narraba
o que lle contara o fiscal, non o que se desprendía dos atestados da GC de
Ponferrada e Vilamartín de Valdeorras, nin da autoridade militar ourensá, que
de seguro non lera. Paco Lores era xulgado, condenado e executado fundamentalmente
polas súas opinións e actuacións anteriores ao golpe de estado e da apreciación
“en conciencia” do consello,non polos feitos que cometeu despois do 18 de xullo
que como mínimo non fican claros se contrastamos os informes ourensáns e da
garda civil coas interpretacións “en conciencia” do instrutor, auditor e
consello.
A sentenza aprobada polo
tribunal e o auditor será ratificada polo xeneral en xefe das forzas militares
de Asturias, o celebre coronel Aranda ascendendo a xeneral, quen emite un
decreto no que se declara coñecedorda pena imposta a Faustino Fernández Viejo,
Francisco Lores López, Joaquín García Torres e Julio González Vega “para ejecución en el lugar, hora y por las Fuerzas que designe el
Comandante Militar de la Plaza”.[23]
3.- A final da viaxe
As “especiales
circunstancias” polas que pasaba a praza militar de Oviedo aconsellan o
traslado de Paco Lores ao cárcere da Coruña xunto ás outras tres persoas ás que
nos referimos con antelaciónpara seren executadas, como tamén en especiais
circunstancias se realizan estas. Segundo as instrucións doxeneral gobernador
militar da Coruña, ás seis da madrugada, nas inmediacións da polvoreira de Durmideiras, indicando que
o reo estará en “Capilla” tres horas, o delegado de orde pública designará as
forzas que realizarán a execución,a condución do reo, a vixilancia do lugar e
as inmediacións do cemiterioe unha parella da GC estará a disposición do
xulgado ás dúas da mañá e,á mesma hora,
nas portas do cuartel haberá un coche de cinco prazas.
Ás tres da mañá do día 23 de
marzo de 1937[24]
o secretario, acompañado do defensor alférez Enrique García Pazos, lelle ao
condenado o contidoíntegro da sentenza así comoo decreto no que se aproba. De
seguido foi trasladado ao local habilitado como capela indicándolle que podía
solicitar os auxilios que precisar. Estesreducíronse a papel e pluma.
Ás seis da mañá constitúese
o xulgado no lugar indicado para a execución.Unha vez realizada, o tenente
médico de complemento Manuel de los Santos Vidal certifica a defunción.
Trasladado o xulgado ao cemiterio soterrouse o cadáver na sepultura número 233,
cuarto departamento esquerda, fosa sétima. Decontado ficou inscrito no rexistro
civil.
4.- As cartas dende “capela”
As dúas cartas escritas, en
capela, no cárcere da Coruña, menos de tres horas antes de ser asasinado, xa
foron publicadas por Xesús Alonso Montero (2013:191-198). Aínda así reproducímolas
de novo por consideralas complemento imprescindibles para esta achega ao leal
cabo de asalto Paco Lores.
Alonso Montero, no breve
comentario previo, recolle unha confidencia que lle fixo Lores fillo na
cafetería do actual MARCO vigués, antes cárcere e xulgado. A mesma que a min me
fixo, non hai moito tempo, noutra conversa amigábel nunha cafetería da praza do
Seixotomiñesa. Díxome, ou díxonos, recollendo o texto escrito por Alonso: “Lin
por primeira vez as cartas de meu pai cando tiña vinte anos e foi a súa lectura
a que me comprometeu politicamente”. A férrea militancia sindical epolítica de
Francisco Lores Santacecilia, chamado,ao xeito paterno, Paco Lores, é ben
coñecida nos medios sindicais e da esquerda política galega e en particular
viguesa.
Paco Lores achegoulle a
Alonso Montero as cartas do seu pai fotocopiadas e transcritas de forma “moi
correcta”, en expresión do filólogo. Esa transcrición é a que eu utilizo, só
corrixindo algunha palabra, así como as nimias rectificacións realizadas para a
súa inicial publicación.
As cartas, de orde
estritamente privada, procuran tanto expresar sentimentos como ilusións futuras
que o autor non vai poder compartir, pero desexa para a súa muller e fillos. Segundo
a nosa consideración,a primeira en escribirse foi a dirixida á muller, a Feli.
É longa,catro folios. Nela obsérvase como as forzas físicas van devecendo, como
o sufrimento psicolóxico se vai apoderando do autor.Os primeiros tres folios
teñen unha escritura correcta, aínda que non nidia, na que recoñece as
dificultades para dicir “lo que siente mi corazón... afligidisimo” non só polo
inminente realidade física senón tamén pola incerteza xeradatanto polas escasas
noticias que tivo da súa muller dende o comezo da guerra, a pesar das súas tentativas,como polo futuro que
lles agarda a ela e aos nenos. De feito non tivo máis que lixeiras novas da súa
muller, ata o punto de coidar que o seu fillo, que non sabía que era neno,
nacera en agosto, cando, na realidade, naceu en setembro. Esa desesperación levárao
a “atentar contra mi propia vida”;agora con máis enteireza pídelle a Feli que
acepte a axuda dos seus pais e se veña a Vigo para que os seus fillos “sean
unas personas dignas”. Supón, como así era, que a súa muller nada sabía que da
súa casa nada quedaba e descoñecía a súa desventura por “nada reprobable” senón
“porque sentía un principio, una idea”. Unha e outra vez a misiva regresa ao
seu obxecto, que é tamén o da carta aos pais e irmáns, procurar o sosego de
saber que o futuro de Feli e os nenos fique encarreirado.
Cando inicia a carta dirixida
aos pais e irmáns as forzas están esgotadas, a escritura ten un trazo desmaiado,
as letras alónganse como se quixesen fuxir do papel, a lectura faise máis
difícil; a mente debilitase, as ideas esquécense e por dúas veces ten que
recorrer a engadidos tipos posdata. Unha para pedir aquilo que sabe doloroso
para os pais, que,dado que “muero con plena conciencia en lo que hago”, non
fagan funeral de ningunha caste, “ya que no soy católico” e que lle “agradaría”
que non puxesen loito por el. Coidamos, como apunta o profesor Alonso Montero,
que na altura ninguén se atrevía a facer un enterro sen funeral.
A segunda postdata é para
dar conta dos datos da súa filla, que os avós paternos non debían coñecer, así
como os datos do seu matrimonio e fornecerlle o enderezo de Felipor que“entre
ella y vosotrosteneis una misión sagrada que cumplir, hacer de mis hijos unas
personas dignas”. A sinatura final na carta a Feli e lexíbel e de trazo aínda
firme; a da carta aos pais é un confuso e contínuoentrelazado de nome e
apelidos.
Enceto da carta á súa muller Feli. Arquivo da familia Lores. |
Anaco da carta aos pais e os irmáns. Arquivo familia Lores |
La Coruña 23 de Marzo 1937
Sra. Dña.
Felicidad Santa Cecilia de
Lores
Ramales = Santander =
Querida esposa e hijos: Mucho deseo que gocéis de una
excelente salud y serenidad suficiente para llevar con tranquilidad la
desgracia que nos separó para siempre.
Bien quisiera tener el suficiente ánimo para expresar lo
que siente mi corazón, pero es imposible, me falta el valor, la pena me ahoga y
no podré jamás decirte lo que deseo.
Con el corazón afligidísimo por no tener suficientes
noticias tuyas desde que empezó esta guerra; solo las escasas, que por
mediación de la Cruz Roja, recibió mi padre en Vigo; a pesar de las muchas
tentativas que hice desde la calle y aun en la prisión; pero éstas son
suficientes para saber que estáis vivos.
Me encuentro en la Prisión; desde los primeros días, la
desesperación unida a la falta de noticias tuyas y la de voluntad para tratar
de conservar el optimismo y a la terrible pena a la que me condenaron, llegué a
atentar contra mi propia vida, presa de la mayor desesperación, a pesar del
valor que mi padre trató de infundirme, trabajando éste sin descanso para
conseguir mi indulto: pero todo fue en vano, la sentencia se ejecutará.
Como consecuencia de unas denuncias de Oviedo, por
algunos que fueron compañeros, de una supuesta actividad político-social, me
condenaron a morir, seré ejecutado dentro de pocas horas; esto no me importaría
tanto si no fuera por el estado de abandono en que quedas tú y los nenes, y que
el hambre y la miseria se pueda cerner sobre vosotros.
Amada Feli: te expreso mi última voluntad, aun cuando lo
creo innecesario, porque sé que tú sabes cumplir con tu deber de madre: ésta es
que me cuides bien a los niños. Supongo, aun cuando ignoro las causas, que el
(que) debiste dar a luz en agosto último sea niño. Lamento mucho no haberlo
conocido, pero no dejé de acordarme de él y le he querido como a la niña.
Como tú no tienes medios para criarlos y darles una
educación para que en su día sean unas personas dignas, te vas con ellos para
casa de mis padres; éstos no te abandonarán, ni dejarán de protegerte y a su
lado siempre la vida te será más fácil; espero que tú no les darás motivo de
queja.
Cuando sean mayores y comprendan, háblales de su padre,
diles cuanto les quise y te amé y aún cuando algunas pequeñas diabluras te
hice, siempre me arrepentí y cada vez te quise más.
Si me condenaron a ser fusilado, no ha. sido por nada
reprobable, fue porque sentía un principio, una idea, que siempre creí más
justa, más humana; nada bochornoso hay en mi vida que un día pueda
avergonzarles, ésta siempre fue clara. Esto es cuanto les pude legar; mi nombre
inmaculado y una conducta honrada, que deseo les sirva de apoyo para que forjen
la suya.
Sé que te espera una vida de trabajos y sacrificios,
pasarás muchas privaciones, tendrás que renunciar a muchas cosas; este es el
afligimiento que más me pesa, no haberte podido hacer más feliz como lo
merecías; por mí no tengas pena, no me lloréis, estoy muy tranquilo y con
bastante serenidad, no parece que sea la muerte la que me espera.
De nuestra casa, nada queda, todo fue arrasado por la
guerra, nada pudo salvarse; como ves, tienes que reconstruir tu hogar, pero
espero que en casa de mis padres, nada te faltará, éstos pueden facilitar algún
dinero con el que emprendas algún pequeño negocio en Vigo, que te ayude a
vivir; por este lado, no creo que puedas tener preocupación alguna, ya que
cuanto ellos tengan algo, lo compartirán con vosotros; el deseo de ellos y el
mío no es otro más que éste y me pidieron que te lo dijese y ellos tienen mucho
interés que vayas a su lado.
Quizá te extrañe el que escriba desde La Coruña, pero mis
padres te contarán mi odisea, solo te diré que de la Cárcel de Oviedo fui
evacuado con otros compañeros de desgracia a esta ciudad.
Esta capital guarda para nosotros muy agradables
recuerdos, ya que en ésta pasamos los días más felices de nuestro matrimonio y
si esto fuera poco, aquí nació nuestra querida hijita. Recordando estos felices
días, me hace menos penoso continuar ésta, que será la última y que nos
separará para siempre.
A mis padres he venido ocultándole mi crítica situación,
hasta que llegué a Galicia y esto ha sido un gran error por mi parte, ya que no
se ha podido trabajar con eficacia para conseguir mi indulto; teníamos mucha
esperanza de que éste se realizaría en Semana Santa, pero se conoce que no lo
merezco cuando no me lo concedieron.
A mis padres, con esto les causo un disgusto tan grande
que me aterran las consecuencias que les puede ocasionar la pena que les
embarga, a pesar de su valor que demuestran y que me admira su entereza con que
llevan esta serie de disgustos que les trajo la guerra.
Tú, Feli, procura hacerles en unión de los nenes más
llevaderas sus desgracias, que todos no echen de menos la falta mía, procura
darles un poco de dicha; hazte querer de ellos, que son muy buenos, ya sabes
que tanto mis padres, como mis hermanos, te adoran a ti y a los niños y se
sacrificarán para que nada te falte.
Muchas más cosas podría decirte, amada Feli, pero es
tanta la pena que me embarga que no puedo más, Feli, dales mis últimos besos a
los niños y que tengan presente siempre a su desgraciado padre y tú también
recibe muchos y perdóname el sufrimiento que te causo. Tu esposo que mucho te
quiso y se despide de ti para siempre.
Francisco Lores López
La Coruña 23 Marzo 1937
Sr. D.
Francisco Lores Pérez
Vigo
Queridos padres y hermanos
Que la mayor dicha les proteja y tengan serenidad
suficiente para llevar la desgracia que nos separa para siempre.
Como consecuencia del fallo del Tribunal Militar de
Oviedo, voy a ser ejecutado dentro de muy pocas horas; esto no tiene
importancia alguna hoy día, cuando tantos caen. Si algo me apena, es el
desamparo en que dejo a Feli y a los niños, pero no dudo de vuestro generoso
corazón, en que no les desampararán. Ella es muy buena y merece que se la
quiera,a esto no creo necesario decirles nada, vosotros la conocéis bien; entre
ella y vosotros tenéis una misión sagrada que cumplir, hacer de mis hijos unas
personas dignas.
No quisiera ser llorado, deseo que todos aceptaseis con
valor, como yo lo acepto. Bienes no les dejo alguno, solo una pequeña cantidad,
que les remitirá el juzgado y que oscila entre las 150 ptas., así como carta
para Feli, a fin (de) que cuando sea factible, le sea entregada, así también
algunos documentos, que debéis conservar.
No bien sea posible la comunicación con Ramales, hagan lo
posible por comunicar con Feli y de exponer el mal fin que tuve.
Creo innecesario deciros nada más, sino que siento mucho
el mal rato que les hago pasar y que no valgo para tanto, por los muchos
disgustos que con esto les causo.
Cuando ésta reciban, ya hace un rato que dejé de vivir,
ya que me encuentro en lo que llaman capilla; la ejecución se efectuará esta
madrugada.
Reciban muchos abrazos de vuestro hijo y hermano, que
serán los últimos.
Francisco Lores López
Mi mayor agradecimiento por los trabajos que habéis
realizado para conseguir mi indulto, así como a todas aquellas personas que por
mí se interesaron. Te lo repito una vez más, no llorarme, ya que muero con
plena conciencia en lo que hago, así como no dar mucha publicidad de mi suerte,
tampoco hagan funeral de ninguna especie, ya que no soy católico; también me
alegraría que no pusierais luto, aun cuando sé que lastimo con mi conducta
vuestros sentimientos religiosos.
Besos y abrazos
Paco
La niña nació en esta capital el día 25, fue inscrita en
el juzgado municipal del (ilexíbel) de la Audiencia el día 27, del mismo mes de Marzo, con
fecha 26, a las cinco de la tarde, (hora de su nacimiento); vivía en la Avenida
de Tánger n° 10, y lleva por nombre Felicidad Clotilde: =año 1935=
digo (Sustituto)
Nuestro enlace se efectuó el día 7 abril 1934 en la
ciudad de Bilbao, juzgado nº 3, distrito del
Hospital. =Felicidad Santa Cecilia Cano = hija de Domingo y Dolores,=
Su dirección es: Felicidad Santa Cecilia de Lores
Guardamino = Ramales
Santander
Vale = Francisco Lores López
Irmáns Lores Santacecilia |
Recorda Paco Lores fillo: “O
avó cumpriu o que meu pai lle pedía na carta e foi buscarnos a Cantabria. Dende
aquela pasamos a residir en Teis, onde era a casa dos meus avós. Alí, no barrio
de Oliveira, entre familias traballadoras e mariñeiras, medrei, fun á escola e comecei a ter uso de razón. Moitos
anos despois decateime das miserias humanas, dos comentarios tortos, dos acenos
estraños,... ao fin de contas un non deixaba de ser o fillo dun “rojo
fusilado”.
O avó cumpriu co prometido. O futuro cabo Lores co seu pai. |
As cousas non se puxeran
nada doadas. Paco Lores tiña tres irmáns, unha muller e dous varóns. Estes,
Enrique e Víctor, morreron pouco despois de que o mataran, na fronte de Teruel,
no bando sublevado.Paco e Clotilde tiveron que soportar a perda de tres fillos
naquel furacán que asolou a terra. Foi un cataclismo familiar ao que había que
facer fronte como se puidese, tirar para adiante, e axudar a Feli e os netos.
Paco co seu taller de fontanería na rúa Carral e logo, xa en Teis, cos seus
traballos de rotulación e outros propios de mans habilidosas e unha pequena
tenda deultramarinos. Feli que nos tempos de servir, en Bilbao, fixérao na casa
dun dentista, agora traballaba nunha fábrica de cepillos de dentes, mentres,
recorda Paco Lores fillo, recadaba algunhas cadelas entre as mulleres de Teis
para axudar os presos de San Simón, algúns deles tiñan como referencia a
pequena tenda da avoa, mentres recupera do fondo do espello da memoria un
cativo anel labrado nunha ficha de dominó co que os presos agasallaran a súa
nai.
5.- Que foi dos demais
imputados na causa 887/1937?
Con posterioridade ao
fusilamento do cabo Francisco Lores abriuse en Luarca a causa 887/1937 iniciada
o 19 de agosto de 1936que instruirían sucesivamente o tenente coronel José
Rodríguez Abella, e os capitán xurídicos, Luís Figueiras Crestar e Rogelio Baranda
(?) Sánchez, contra os cinco membros das forzas de asalto: o tenente Francisco
Yuts (Lluch) Urbano, o cabo Lores e os gardas, Serafín González Enriquez,
Antonio Alonso Álvariño e Antonio Sánchez Rodríguez. Na causa considérase que o
tenente e os gardasGonzález Enriquez e Alonso Álvariño se “hallan ausentes y en
paradero desconocido” polo que se abre a conseguinte peza separada. Pouco
podemos dicir deles agás que o tenente Lluch logrou pasar ao bando republicano
e que saibamos chegou a comandante de intendencia e xefe do estado maior do XVI
corpo de exército da República[25].
Nesa altura sabe o instrutor
que contra o cabo Lores López abriuse unha causa na que foi condenado a morte e
executada a sentencia; mentres que a causa continúa aberta contra o garda
Antonio Sánchez Rodríguez.
6.- Breve reseña biográfica de Francisco Lores López
Paco Lores naceu en Vigo o
14 de xullo de 1910, xustamente 121 anos despois de que os “sans coulottes”
parisienses tomasen o cárcere da Bastilla chantando simbolicamente a bandeira
da liberdade, a igualdade e a fraternidade, sintetizada na idea republicana.
Bautizárono como Francisco
José Andrés Lores López. Tiña pois 26 anos cando o mataron na Coruña, o 23 de
marzo de 1937. Chamábanse os seus pais Francisco Lores Pérez e Clotilde López.
Sabemos que fixo estudos na
Escola Municipal de Artes e Oficios, onde estaba en marzo de 1918, cando
participou nunha viaxe escolar a Ferrol xunto cun numeroso grupo de alumnos.
Viaxaron nun coche “Lancia” e recibiunos o alcalde Usero, o tenente de alcalde
e mais o director da EAO da cidade e
cursaron visitas, guiadas por diversos enxeñeiros, ao estaleiro, arsenal, á
zona industrial, á base naval da Granxa e a mesma Escola onde “recibieron provechosas
enseñanzas”. A viaxe realizouse durante os días 19 e 20 de marzo de 1928[26],
sendo moi satisfactoria para os participantes. Realmente tratábase dunha viaxe
que demostraba “el interés que en Vigo existe por la mas amplia cultura
técnica” ao tratarse dunha “ciudad tan eminentemente industrial” e a
importancia que para ela ten “la preparación de sus técnicos”, polo que a
viaxe, ademais de contar co apoio do alcalde Alonso Cuenca, contou con
subvencións de diversos “centros, sociedades, fabricas, etc.” entre as que se
citan a cámara de comercio, o círculo mercantil e os señores Troncoso,
Santodomingo, Sanjurjo, Hijos de J. Barreras, Astilleros Cardama, La Metalúrgica,
Bernardo Alfageme...
Dous anos despois da viaxe
escolar, como soldado de remprazo, incorpórase á Armada, en Ferrol. Era o 2 de
xaneiro de 1930. Dous anos máis tarde,procedente do concurso celebrado en
setembro de 1932, o 2 de novembro dese ano ingresa como garda de asalto do
Corpo de Seguridade tomando posesión do seu destino,o día catro dese mesmo mes,
en Bilbao.
Primeira cédula de identificación de Francisco Lóres López como garda de asalto. Arquivo familia Lores. |
Foi na capital vasca onde
coñeceu a Felicidad Santa Cecilia Cano, natural dunha aldeíña de Guardamino, no
concello cántabro, daquela dicíaselle Santander á provincia, de Ramales de la
Victoria. Un val fondo próximo a Guipúscoa, zona gandeira de gran beleza física
e abundancia de covas na zona arqueolóxica que forma parte da área de Altamira,
declarada patrimonio da Humanidade. Daquela o turismo non chegara e o futuro
dunha moza estaba na cidade, a onde foi Feli, a aquel Bilbao republicano no que
como noutras cidades pretendía asentarse unha nova sociedade con novas culturas.
Felicidad Santacecilia Cano |
Alí, bordeando a ría, bateu
cun atractivo mozo, elegantemente uniformado e con ingresos suficiente para vivir
con certa seguridade: 3.000 pts ao ano. Feli era fermosa; pronto ennoivaron,
pero a vida do garda Lores non estaba para moitos matinares. Casaron o 7 de
abril de 1934 polo civil, sistema que se estaba a difundir entre os mozos
republicanos e as novas culturas urbanas. Pouco máis dun mes despois estaban no
novo destino, A Coruña, onde o garda Lores recibiu, o 14 de maio, a alta no
corpo. Os trece días de permiso daquel verán e o breve periplo coruñés
lembraraos na derradeira cartaa Feli: “Esta capital guarda para nosotros muy
agradables recuerdos”.
Paco Lores e Feli |
Non tardarían moitos meses
en ter que arrombar de novo os tarecos, agora cara a Oviedo.Mais o trasladado
viña acompañado dun ascenso e unha mellora económica, 800 pts máis. Na capital
asturiana Lores recibe a alta o 4 de decembro de 1935. Alí estableceran o seu
novo fogar. Daquela morada, en tempos de incerteza, saíu Feli embarazada,
acompañada pola cativa de pouco mais dun ano para a casa dos pais, Domingo e
Dolores, en Guardamino, non sabemos se para unha simple visita ou por mor do
tenso panorama en Oviedo que non semellaba o máis sosegadopara os traballos de
parto. O caso é que o segundo fillo do cabo Lores, o noso amigo Paco Lores,
naceu naverde Cantabria, naquel setembro de lume e sangue.
A folla de servizos do cabo
Paco Lores está inmaculada; ningunha falta graveconsignada, ningún correctivo
imposto. Só figura unha felicitación, un tanto xenérica, por parte do
comandante-xefe do corpo de seguridade da Coruña,Gabriel de Aizpuru Maristany,
que dispuxo en 15 de agosto de 1935se fixese constar:
en el presente
historial su reconocimiento y aplauso más sincero por haber dado el más exacto
cumplimiento de las órdenes dadas con motivo de celebrar los extremistas de
izquierda social su fecha conmemorativa del 1º de agosto[27], el que transcurrió sin
incidente alguno por lo que acompaña sus plácemes más sinceros yel aliento
decidido para que todos sigan manteniendo un tan elevado concepto del deber,
como vienen demostrando en la perseverante leal y decidida cooperación en
defensa de la causa del orden.
Será o logo exterminador dos
seus compañeiros do corpo de seguridade Gerardo Caballero Olabezar, na altura
de decembro de 1935, comandante –xefe do corpo en Oviedo, quen certifique o
historial de Paco Lores, no seu novo destino na capital asturiana.
7.- Aranda: heroe de Oviedo, traidor a Franco
O xeneral Antonio Aranda
Mata (1888-1979), militar africanista, masón, conspirador e monárquicoque
destacara no desembarco de Al-Hoceima (1925) onde acadara fama de brillante estratego,
abandonou o exército pero reingresou tras o vitoria das dereitas en 1933. Participou
na represión da revolución de outubro en Asturias e despois como gobernador
militar da provincia Oviedo ostentou unha comandancia exenta, aínda que
adscrita á VIII división, á fronte de numerosas e preparadas dotacións militares
para evitar que se repetise outro outubro de 1934.
As argucias que empregou
para sublevarse,gabadas sen desenfreo polos medios franquistas nos anos da
guerra e de xeito moi especial en Galicia, permitíronlle controlar o centro da
cidade e unha vez roto o asedio, coa intervención decisiva das tropas
africanas,ascendérono a xeneral;a ben seguro tamén en pago ao seu dubidoso
cambio de bando. Ata o final da guerra mandou o corpo de exército de Galicia,
onde foi tratado como un heroe. Rematada a contenda foi comandante militar da
III rexión militar con sede en Valencia.
Sobre Aranda deixou unhas
sagaces notas o poderoso “cuñadísimo” Serrano Suñer (1977:231-232)
Aranda era un
hombre que de no ser militar hubiera podido parecer un intelectual y también un
eclesiástico. Era grueso, de cara redonda, con gafas y ninguna preocupación por
la apariencia marcial. Mi impresión es que se trataba de la cabeza mejor
organizada del ejército, y no exento de capacidades políticas, aunque inestable
y tal vez sobrado de ambición. (…): Había sido masón y hombre de confianza de
la República.
El mismo 18 de
julio todavía era considerado por el Gobierno republicano como uno de los jefes
más seguros; con él y con los mineros pensaban en Madrid que en Asturias no
habría problemas. (…)
Su actuación
en Asturias, su decisión a favor de la causa militar, fue tan importante que no
había forma de ponerle peros. A pesar de esto nunca tuvo la confianza de la
mayor parte de sus compañeros (…) Durante la segunda guerra mundial cultivó las
relaciones con los alemanes, aunque sin olvidar por completo algunos contactos
con los aliados (…) Franco conservaba pruebas fehacientes de aquella relación
(…)al terminar la guerra Aranda pasó decididamente a la conspiración
pro-democrática en unión con monárquicos y antiguos cenetistas. (…) Le mando
(Franco) a la reserva y al confinamiento mientras metía en las cárceles a sus
cómplices más vulnerables (…)con más autoridad en el ejército, y menor temor al
valor de las pruebas que Franco pudiera tener contra el Aranda hubiera estado
en condiciones de dirigir el “desmontaje” del régimen (…). Sin embargo Franco
consiguió sumirlo en el seno de las tinieblas.
A visión heroica do
personaxe, hábil e discreto estratego,transmitida polos autores franquistas, [Romero
(1972), Arrarás (1941), Serrano Suñer (1977)], contrasta coa opinión de Paul Preston[28]:
Aranda era el
más enérgico y vocinglero de los conspiradores. (...) Era notoriamente
indiscreto (...). Aunque se refería continuamente, en sus comunicaciones con
sus interlocutores británicos e izquierdistas, a un inminente golpe, su
principal actividad consistía en hablar. Al final, los británicos le
consideraban un veleta, indigno de toda confianza y sin lógica.
En
maio de 1939 Aranda embarcou en Vigo camiño de Hamburgo coincidindo co retorno
da Lexión Cóndor; ao seu regreso fixo unha declaracións a un xornal portugués
amosándose a favor de manter boas relacións co Reino Unido que sentaron moi mal
nos arredores de Franco.
Na foto de Pacheco, tomada en Vigo epublicada no ABC (26/5/1939), Aranda xunto a Wolfram von Richthofen no acto de despedida da Lexión Cóndor. |
Ao respecto das actividades
conspiradoras de Aranda, sinaladas por Serrano, di Preston: “Aranda se había
visto involucrado en actividades antifranquistas desde octubre de 1941 y
mantenía contactos regulares con don Juan a través de GilRobles y con la
Embajada británica”: Franco fulminouno pasándoo á reserva.
Herbert Southworth (1986)
ten reflexionado sobre estes mangoneos de propaganda positiva, dos “mitos” do
franquismo dos que fala o historiador,adobiadosdende a perspectiva da loita
entre unha elite militar e as masas aparvadas e apoucadas na queunha minoría
valorosa, de superior intelixencia, somete, vence, humilla e aniquila, con
estrataxemas heroicas, a un pobo inculto edesprezábel. Queipo gañou Sevilla enganando
o pobo (desarmado) facéndolle crer que
tiña máis soldados dos que na realidade posuía; nada se fala de que foi o
terror o que lle permitiu impoñer unha disciplinaque o número non lle daría.A
“xesta heroica” doAlcázar de Toledo foi unha auténtica farsa dende o inicio
(ver Southworth, 1986:115-116). Unha epopea similar argallouse arredorda intervención do “astuto” coronel
Arandaenganando millares de obreiros e os seus aloulados líderes, persuadíndoos
para que abandonasen Oviedo, sen armas, e fosen defender Madrid, e estes, na
súa burremia de paisanos mineiros, non se decataronde que era un traidor e un
mentirán. Por certo, o historiador oficial do réxime franquista Arrarás(1941, Vol. 4, Tomo XIV p.100-126) oculta que Aranda
entregou 200 mosquetóns aos mineiros e presidiu a saída da expedición a Madrid
dende as portas do goberno civil da capital asturiana. Así o relata Gabriel
Jackson(1985.220-221):
En Oviedo, capital de Asturias, el comandante militar era el coronel
Aranda, a quien se tenía por republicano y masón, hombre que estaba en buenas
relaciones con los funcionarios civiles de la izquierda republicana y del que
no se fiaba la Falange. Cuando el 18 de julio los trabajadores pidieron la
distribución de armas, el coronel contemporizó con ellos, dandola impresión de
que favorecía la idea, pero que no podía actuar sin una orden firmada del
ministro de la Guerra. Asimismo cooperó con las autoridades del Frente Popular,
organizando trenes llenos de mineros que habían de marchar para la defensa de
Madrid. Simultáneamente, ordenó a varias unidades de la guardia civil de la
provincia que acudieran a Oviedo, y éstas, al salir de los cuarteles, hicieran
el saludo del puño en alto.
A primeras horas de la mañana del 20 de julio, tanto el gobernador civil
como los jefes sindicales comenzaron a sospechar que el coronel les había
engañado, y sus refunfuños le obligaron a declarar el estado de guerra antes de
lo que él hubiera deseado. Pero como los mineros más activos habían partido
para Madrid, llevándose los fusiles y la dinamita que habían estado ocultando
desde octubre de 1934, y puesto que toda la guardia civil y la mayor parte de
la de asalto estaban bajo sus órdenes, el coronel estuvo en condiciones de
hacerse rápidamente con el control del centro de la ciudad, mientras que los
mineros revolucionarios se apoderaban de los pueblos de los alrededores.
Mientras tanto, los militares triunfantes en Valladolid, avisados por Aranda,
salieron al encuentro de los trenes de los mineros y liquidaron, sin vacilar, a
estos «rebeldes» cogidos con las armas en la mano.
Ou será que o heroe
Aranda como bo oportunista tamén tivo as súas dúbidas, aquelas que resaltou o
defensor do cabo Lores cando “llegamos al día diecisiete de julio (…), con la
noticia de que el Ejercito de África se había sublevado, pero sin saber el
verdadero alcance de esta sublevación, sin saber si las demásguarniciones de la
Península harían otro tanto; gran duda en los no iniciados, muchos Jefes y
Oficiales no sabían nada del Movimiento que se avecinaba, así que si en los Jefes
esta duda existía, que sería en un Cabo”. As razoables palabras do capitán que
asumiu a defensa de Lores, Gerardo Albornoz García del Busto, expresan esa
delgada liña vermella que separa o heroe
do traidor. A Aranda de Lores.Mesmo ao Aranda heroe, do Aranda traidor.
En 1943 Aranda foi arrestado
baixo a acusación de conspiración contra o xeneralísimo e a prol dunha
restauración monárquica. Só a súa consideración como heroe de guerra lle permitiusalvar
o pelello, aínda que é posíbel que Franco non o soubese todo e por iso non o
fusilou. Hoxe sábese por informes secretos desclasificados tanto da CIA[29] como do MI6[30] desas tentativas que, con
dous millóns de dólares,sufragabanos servizos secretos británicos a través da
intermediación do banqueiro Juan March.
Recorda Preston, no artigo
citado:
(…) Franco,
que se sintió seriamente amenazado cuando don Juan, exhortado por el general
Kindelán y sus consejeros civiles, hizo público el Manifiesto de Lausana el 19 de
marzo de 1945. En él, el Pretendiente denunciaba la naturaleza totalitaria y
las relaciones con el Eje del régimen franquista y hacía un llamamiento a Franco
para que diese paso a una restauración monárquica.
Se formó un
grupo de veteranos monárquicos compuesto por el duque de Alba y el general
Aranda, Alfonso de Orleáns y Kindelán con el fin de supervisar la esperada
transición. Incluso llegaron a elaborar el texto de un decreto-ley que
anunciaba la restauración de la monarquía, y formaron un Gobierno provisional
en el que Kindelán sería presidente; Aranda, ministro de la Defensa Nacional;
Varela, ministro del Aire, y el general Juan Bautista Sánchez González,
ministro del Ejército.
Aranda coidaba moito a súa imaxe en Galicia e, en especial, en Vigo, |
Outro informe da CIA de 1950
recolle a decepción de Aranda coa oposición a Franco, nomeadamente co
denominado “Grupo de Estoril” formado derredor de don Juan.
Ao final Aranda viu
cumpridos os seus desexosos de restauración da monarquía. O novo rei Juan
Carlos recoñeceulle a lealdade á institución monárquica e a súa familia outorgándolle,
una vez morto Franco, en 1976, aos 88 anos, o rango de tenente xeneral.
[1] Moitos anos despois escribiría a historiadora británica Helen Graham
(2006): “... o efecto máis devastador da rebelión militar que desencadeou a
guerra foi, precisamente, a aniquilación do “fogar” como un espazo seguro”.
[2] Nalgunhas ocasións, ao longo da causa, e mesmo na prensa, citan deste
xeito o apelido do tenente Francisco Lluch Urbano. O tenente Lluch aprobou os
exames na academia de artillería de Segovia e os de intendencia na de Ávila (La correspondencia de España, 3/3/1922 e
5/4/1922 . Destinado a Larache, no noroeste de Marrocos, (La libertad, 30/10/1924) ascendeu a tenente de intendencia en 1926
(El telegrama del Rif, 28/9/1926)
cargo que sabemos desempeña en Ceuta en 1929.
[3] Refírese a Isidro Liarte Lausín (1892-1936) que viña de substituír
(5/7/1936) o seu compañeiro de partido Rafael Bosque á fronte do goberno civil.
Ambos eran de Izquierda Republicana. A Isidro Liarte fusilárono en Oviedo.
Serrallonga i Urquidi, J. (2007); pódese consultar en http://hispanianova.rediris.es/7/articulos/7a008.pdf
[4] O pintor e cartelista Carlos Saénz de Tejada (1892-1936) está plenamente
identificado coa estética dos sublevados. De estilo ecléctico, bandéase entre o
naturalismo costumista e a épica fascista.
[5] Joaquín Arrarás Iribarren (1898-1975). Xornalista. Mola encargoulle
que con Juan Pujol organizase o servizo de prensa e propaganda da “Junta” dos
sublevados en Burgos. Despois foi director xeral de prensa. Publicou a primeira
biografía de Franco e unhas memorias, roubadas e mutiladas, de Azaña. A súa
obra máis coñecida é a que citamos neste traballo.
[6] Sobre esta información do cabo podemos engadir algúns detalles de
interese. Como di, sobre as 10 da mañá, chegou a columna motorizada a León;
unha hora máis tarde, a ferroviaria. Os mineiros espalláronse pola cidade a
descansar e non houbo o máis mínimo altercado Os mandos milicianos pedíronlle
armas ao gobernador civil Emilio Francés Ortiz, pero este, ante a reserva dos
mandos da GC e de Asalto, negouse. A presenza na cidade do inspector das
guarnicións do Douro, xeneral Juan García Gómez-Caminero, fixo que se volvesen
reunir os xefes das columnas e os lideres sindicais leoneses co comandante
militar de León, xeneral Carlos Bosch Bosch. Este volveuse negar a entregar
armas aos mineiros, agás que tivese orde asinada polo goberno. O telegrama
chegou e o comandante militar entregou uns douscentos fusís (a cifra que dá o
cabo Lores) e algunha metralladora, pero estas armas estaban en tan mal estado
que o xeneral Gómez-Caminero negouse a asinar o “recibí”. A primeira hora da
tarde saíron, a motorizada pola estrada de Zamora e a ferroviaria pola liña de
Astorga. As dúas columnas ficaban ao mando do comandante Juan Ayza Borgoñós,
axudante de Gómez Caminero.
Partida a dobre expedición, o gobernador de León persistiu na súa actitude
de non armar os obreiros leoneses nin os do Bierzo. Esa noite fraguouse a
sublevación. A mañá seguinte detivéronse os mandos da GC e de Asalto, e os
sublevados, co xeneral Carlos Bosch Bosch (1873-?) á fronte, controlaron a
provincia. O gobernador, Emilio Francés Ortiz de Elguea, rematou fusilado. O
xeneral Juan García Gómez-Caminero, antimonárquico, masón e membro activo da
UMRA (Unión Militar Antifascista Republicana), pillou un automóbil,aquela mesma
tarde do 19, e pasou a Portugal para reincorporarse ao bando republicano por
Badaxoz.
Juan Ayza Borgoñós, o axudante de Gómez-Caminero, estaba de vacacións
en Asturias e asumiu o mando das “caravanas” dende León. Fora asesor de Azaña e
chegará a formar parte do Estado Maior republicano (García Álvarez-Coque:
2017).
[7] Os sublevados en Valladolid recibiran información do coronel Aranda,
que aproveitara a marcha dos mineiros para sublevarse en Oviedo, de que cara
alí se dirixían as dúas columnas. Os sublevados valisoletanos tíñanlle armada
unha celada con pezas de artillería. Os milicianos recibiron aviso da
sublevación de Aranda a través do avogado, masón, socialista e profesor,
JuanPablo García que realizou unha desenfreadaviaxe dende Mieres impedindo que
os mineiros caesen na trampa. Ver:https://elblogdeacebedo.blogspot.com/2012/11/el-abogado-mason-juan-pablo-garcia.html
e https://es.wikipedia.org/wiki/Columna_de_mineros_asturianos
[8] Ao coñecer a noticia da sublevación da guarnición de Oviedo, a
decisión unánime dos mineiros foi regresar a Asturias. A columna motorizada
regresou de seguida, entrou en Asturias na madrugada do día 21, incorporándose
de inmediato ao asedio da capital. Luís Romero novela o seu paso polo porto de
Leitariegos (1972:599-600).
[9] Refírese ao comandante de infantería Gerardo Caballero Olebázar
(1890-1980). Xa participara na Sanjurjada. Mandando as forzas de asalto,
dirixiu primeiro a resistencia militar contra a insurxencia en Asturias de
outubro de 1934 e despois a brutal represión. Segundo Arrarás (1941), Muñoz
Grande, xefe dos de asalto, confioulle o mando da 10ª compañía de Asturias e
fixo dela unha “unidad disciplinada y temida por los marxistas”. Os enfrontamentos
con outros mandos das forzas de asalto provocaron a súa destitución e que
tivese que pedir o traslado a Zaragoza. Pouco antes do golpe militar solicitou
de Cabanellas o retorno a Asturias para poñer en marcha o “Alzamiento”. Resultou
crucial para a sublevación o seu apoio ao coronelAranda. Á fronte dun grupo de
gardas civís tomou o cuartel dos de asalto que comandaba Ros. Nomeado delegado
de orde, pública dirixiu a feroz represión en Oviedo e despois en Asturias.
[11] Alfonso Ros Hernández (1892-1936), comandante do 10º grupo de Asalto
con sede en Oviedo, tendo ao seu cargo o conxunto de gardas de asalto de Asturias. Arrarás
(1941) cualifícao como “marxista
acérrimo” ao igual que Luís Romero (1972:245). Cando se sublevou a guarnición
de Oviedo o 19 de xullo, Ros e algúns dos seus subordinados mantivéronse leais
á República. Tomado o cuartel de Santa Clara polos gardas civís dirixidos polo comandante Caballero fusilárono de inmediato.
[12] O diario Avance publicouse
entre 1931 e 1937 baixo o auspicio do Sindicato Obreiro dos Mineiros Asturianos
(SOMA) adscrito á UGT. Exerceuunha importante influencia na insurrección
asturiana de 1934 contra o goberno redical-cedista de Lerroux. Segundo Calvo
Sotelo foi “El verdaderogestor moral de la revolución”. Nesa altura estaba xa
dirixido por JavierBueno que impulsou unha liña combativa tras a derrota electoral
de 1933 e a sinatura do acordo da Alianza Obreira por parte da Federación
Socialista Asturiana do PSOE, a UGT e mais da Federación Regionalde Asturias,
León e Palencia da CNT. Era o diario dos obreiros, roldando os 23.500
exemplares e chegando a ser o xornal de maior difusión en Asturias. As súas
criticas ao goberno radicalcedista supuxéronlle no primeiro semestre de 1934:
32 secuestros, dúas cuantiosas multas, tres detencións do seu director, a persecución
e encarceramento dos seus vendedores e a prohibición da súa lectura nos
cuarteis. Tras a revolta de outubro, o periódico foi suspendido e o seu
director detido, torturado,xulgado, condenado a perpetua e multado con 70
millóns de pesetas.
A versión oficial do franquismo recollida na Historia de la Cruzada Española, dirixida por
JoaquinArrarásIribarren (1941, volume 4, tomo 14, p.101) di:
En la segunda
quincena de mayo (está a falar de 1936) reaparece del diario Avance. Más que un periódico es una tea
que cada mañana pone en ascuas al proletariado asturiano. Es el pensamiento y
la voz de la revolución. Ruge, abomina, exaspera, arrebata... Lo dirige Javier
Bueno, desvergonzado y violento a lo Marat, con una pluma que moja en veneno de
crótalo. El 5 de octubre de 1934, durante las luchas por rescatar a Oviedo de
las garras del marxismo, el edificio de Avance
quedó destruido por el incendio (…) Reconstruir Avance era acreditar, con prueba irrebatible, que se habían
recuperado todas las posiciones; reconstruirlo con dinero del Estado añadía al
triunfo la humillación del vencedor.
Tras a caída de Asturias, Bueno fuxiu a Francia, regresou a Madrid, foi
combatente e dirixiu Claridad. Tomado
Madrid polos sublevados, refuxiouse nunha embaixada. Prendérono igualmente e
fusilárono.
[13]Joaquín Valverde Lasarte (1896-1982). Pintor e colaborador de Saénz de
Tejada.
[14] Tiña 28 anos, era natural de Mudá (Palencia), estaba casado e residía
en Oviedo.
[15] Era o portavoz oficioso do sector largocaballerista do PSOE. Primeiro
foi un seminario de critica e reflexión, fundado en 1935. A partir de marzo de
1936 converteuse en diario, dirixido por Luís Araquistaín. Durante a guerra foi
o órgano oficial da UGT. Tivo varios directores ata que asumiu ese labor
JavierBueno, exdirector de Avance de
Oviedo. Tras o triunfo franquista, os
falanxistas apoderáronse das súas instalacións para publicar o diario Pueblo, portavoz da súa organización
sindical, o sindicato único, vertical.
[16] O asasinato de Calvo Sotelo produciuse na madrugada do 13 de xullo de
1936. Os sublevados gustaron de empregar ese crime como xustificación do golpe
de Estado. Sobre a cuestión ver Gibson, (1982),e, noutro senso, o noso bloghttp://pedogalinheiro.blogspot.com/2016/11/o-cubano.html
[17] Rafael Bosque Albiac (1883-1936) foi gobernador da provincia de Oviedo
entre o 22/2/1936 e o 5/7/1936, data na que foi substituído polo seu compañeiro
de partido (Izquierda Republicana) Isidro Liarte Lausín. Serrallonga i Urquidi,
J. (2007).
[18] A garda de asalto denominábase oficialmente corpo de asalto e creouse
en 1932 como corpo policial, resultante da transformación do corpo de
seguridade para manter a orde e a fidelidade republicana. De feito en moitas
cidades foi a arma que fixo fracasar o golpe de xullo. Dependía da dirección
xeral de seguridade e polo tanto do ministerio da gobernación. Desde a súa
creación e previo ao golpe militar tivo dúas grandes ampliacións en abril e en
setembro de 1932. Nesta segunda quenda foi cando se incorporou ao corpo de
asalto Paco Lores.
A garda de
asalto era un corpo policial de elite cunha estrutura militar pero que remataba
na compañía. A escuadra tiña 7 gardas ao mando dun cabo; o pelotón, 3 escuadras
ao mando dun suboficial; a sección, 3 pelotóns ao mando dun tenente; a compañía
3 seccións ao mando dun capitán; finalmente, o grupo, tres compañías de fusís e
unha de especialidades. En Oviedo había un grupo de asalto, o nº 10, ao mando,
en xullo de 1936, do comandante Alfonso Ros Hernández. Con respecto ao grupo de
asalto en Asturias o historiador oficial do franquismo dinos:
Entre los
guardias de Asalto, la Compañía 42 era la que parecía más impaciente y mejor
dispuesta, y resultaba curioso que fuese precisamente esta compañía la que se
distinguiera por su vehemencia antimarxista, pues el comandante del Grupo
Alfonso Ros Hernández, marxista acérrimo que saludaba puño en alto, y los
capitanes Montiel y González Urrutia y los tenientes Població y Lluch, habían
puesto especial empeño en transformar dicha compañía en una fuerza íntegramente
roja.
Polo tanto ou Arrarás non é preciso ou o tenente Lluch cambiara de
compañía, pois estaba co cabo Lores na 18. Continua Arrarás: “Tambien la
Compañía 10, con escasa excepciones, podía considerarse como partidaria del Alzamiento,
y en cambio en la 18 promediaban los elementos marxistas”. (Arrarás, 1941:102).
[19] Región foi un periódico católico e conservador editado en Oviedo entre 1923 e
1983. Durante a República converteuse no portavoz da dereita asturiana e aínda
que tiña moito que ver co tradicionalismo apoiou á CEDA. As instalacións
ficaron na zona sublevada pero, por seguridade, trasladouse a Luarca ao igual
que as oficinas militares. Iso explica que a causa 887/1937 se instrúa nesta
praza.
[20] Informaciones, periódico editado en Madrid entre 1922 e 1983. Tivo diversas liñas
editoriais. Durante a ditadura de Primo foi propiedade do multimillonario Juan March
e durante os tempos republicanos estivo subvencionado polo III Reich
converténdose no portavoz nazi en España.
[21] Ahora foi un diario denominado como “gráfico” publicado en Madrid entre 1930
e 1939. Un dos seus directores foi o xornalista e escritor morto no exilio
londiniense Manuel Chaves Nogales. Poderíase enclavar dentro do centro
político.
[22] La Nueva España, 13/2/1937. Este xornal comezou a publicarse o 19 de decembro de 1936
como Diario de la Falange española de las JONS, durante o asedio a Oviedo das
tropas leais á República. O novo diario roubou as instalacións e maquinaria do
diario socialista Avance que dirixira
JavierBueno. Tras o decreto de unificación de Franco pasou a depender do novo
partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Na actualidade pertence
ao grupo dirixido por Javier Moll.
[23] Pouco somos quen de dicir dos compañeiros de infortunio de Paco Lores.
Algo do mozo Francisco Fernández Viejo ao que, en febreiro de 1935, con 17 anos,
detiveron en Oviedo por repartir unhas follas clandestinas nas que se dicía que
o partido Sevilla-Oviedo ía ser radiado, pero que no dorso do pasquín
“vertíanse conceptos durísimos sobre Gil Robles”; a policía empregouse a fondo
e detivo o propietario da imprenta, que
nada sabía do asunto, e o xerente, seica
socialista e responsábel da impresión do folleto, e 13 rapaces de entre 16 e 26
anos; entre eles a Ernesto Macías Campillas, un mozo “de dieciseis año es un
estudiante de una respetable familia” segundo informa o xornal de tendencia
republicana La libertad, (26/2/1935)
e tamén o monárquico ABC do mesmo
día, quen non obstante oculta que o
panfleto fose contra Gil Robles e mais a ascendencia social da familia do
rapaz.
Joaquín García Torre, segundo nomes
e voces, era natural de Córdoba e tiña 45 anos, pero é evidente que residía
en Oviedo ao igual que o mozo asturiano de 22 anos Julio González Vega.
[27] Tratábase da convocatoria do chamado, cando menos pola prensa, “Dia
rojo” que segundo El Pueblo pasou con
absoluta tranquilidade. Na altura o propietario do xornal, Portela Valladares,
eraministro de gobernación eo tamén galego Fernández Mato, director xeral de
seguridade. (EPG, 2/8/1935).
[29]https://www.lavozdeasturias.es/noticia/oviedo/2020/03/04/cia-tras-pasos-conspiradores-aranda/00031583324449422665268.htm
Bibliografía citada
Alonso Montero, X.(2013): “Dúas cartas dun republicano galego condenado a morte: Francisco Lores López, A Coruña, 23 de marzo de 1937” en Domínguez Alberte, X.C. (Ed.) (2013): Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña. Concello de Pobra de Trives: Trives pp.191-198
Arrarás Iribarren, J. (1941): Historia de la Cruzada Española. Ediciones Españolas: Madrid. Vol. 4, Tomo XIV
Fernández Prieto, L. e Míguez Macho, A. (2018): “Os verdugos no golpe de estado de 1936. Quen matou a Antonio Azarola?” en Fernández Prieto, L. e Míguez Macho, A. (Eds.) (2018): Golpistas e verdugos de 1936. Galaxia:Vigo
García Álvarez-Coque, A. (2017):Los militares de Estado Mayor en la Guerra Civil (1936-1939). Tese de doutorado inédita; U. Complutense.
Gibson, I. (1982): La noche en que mataron a Calvo Sotelo. Argos/Vergara: Barcelona.
Graham, H (2006): Breve historia de la guerra civil. Austral: Barcelona.
Jackson, G. [1965] (1985): La República española y la guerra civil (1931-1939). Orbis: Barcelona.
Preston, P. (2008): “Franco y sus generales” en El País 20/4/2008.
Romero, L. (1972): Tres días de Julio. Barcelona: Ariel. Terceira edición corrixida.
Serrallonga i Urquidi, J. (2007): “El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939” en Hispania Nova nº 7. Madrid: UNED.
Serrano Suñer (1977): Memorias. Planeta: Barcelona.
Southworth, H. (1986): El mito de la cruzada de Franco. Plaza&Janes: Barcelona.
Thomas, H. (1976): Historia de la guerra civil española. Grijalbo-Círculo de lectores: Barcelona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario